Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aposta por unha coordinación nos criterios e nos tipos de axudas aos sectores máis afectados polas medidas anticovid, ainda que, sinala, estudará a proposta da Xunta de creación dun fondo covid que serviría para financiar estas axudas. “Todo o que sexa cooperación parécenos ben. Pero o que non nos gustaría é entrar en procesos máis complicados” que demoren o cobro das subvencións, engade.
Esta coordinación explica, xa se aplica no Concello de Santiago, onde nas axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural, “utilizamos como base a propia convocatoria da Xunta. Obviamente pactamos coas asociacións os epígrafes fiscais aos que se podían acoller e os límites mínimos e máximos das axudas. E creo que están funcionando ben”. Ao rexedor gustaríalle que “calquera cambio que puidese plantexarse, que estudiaremos, non implique unha maior dilación nos tempos, nin nos procedementos”. Engade que “non é tan doado facer unha convocatoria única para toda Galicia. A coordinación debe existir, pero o dun fondo único é un tema que non vexo doado facer operativo”.
O rexedor confirmou que o Concello de Santiago está coa segunda convocatoria de axudas, co obxectivo de facelas efectivas canto antes; “as convocadas no mes de maio xa están resoltas” e agora “estamos traballando sobre a hipótese dunha nova convocatoria que, calculo que podería saír en abril ou maio. Por suposto teremos que falar coas asociacións, revisar os epígrafes fiscais porque hai colectivos non incluídos anteirormente e que nolo están demandando, como os ximansios. Temos que ver todos ese elementos”. Coa dinámica xa creada e en funcionamento, o alcalde é claro: “non me opoño a que estudemos outras hipóteses sempre que poidan redundar en maiores recursos para os sectores afectados e nunha maior rápidez. Se non é así o que hai que facer e coordinar os contidos e programas e facelos complementarios uns dous outros” conclúe.
NOVAS RESTRICCIÓNS
O alcalde sinalou que o peche perimetral do municipio contemplado nas novas restriccións que comezan nesta medianoite; “ten consencuencias graves” para Compostela, especialmente no ámbito do comercio. A maiores, engade, ten unha aplicación “complicada”, “tendo en conta que gran parte da veciñanza dos concellos da nosa contorna ten que vir todos os días a Santiago a traballar, estudar, ou a recepción de determinados servizos”.
Sánchez Bugallo indica que “intentaremos colaborar e facer efectivas as medidas dictadas pola Xunta”; pero “evidentemente somos conscientes de que a mobilidade é un dos problemas fundamentais que están detrás da rápida expansión e sobre todo da rápida extensión do virus”.
Sobre os datos de contaxios en Santiago, informou que están “en torno aos 400 casos por cen mil habitantes, unhas cifras moi semellantes ás de concellos limítrofes, como Ames ou Oroso,e un pouco máis altas que as de Teo”, Están, continúa, “lixeiramente por enriba da media galega, pero por debaixo da media española que neste momento está bordeando os 500 casos por cen mil habitantes”. Aínda así, cre que “é unha proporción moi elevada” se se ten en conta que desde o 5 de xaneiro veñen aplicándose medidas moi restrictivas. “Todos os datos que temos indican que hai un crecemento entre o 7 e o 9% diario”, sin que se vexa, engade, unha data a partir da cal os datos melloren. O rexedor espera que “a partir da semana que ven, todas estas medidas que se están adoptando, permitan un control do crecemento en primeiro lugar, e unha reducción máis adiante.
A preguntas dos xornalistas, o alcalde informou que “aproxidamente en Santiago levamos tramitado unhas 1.400 denuncias por infracción da normativa anticovid”, das que unhas catrocentas, sería por festas. Pensa que non ten porque haber un incremento de sancións por saltar o toque de queda, porque o cambio horario, das once ás dez da noite “non me parece tan grande, e porque entendo que debe haber unha conciencia cidadá” de cumprimento da normativa.
O alcalde realizou estas declaracións despois da recepción oficial a a Ruth Lorenzo Couso, bronce en kumite na Fase Final de la Liga Nacional de kárate 2020; e a Estrella López Sheriff, bronce no campionato europeo de iudo celebrado en Praga en novembro de 2020; un acto no que tamén estivo presente a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela