Grupo Municipal

Xosé Sánchez Bugallo

Alcalde de Santiago de Compostela. Con competencias en Promoción Económica, Emprego, Mercados e Comercio. Portavoz da Xunta de Goberno.

Nacín na localidade coruñesa de Teixeiro, o 31 de xaneiro de 1954. Cheguei a Santiago en 1961, e en 1983 comecei a miña vida política como xefe de gabinete de Xerardo Estévez. Durante once anos, entre 1987 e 1998, fun concelleiro socialista á fronte de Deportes, Relacións Veciñais, Tráfico e Seguridade Cidadá, Persoal e Réxime Interior e Facenda, entre outras áreas; asumindo tamén, durante un período de tempo, a portavocía municipal. De 1991 a 1999 fun deputado provincial, levando, entre 1991 e 1995 as áreas de Persoal e Réxime Interior.

Accedín á alcaldía de Santiago en 1998, despois da renuncia de Estévez. As eleccións municipais de 1999, 2003 e 2007, leváronme a gobernar Compostela durante tres lexislaturas consecutivas. Presenteime ás eleccións autonómicas en 2012 polo PSdeG-PSOE, obtendo un escano e pasando a ser, ata 2016, deputado no Parlamento de Galicia. Como parlamentario presidín a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos; e fun portavoz da Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda.

Xosé Sánchez Bugallo

Alcalde de Santiago de Compostela. Con competencias en Promoción Económica,...

Mercedes Rosón Ferreiro

Concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica. Concelleira de Acción Cultural e de Centros Socioculturais. Concelleira de Políticas de Igualdade. Primeira tenente de alcalde.

Subdirectora da Área de Cultura do Vicerreitorado de Comunicación, Cultura e Servizos da USC, e responsable da Fonoteca universitaria dende finais dos anos oitenta; centrando fundamentalmente a miña actividade nos ámbitos da xestión e produción de música, de exposicións, artes plásticas e xestión do patrimonio histórico-artístico e a música. Durante oito anos, de 2003 ao 2011, fun concelleira no goberno municipal, ocupando as áreas de Cultura, Rehabilitación e Cidade Histórica, Centros Socioculturais, Urbanismo, Vivenda, e Educación. En 2011 retomei o meu traballo na universidade, traballo que compaxinei coa actividade política como concelleira do PSdeG-PSOE na oposición do concello compostelá ata o 2 de decembro de 2017. Á marxe da actividade profesional, formo parte de diferentes colectivos veciñais, sociais e culturais.

Mercedes Rosón Ferreiro

Concelleira de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica. Concelleira de Acción...

Gumersindo Guinarte Cabada

Concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais. Concelleiro de Turismo e Festas. Concelleiro de Protección Civil e Servizo de Extinción de Incendios e Emerxencias. Delegado do Ano Santo 2021. Secretario da Xunta de Goberno Local. Segundo tenente de alcalde. Voceiro do Grupo Municipal Socialista.

Nacín en Forcarei e trasladeime de neno a Compostela. Aquí estudei, ata doutorarme en Dereito. Profesor e Decano da Facultade de Dereito da USC, compatibilizo a miña traxectoria universitaria con diversos cargos políticos e institucionais, dentro e fóra da universidade; entre os que figuran: Director do Instituto de Criminoloxía, Secretario xeral da USC, Vicevaledor do Pobo e Secretario xeral da Presidencia da Xunta no goberno de Emilio Pérez Touriño.

Gumersindo Guinarte Cabada

Concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais. Concelleiro de Turismo e...

Milagros Castro Sánchez

Concelleira de Políticas Sociais e Saúde. Concelleira de Medio Ambiente. Terceira tenente de alcalde.

Nacín en 1965. Son técnica superior de Saúde Bucodental e traballadora do Centro de Saúde de Fontiñas (Sergas), dende 1995, barrio no que resido. Nas eleccións de 2015 fun escollida por primeira vez concelleira do grupo municipal socialista. Son a secretaria xeral da Agrupación Local do PSdeG-PSOE e deputada socialista por Santiago na Deputación da Coruña.

Milagros Castro Sánchez

Concelleira de Políticas Sociais e Saúde. Concelleira de Medio Ambiente....

Gonzalo Muíños Sánchez

Concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá. Concelleiro de Barrios, Obras e Relacións Veciñais.  Cuarto tenente de alcalde.

Nacín no Barrio de San Pedro en 1969. Estudei en La Salle e traballei, durante vinte anos en Autos Lobelle, como responsable de Calidade e Medio Ambiente. Fun xerente do Club Lobelle Fútbol Sala entre 2002 e 2011. Formei parte da lista de Sánchez Bugallo en 2011, e dende aquela son concelleiro.

Gonzalo Muíños Sánchez

Concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá. Concelleiro de Barrios, Obras...

Marta Abal Rodríguez

Concelleira de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local. Quinta tenente de alcalde.

Nacín en Cenlle, Ourense, en 1982. Son Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola USC e máster de Xestión Pública, tamén pola Universidade de Santiago. En 2005 comecei a traballar para a Xunta de Galicia. Ata 2009, como persoal eventual de gabinete na Secretaría Xeral de Análise e Proxección. A partir de 2010 como funcionaria do corpo administrativo, e dende 2011 como funcionaria do corpo superior da administración xeral. Antes de incorporarme ao concello era Xefa do Servizo de Xestión Ambiental da Xunta.

Marta Abal Rodríguez

Concelleira de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da...

Esther Pedrosa Carrete

Concelleira de Deportes. Concelleira de Benestar animal.

Son técnico do Servizo de deportes da Universidade de Santiago de Compostela; e unha apaixonada do atletismo, que practico a nivel profesional. Son campioa do mundo de cross, subcampioa do mundo de 1500 e teño catro mellores marcas de España; todo na categoría máster, na que compito. No VIII Campionato do Mundo Máster, en Polonia, acadei a medalla de prata na proba de cross, e nos tres mil metros en pista cuberta. Tamén fun campioa de España de 1.500 metros en pista ao aire libre na categoría F55 Master, e tamén medalla de ouro en 800 metros.

Esther Pedrosa Carrete

Concelleira de Deportes. Concelleira de Benestar animal.

María Begoña Rodríguez Rodríguez

Concelleira de Medio Rural.

Nacín en Ourense, en 1963. Son licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria do corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia dende 1994, na que exercín funcións en distintas consellerías: Medio Rural, Medio Ambiente e Presidencia (Protección Civil). Actualmente presto servizo como xefa de sección da Calidade dos Solos da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda.

María Begoña Rodríguez Rodríguez

Concelleira de Medio Rural.

Rubén Prol Mariño

Rubén Prol Mariño. Concelleiro de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas

Graduado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente rematou o Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria, na especialidade en Ciencias Sociais, na mesma universidade. É membro de Xuventudes Socialistas de Galicia, onde foi secretario de educación entre os anos 2014 e 2019. Actualmente é secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Compostela.

 

Rubén Prol Mariño

Concelleiro de Educación, Mocidade e Políticas Lingüísticas

PARTICIPA