Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Grupo de Goberno do Concello de Santiago critica o dramatismo” e “exceso de alarmismo” nas mensaxes da oposición sobre a perigosidade do Muro do Pombal. Recordan que desde finais de 2019, cando se desplomou parte do muro, realizáronse distintas actuacións preventivas para reconducir ese risco. E que desde esa data, na parte municipal, non se rexistraron desprendementos.
Neste momento xa se está construido unha parte do muro, o que dá a rúa Cruceiro do Gaio coa esquina do Pombal. Era unha das partes privadas. A outra xa presentou o proxecto de obra e a licenza está concedida, polo que se está á espera de que a familia propietaria acometa as actuacións. Polo que respecta á parte que lle corresponde arranxar ao concello, a obra saiu a licitación, abríronse as plicas e déuselle ás empresas un prazo de 5 días hábiles para que presenten documentación. No momento en que se presente convocarase a mesa de adxudicación.
Aínda así, desde o executivo local son conscientes de que a seguridade absoluta non existe. Pero, aclaran, que a situación sexa de provisionalidade non significa que xere inseguridade na zona. As medidas adoptadas garantiron, nestes dous últimos anos, esa seguridade na parte municipal. Hai reunións de coordinación, entre técnicos, a empresa que redactou o proxecto e os arquitectosd munaicipais, e as estruturas de soporte revísanse con periodicidade. Tamén se desbroza periodicamente; e de feito íase facer este luns, pero pospuxose pola rotura da tubeira na rúa do Pombal.
A actitude dos propietarios impediu a execución do proxecto. Houbo que modificalo. E a empresa que tivo que realizar esa modificación realizou varias actuacións de análise que se puxeron sobre a mesa nesas reunións de coordinación.
Desde o Grupo de Goberno sinalan que non se pode crear inseguridade e alarmismo por intereses partidistas; e recordan que foron o único executivo, dos que pasaron polo Concello de Santigo, que fixo unha diagnose dos muros da cidade, para avaliar o estado no que se atopan.
Máis información sobre as medidas adoptadas polo Grupo de Goberno ante os informes emitidos polos técnicos municipais:
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=20303&lg=gal
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela