Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, afirma que era necesario adoptar “novas e máis estrictas medidas” ante o aumento de contaxios por covid, e non “sería responsable se eu non recoñecera esta situación e non o dixera con claridade”. Engade que “imos apoiar e colaborar” coas decisións adoptadas, aínda que “algunha nos doe, como o peche perimetral só no ámbito municipal”, ou o peche na hostalería ás seis da tarde, no caso de Compostela, ao que se suma o non poder consumir no interior dos locais. O rexedor espera que “desde todos os ambitos se poidan dictar “medidas de apoio” que permitan sobrevivir e aguantar” aos sectores económicos máis castigados, entre eles o comercio e a hostalería e restauración.
O rexedor recordou, de novo, o criterio mantido sobre este tema: “respectar sempre a opinión dos técnicos a través do Comité Clínico, e apoiar e colaborar coas medidas que dite a autoridade competente, que por lei, na situación de emerxencia sanitaria na que estamos, é o conselleiro de Sanidade”.
O alcalde espera que “esas medidas sexan suficientes para correxir a tendencia actual de incremento de contaxios. Sánchez Bugallo lembrou que os datos son peores cada día que pasa. Destaca “o crecemento dos datos negativos desde o 5 de xaneiro”, “que require medidas, e o que temos que facer todos é actuar de xeito responsable e colaborar coas autoridades competentes”, para que as restriccións “sexan eficaces”. Engade que “todos somos conscientes de que estas medidas son particularmente dolorosas para determinados sectores”, como o comercio, o turismo ou a hostalería, “que xa veñen sufrindo unha barbaridade desde o inicio da crise”, polo que pide máis apoio para estes sectores. E sinala que en canto se xeralicen as vacinas, “en Santiago en toda Galicia, imos ter un excelente ano, cunha subida moi importante” de visitas. “Estou convencido”, di, que o ano 2022, “vai ser un ano espectacular desde o punto de vista turístico”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela