Benvidas e benvidos á páxina do Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela. Unha xanela aberta para expor e escoitar os problemas das veciñas e veciños de Santiago de Compostela.

Queremos que sexa unha comunicación bidireccional, fluída, aberta e participativa.  De ti a ti. E tamén informativa e transparente, para que poidades coñecer as nosas liñas de actuación, e a información máis relevante do PSOE de Santiago de Compostela.

Estamos aquí para escoitarvos, para ser o altofalante das vosas necesidades. Agora, desde unha oposición útil, queremos estar á altura do que Compostela merece: toca escoitar, volver a ilusionar e seguir traballando con Santiago como única prioridade.

O grupo socialista vai a ser chave para desbloquear os grandes proxectos da nosa cidade que outros nos bloquearon. E, desde logo, faremos sen renunciar ás nosas ideas e sendo consecuentes co que defendemos ata o de agora.

Gonzalo Muíños Sánchez

Portavoz do Grupo Municipal Socialista

Gonzalo Muíños
PARTICIPA