PARTICIPA
O patrimonio máis grande dos socialistas santiagueses son persoas coma ti, son os simpatizantes e militantes, persoas comprometidas co cambio e con facer unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Se tes ganas, enerxía e ideas para facer que o PSOE sexa un partido transformador en Santiago de Compostela, precisámoste. Contamos co teu traballo, esforzo e ilusión para que así sexa. Envíanos as túas suxerencias ou propostas mediante este formulario. Toda aportación será benvida. Moitas grazas!
AFÍLIATE
O noso partido finánciase grazas a xente coma ti. Por unha pequena cota mensual, poderás colaborar co proxecto político, participar na vida interna e de forma activa en debates, asembleas e na toma de decisións.
Cubre o formulario seguinte e contactaremos contigo. Se o prefires, tamén podes afiliarte de xeito presencial cumprimentando esta folla de afiliación e entregándoa na sede da agrupación socialista compostelá, na rúa Ramón Cabanillas, 6 entrechán D, 15701 – Santiago de Compostela.