Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O BOP publica hoxe a OPE (Oferta de Emprego Público) para o 2022. Son un total de 100 prazas, segundo informou en rolda de prensa a concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, o que supón “unha das maiores ofertas de prazas de quenda libre, 28, e a maior oferta de promoción interna da historia do Concello de Santiago” con 72 prazas, “unha reivindicación histórica”, subliñou.
Ademais, explicou, o Goberno Socialista espera reducir do 27% a menos do 6% a taxa de temporalidade dos traballadores do Concello de Santiago, coa estabilización de 92 postos de traballo, no marco do proceso extraordinario habilitado pola Lei 20/2021, do 28 de decembro de medidas urxentes para a reducción da temporalidade do emprego público. “Esta oferta é o resultado dun profundo traballo realizado dende a dirección de área de persoal en colaboración directa coas organizacións sindicais”, sinalou Marta Abal. “Un acordo histórico nunha dobre vertente”, xa que “conseguimos que todas as organización sindicais con representación no Concello estivesen presentes, pero, sobre todo, porque se acadou o obxectivo principal do goberno de redución da temporalidade do emprego”.
Segundo os datos ofrecidos por Marta Abal, hai un total de 163 persoas como funcionarios interinos ou persoal laboral temporal/indefinido, o que supón unha temporalidade do 27%. Unha vez rematado os procesos de estabilización previstos, quedaría reducida ao 6%, aproximadamente.
A concelleira de Economía tamén explicou que o BOP publica hoxe “a oferta do 2022, 100 en total, que supón unha das maiores ofertas de prazas de quenda libre (28 prazas), e a maior oferta de promoción interna da historia do concello, con 72 prazas, nas cales están incluídas na promoció interna a promoción do persoal do servizo de extinción de incendios así como o programadores informáticos e delineantes. Unha reivindicación histórica nesta casa”, engadiu. A idea, continuou, é que para xuño de 2023 “estea resolta a taxa de temporalidade”.
Na rolda de prensa tamén estaba presente o director da área de Réxime Interno, Juan Porrúa, quen explicou que os principais servizos que se beneficiarán das novas prazas de acceso libre serán os de contratación, así como o de urbanismo e obras, aínda que “todos van percibir ou notar algún ingreso”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela