Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
José Miñones e o alcalde Sánchez Bugallo, durante a intervención inicial
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, impartiu hoxe a segunda das “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade”, baixo o título “Plan de recuperación do Goberno: oportunidades para cidadanía e concellos”. Despois da introdución do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, Miñones explicou as contías e mecanismos de axudas procedentes dos fondos Next Generation, centrándose nas áreas de vivenda, rexeneración urbana, fibra óptica, e dixitalización de empresas; e pediu aos concellos que informen á poboación das mesmas, co obxectivo de que se executen todos estes fondos que está recibindo Galicia.
En xullo de 2020, o Consello Europeo acordou un instrumento excepcional de recuperación temporal coñecido como Next Generation EU (Próxima Xeración UE) dotado con 750.000 millóns de euros, dos que España percibirá uns 72.000 millóns. Miñones lembrou que os que agora están criticando o reparto deses fondos, en referencia ao PP, votaron en contra dos mesmos.
Audio 1. Fondos Next Generation
José Miñones afeou a Xunta de Galicia que se estea queixando do reparto, acordado en 29 conferencias sectoriais, e baseado en criterios poboacionais. 1.233 millóns de euros son os que leva recibido a Xunta de Galicia, aos que hai que engadir outros 683 millóns procedentes dos fondos COVID.
No marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia créanse os PERTE, os Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica, un novo instrumento de colaboración público privada, no que colaboran as distintas administracións públicas, empresas, e centros de investigación. A eles referiuse o delegado do Goberno en Galicia: “hai unha serie de PERTEs que nos tocan de cheo, e témolos que aporveitar”.
Unha boa parte da intervención de José Miñones centrouse nas axudas a vivendas, das que destacou as dúas liñas de subvencións existentes, a través do Plan Estatal de Vivenda, incluídas nos orzamentos do Estado, e as que van a través do Plan de Recuperación, máis centradas na rehabilitación. Quen as vai xestionar, aclara, é a Xunta de Galicia que é a que debe sacar as convocatorias. Pero advirte, pode existir un problema coa publicidade, xa que se detectaron anuncios co logo da Xunta, per non cos logos da Comunidade Europea, como esixe a normativa, o que pode levar a unha perda deses fondos.
Desas liñas de axuda destinadas a vivenda, pódense beneficiar as familias con rendas baixas e os colectivos máis vulnerables, que se poden beneficiar de ata un 100% do custe do aluguer.
Audio 5. Colectivos vulnerables
Ao acto asistiron numerosas persoas, interesadas nos fondos Next Generation
Segundo explicou o delegado do Goberno en Galicia, tamén existen axudas ao aluguer de ata 250 euros para a xuventude empregada, pero con rendas baixas, e para aquela que opte por vivir en zonas rurais, en concellos de menos de 10.000 habitantes, cunha doble axuda: para alugar ou para mercar unha vivenda.
A maiores, a mocidade pódese beneficiar de bonos culturais, que tamén contan cunha partida nestes fondos. Tamén se referiu, José Miñones, ás axudas para vivenda destinadas a pesoas maiores, centradas, sobre todo, en novos modelos habitacionais.
Audio 7. Axudas persoas maiores
Outra liña de axudas é a destinada á rehabilitación de edificios, con 130 millóns de euros para Galicia. Sinala que liñas anterioes, como os ARIs (Áreas de Rehabilitación Integral) quedaron cantidades importantes de fondos sen executar, polo que se introduciu a figura do axente rehabilitador.
Audio 8. Rehabilitación urbana
Tamén hai unha partida de axudas que teñen como base a referencia catastral de cada vivenda, co obxectivo de que a fibra óptica chegue a todo o territorio. José Miñones.
O delegado do Goberno en Galicia tamén destacou as partidas destinadas á dixitalización do sector empresarial. É o chamado kit dixital: webs, comercio electrónico, redes sociais, ciberseguridade, teletraballo, etc.
Conversas coa cidadanía
“Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” é un ciclo de faladoiros organizados pola Agrupación Socialista de Santiago de Compostela, abertos ao público, e nos que se abordan distintas temáticas que están na axenda informativa e que afectan directamente á veciñanza de Santiago.
A terceira destas conversas está programada, en prinicipio, para o 15 de xuño. A temática versará sobre os tres anos do actual goberno socialista en Santiago de Compostela. Estarán presentes o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o seu equipo de goberno. Farán balance dos tres anos de mandato e responderán as preguntas que lles formulen as persoas asistentes.
A temática das “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” escollida no mes de setembro é a actual situación económica. Nelas participará Xaquín Fernández Leiceaga, ex-portavoz socialista no Parlamento de Galicia e Doutor en Economía por la Universidad de Santiago de Compostela. Tamén está previsto falar sobre a Axenda 2030 e os retos que plantexa, xa no último trimestre do ano; e sobre outros asuntos de actualidade, que se irán concretando en proximas reunións da Executiva.
O primeiro dos faladoiros xirou arredor das consecuencias da guerra en Ucraína, provocada pola invasión rusa, que según puxeron de manifesto a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela; e o concelleiro de Relacións Institucionais do concello de Santiago, Sindo Guinarte, está está cambiando o escenario xeopolítico mundial con graves consecuencias humanitarias e económicas.
DOCUMENTACIÓN
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela