Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou hoxe que o ex secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro “é un activo do Partido Socialista”, e alégrase “que ese calvario” en referencia ao proceso xudicial que viviu e do que foi abosolto, “teña rematado”. “Foi un proceso inxusto e inxustificado”, subliñou.
“Víase desde o minuto un que as acusacións e sospeitas que se vertían eran absolutamente ridículas. Non se sostiñan. O que é lamentable é que unha persoa se vira apartada” da política, tendo que renunciar ao cargo de senador, para o que ía ser nomeado. E tamén, recordou o rexedor, “tivo que renunciar como secretario xeral do PSdeG, como candidato á presidencia da Xunta, como presidente da Deputación provincial”. E despois, continuou, “nada de nada”.
Para Sánchez Bugallo “todo isto non é máis que un dos múltiples casos que pasaron, igual que o de Paco Rodríguez, o alcalde de Ourense. E débenos facer reflexionar”, sobre todo, engadiu, “da impunidade coa que se fan. Paréceme que non hai proporción algunha entre a sanción e o daño producido”. E tamén “sobre a incapacidade da administración de xustiza de reaccionar nun tempo razoable ante este tipo de feitos”.
Con relación a posición que poida ocupar nun futuro Gómez Besteiro dentro do PSdeG, “simplemente lle desexo o mellor. El mesmo debe decidir a que quere aspirar e a que non. Dentro do Partido Socialista creo que hai unha gran confianza e unha gran apertura a súa persoa, pero non me corresponde a min dicir máis”. Sánchez Bugallo finalizou engadindo que “decida o que considere mellor, que ben estará”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela