Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Pleno do concello de Santiago de Compostela, reunido en sesión ordinaria, comezou, como ven sendo habitual, cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista. Minutos despois aprobaba, por unanimidade, unha proposición e unha moción, debatidas conxuntamente, en contra das violencias machistas, a favor dunha homenaxe ás vítimas; e a favor de campañas informativas con motivo do 25N.
A Pleno da Corporación tamén aprobou unha declaración institucional coa que quere render homenaxe ás irmáns Fernández de la Vega e na que se recolle a petición do reitor da USC, Antonio López, de bautizar co seu nome o novo viario do Campus Sur construído entre as estradas de San Lourenzo e de Noia, no ámbito da Cidade da Saúde. Jimena e Elisa Fernández de la Vega y Lombán comezaron en 1914 os seus estudos na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, tres anos despois de que o goberno español levantase as restricións para a matriculación das mulleres na universidade. En 1919 convertéronse nas nas primeiras mulleres tituladas en Medicina de Galicia. As dúas irmás iniciáronse na investigación no laboratorio de Nóvoa Santos. O seu bo desempeño valeulles, con menos de 30 anos, o recoñecemento coa Gran Cruz de Alfonso XII por méritos académicos. Tras completar a carreira en Santiago trasladáronse a Madrid para desenvolver as súas teses doutorais e é nesta etapa cando as súas carreiras comezan a enfocarse cara a distintas disciplinas.
O pleno comezou co debate do punto dous, relativo á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no ámbito do SUD 9-10. Estrada Vigo-Chouchiños. Necesitaba maioría absoluta, polo que os votos a favor do Grupo Socialista non foron suficientes para a súa aprobación inicial.
Esta modificación formúlase de oficio polo Concello de Santiago de Compostela, co obxecto principal de executar a sentenza nº 274/2014 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta sentenza anula as determinacións do vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal no que atinxe á clasificación de dous terreos concretos propiedade do recorrente, incluídos no sector do solo urbanizable SUD 9-10, declarando o tribunal a súa condición de solo urbano consolidado.
A non aprobación supón que pleno está incumprindo unha sentenza; aínda que neste caso, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, si cumpriu o mandato xudicial, ao levar esta cuestión a pleno.
Desde o Grupo Municipal Socialista non entenden o voto da oposición, porque, no pleno celebrado o 24 de setembro de 2020, o pleno aprobou, por maioría abosluta; cos 17 votos a favor de PSdeG, Compostela Aberta e BNG; e a abstención do PP, un documento prácticamente igual; que era a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental da Modificación puntual do PXOM no ámbito do SUD 9-10 Estrada de Vigo -Chouchiños, un trámite necesario para a modificación do PXOM e a execución da citada sentenza.
Segundo explicou a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, o PXOM vixente inclúe os terreos afectados pola sentenza no ámbito do SUD 9-10, coa clasificación de solo urbanizable, e os cualifica como sistema viario, destinados a completar a rotonda do enlace da rúa da Volta do Castro coa travesa da Choupana. En consecuencia, na proposta levada a pleno contemplábase excluir do SUD 9-10 as parcelas antes citadas, quedando clasificadas como solo urbano consolidado.
Os técnicos de urbanismo plantexaba pequenos axustes no sólo que, segundo explicou a concelleira, enténdense imprescindibles como consecuencia da exclusión do ámbito das parcelas do recurrene, e que xa se aprobararn por 17 votos a favor cando se aprobou, tal e como se expuxo anteriormente, o Documento Ambiental Estratéxico no pleno do 24 de setembro de 2020.
Proposicións
O punto número 4 da orde do día, a proposición presentada polo grupo municipal de Compostela Aberta, contra as violencias machistas e para lembrar ás mulleres vítimas da violencia e o movemento feminista Compostelá na conmemoración do 25-N; presentouse conxuntamente coa moción número 3, presentada polo BNG para facer unha campaña contra as violencias de xénero na adolescencia con motivo do 25N. Ámbalas dúas foron aprobadas por unanimidade.
A concelleira de Acción Cultural, Mecedes Rosón, sinalou que “a violencia de xénero é unha realidade presente na vida de moitas mulleres, de diferentes idades, de culturas
diversas, con distintas expectativas, con e sen recursos económicos… A violencia de xénero é unha realidade estrutural e multidimensional (física, económica, psicolóxica ou sexual). É un fenómeno global desde o punto de vista territorial, social, económico e cultural. Ningún paralelo ou meridiano pode facer de fronteira ante a violencia contra as mulleres”. Para facerlle fronte “concordamos en que cómpre destinar recursos por parte das administracións públicas, desde os concellos ata as institucións europeas e organismos internacionais: para a prevención a través da educación, para a sensibilización a través da visibilización; e para a atención efectiva e integral a través da coordinación e da formulación de pautas de intervención”, subliñou.
A concelleira informou da campaña de sensibilización que se está levando a cabo en varios centros educativos da cidade; así como dos programas e proxectos que desenvolve a oficina de Igualdade, moitos deles en colaboración con outras institucións, entre as que citou a USC.
Mercedes Rosón tamén adiantou algunhas das accións que se van levar a cabo o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Entre elas dúas incluídas na proposición, a colocación dunha plana na Praza 8 de marzo, en memoria das vítimas de violencia machista; e unha recepción no Salón Nobre do Concello de Santiago a representantes do movemento feminista.
A proposición para a modificación de ordenanzas fiscais e a divulgación das bonificacións e execións; debateuse conxuntamente coa proposición número oito. A concelleira de Economía, Marta Abal, defendeu a posición en contra do Grupo Socialista. Recordou que o concello de Santiago “é un concello que como todos os concellos de Galicia teñen unha importante carga de gasto corrente, tanto para o exercicio de competencias propias como para o exercicio das competencias impropias”, entre as que citou as relacionadas coa axuda no fogar ou os comedores escolares. A maiores, é a capital de Galicia, “ co impacto que tal condición ten no gasto corrente desta cidade”, ao que se suma a forte afluencia turística “a que non queremos renunciar pero que ten un impacto forte nos servizos de competencia municipal financiados con ingresos correntes do concello de Santiago de Compostela”.
Neste escenario, continuou a concelleira, “sería absolutamente imprudente e insostible, abordar unha reforma fiscal que implique unha minoración dos ingresos, tendo en conta o escenario incerto en canto á previsión de ingresos, mais se cabe trala sentenza do tribunal constitucional que directamente anula a plusvalía municipal”; que minorará os ingresos do concello nuns tres millóns de euros.
Pero, explicou Marta Abal, “controlado o gasto corrente e garantizados uns ingresos mínimos, poderanse abordar reformas fiscais, previa diagnose económica e social da situación, que contribúan a unha fiscalidade mais xusta, equitativa e sostible, incorporando novas perspectivas, en dita fiscalidade, como a perspectiva de xénero. Pero isto é moi importen, se queremos aliviar a carga fiscal da cidadanía de Santiago de Compostela, a curto prazo, convén poñer enriba da mesa, ademais do punto relativo ao financiamento das competencias que impropiamente está asumido o concello”.
Estas competencias impropias son, segundo enumerou a concelleira de Economía e Facenda, “a revisión da aportación da capitalidade. Este ingreso, dependente única e exclusivamente da vontade da Xunta de Galicia e destinada ao financiamento de gastos correntes derivados da carga que supón ser capital de Galicia, tamén se reduciu considerablemente. En efecto dende o ano 2010 reduciuse un 24,77 %, pasando de 3.180.000,00 a 2.392.425,00 euros. E iso que os gastos correntes, como saberán vostedes se incrementaron considerablemente”. Compre tamén, continuou, unha “análise en profundidade de novas fontes de financiamento estreitamente vinculadas ao turismo. Sobre todo estoume a referir á taxa turística, un imposto amplamente extendido na meirande parte dos paises da Unión Europea, e que no noso país solo se aplica en Baleares e en Barcelona. Pero obviamente, estas novas fontes de ingreso, require habilitación legal ao respecto, polo que señores voceiros do partido popular, sigan o exemplo de Baleares ou de Cataluña e habiliten legalmente a posibilidade de que o Concello de Santiago de Compostela poida aplicar a taxa turística, e en consecuencia aliviar a carga fiscal directa da cidadanía”.
Na proposición número 6, para a unificación oficial da xeográfica e sinalización toponímica de Santiago de Compostela o Grupo Socialista abstívose; na número 7, sobre a xestión de expedientes sancionadores votou en contra; e na número 9, sobre obradoiros de emprego e outras accións formativas no ámbito laboral da hostalería, tamén se abstivo. Defendeuna o alcalde. Xosé Sánchez Bugallo explicou que nos obradoiros de emprego a formación ía na liña de “emprego cualificado” (Santiago xa conta co Centro Superior de Hostalería de Galicia), “emprego con saídas profesionais dignas, e emprego que poida acceder a postos de traballo que se estean ofertando”.
Comparecencia
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, compareceu para dar conta das convocatorias de axudas para o sector cultural profesional e asociacións. Rosón destacou que ningunha outra cidade nen vila de Galicia fixo o esforzo que fixo o concello de Santiago para axudar ao noso sector cultural. Con respecto á xestión das axudas, “gustaríanos telas aprobado antes, convocado antes, telas resolto antes; e ter feitas as actividades antes. Pero estamos falando dun sector que é profesional. Non é un sector de asociacións. Nós en todo momento tutelamos, asesoramos… Neste momento de xustificación, estamos constantemente con citas, revisando documentación”, sinalou a concelleira; quen destacou o “inmenso esforzo” que se está a facer “para poder rematar todo este proceso consumindo eses recursos que habilitamos para poder apoiar ao sector”.
Mercedes Rosón destacou que, a pesares da “estreita marxe de maniobra”, programáronse e reprogramáronse distintas actividades culturais desde que comezou a pandemia; grazas subliñou, ao “gran traballo do departamento de Acción Cultural. E puxo en valor “o gran esforzo que se está facendo para consolidar unha liña de axudas para o sector que non ten réplica en ningún concello de país”, engadiu.
Mocións
A maiores da moción para facer unha campaña contra as violencias de xénero na adolescencia con motivo do 25N, o Pleno do concello de Santiago de Compostela aprobou outras tres por unanimidade. A número 5, para adherirse á inciativa “Xabarín” do Parlamento de Galicia (PNP-001472) publicada no BOP nº 126, de 21/04/21 e notificarlle este acordo á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Axenda Dixital da Vicepresicencia de Asuntos Económicos, así como á Dirección Xeral de RTVE.
En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a “Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística” e avalada por máis de 33.000 sinaturas. Esta proposta xa establecía algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:
Ás cinco da tarde, unha representación dos membros da corporación municipal, concentráronse na Praza do Obradoiro, convocados pola Mesa pola Normalización Lingüística, en apoio da iniciativa “Queremos audiovisual en galego”.
Na outra iniciativa aprobada por unanimidade, a número 9, instáse á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España o establecemento de bonificacións nas peaxes da autoestrada estatal AP-53, que vertebra o interior de Galicia, comunicando Santiago e Ourense, similares ás que se veñen de aplicar na AP-9, tendo especialmente en conta aos usuarios recorrentes e aos transportistas e incluíndo a familias numerosas.
A última moción aprobada por unanimidade foi a número 8, na que se insta ao goberno local da continuar cos traballos de mellora iniciados no lugar da Gracia coa realización dun proxecto e posterior construción dunha senda peonil que una a contorna do Centro Sociocultural e Ermida de San Silvestre co Polígono do Tambre, facilitando o tránsito das persoas e vehículos non motorizados e mellorando a seguridade viaria en toda a contorna. Unha actuación na que se está traballando, segundo informou o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel.
O Grupo Socialista apoiu a moción para instar á Xunta á paralización da tramitación do Anteproxecto de Mellora do Ciclo Integral da Auga e á elaboración dunha planificación integral da xestión do ciclo da auga en Galicia; e para abrir un marco de negociación con todas as entidades implicadas na xestión do ciclo da auga para a elaboración desta planificación.
No resto de mocións o PSOE abstívose, excepto na última, para establecer unha convocatoria específica para o pagamento da factura eléctrica, na que votou en contra.
Emisión Pleno do concello de Santiago 28.10.2021
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela