Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou hoxe que a opción gañadora para ser sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial tiña que ser a candidatura presentada por Compostela. “Todos os datos que nós manexamos, en todas as estimacións que fixemos, salía, con claridade, que a opción gañadora debía ser Santiago de Compostela.
O rexedor non destacarta formular “algún tipo de reclamación”. “Faremos unha valoración máis en profundidade. Temo que as propostas que fixo Santiago non foron tidas en conta e tampouco, a día de hoxe, ninguén deu unha explicación razonable de porque, tendo o Estado elaborados uns criterios, a Xunta aprobaba outros criterios diferentes e distintos dos que ían servir logo para determinar cal é a Sede da Axencia de Intelixencia Artificial. “Ninguén deu ningunha explicación porque non tería sentido gañar a carreira en Galicia e logo perdela en España. Estamos á espera de coñecer en profundidade estas cuestións para fixar unha decision definitiva. Temos previsto reunirnos o día 31 cos axentes sociais e cos responsables políticos e conxuntamente avaliaremos a situación e tomaranse as decisións que se consideren oportunas”, subliñou Sánchez Bugallo.
Entre os criterios para acoller a Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial, AESIA, figuran a conectividade e a investigación. Santiago é a cidade mellor conectada, con diferencia, de toda Galicia a nivel ferroviario pero, sobre todo, a nivel aeroportuario coas mellores conexións internacionais.
O aeroporto Rosalía de Castro, que non para de medrar, ten o 64% da cota de mercado galego; conta con 20 conexións internacionais e 13 nacionais, fronte as 2 internacionais e 6 nacionais do da Coruña; e move moitas máis persoas: 2.458.727 pasaxeiros pasaron ata o mes de agosto polo aérodromo compostelá, fronte os 678.257 de A Coruña e os 691.248 de Vigo.
Santiago é xa agora a sede do segundo ordenador máis potente de España e, desde logo, o máis potente de Galicia Un total de 200 entidades contan con contratos ou acordos de colaboración co CESGA para empregar este dispositivo como o Instituto de Astrofísica de Canarias, Électricité de France (EDF) ou a Organización Europea para a Investigación Nuclear
Tamén conta co CiTIUS, que ven desenvolvendo un traballo brillante no eido da intelixencia artificial formulando, recentemente, unha aplicación para a xeración automática de descricións en linguaxe natural sobre o Índice da Calidade do aire único no mundo. Porén, esta non é a única investigación do CiTIUS de alcance internacional, tamén recentemente formularon un sistema capaz de calcular automáticamente a idade e sexo a través de radiografías dentais. A maiores, entre o equipo do CiTIUS está David Glowacki, referente mundial en realidade virtual. Incluso desde o Instituto de Investigación Sanitaria sérvense da intelixencia artificial para previr e detectar riscos e complicacións cardiovasculares
A candidatura de Santiago conta co respaldo unánime do tecido empresarial e académico de Santiago, tal e como se puxo de manifesto o pasado 18 de outubro, así como o respaldo do pleno, que xa no mes de xullo aprobou, a iniciativa do Goberno de Sánchez Bugallo, unha declaración institucional, respaldada por todos os grupos, para que Santiago fose sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial. Mellores conexións, maior cultivo académico na materia e unanimidade na proposta. Obxectivamente, para o Goberno de Sánchez Bugallo, Santiago tería que ser a cidade que acollese a Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial.
Na rolda de prensa de hoxe, o alcalde reiterou o manifestado despois da reunión cos axentes sociais e os portavoces dos grupos municipais: que segundo os parámetros establecidos polo Ministerio, a candidatura de Santiago é máis forte:” porque dos 11 parámetros que establece o Ministerio para elixir a sede da AESIA, Compostela sobresae en 7 e A Coruña en 4”.
Reunión co presidente da Xunta
O alcalde tamén fixo hoxe unha valoración da reunión mantida co presidente da Xunta. Entre os asuntos tratados, figuran as vivendas de uso turístico. Sánchez Bugallo sinalou que a Xunta “creo un grave problema e un conflito” no Concello de Santiago coa inscricipcion das novas VUT (Vivendas de Uso Turístico)”, aínda que non tiveran licenza de habilitación municipal. Asegura que neste momento, e as últimas sentenzas así o reflicten, tanto o Contencioso como o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, teñen unha doctrina establecida, ao fallar a favor do Concello de Santiago e considerar a este tipo de vivendas como unha actividade económica.
O alcalde reiterou que a Xunta debe cumplir o Decreto 12/2017, de 26 de enero polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, viviendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia, a súa propia normativa, e que tampouco pode ignorar as reiteradas sentenzas do TSXG. Engade que lle parece terrible pedir que se xudicialicen os casos, e anuncia que “lle enviaremos un requerimiento formal á Xunta. Pediremos amparo xudicional se se dan as circunstancias. Non podemos ignorar o contido desas sentenzas”.
Valoración dos orzamentos da Xunta
Sánchez Bugallo tamén demandou máis orzamentos para a Capitalidade e para o Consorcio de Santiago de Compostela. Lembrou que desde 2009 diminuiron un 25% e un 60% respectivamente. Explicou que máis da metade do orzamento do Consorcio se destina á Real Filharmonía de Galicia e á Escola de Altos Estudos Musicais, cuxa titularidade é da Xunta de Galicia. Por iso pediu que estes gastos os asuma directamente o goberno autonómico, para así poder dispor de máis recursos para, por exemplo, a rehabilitación da Cidade Histórica. Referiuse tamén ás aportacións da Xunta e do Estado, 10 e 120 millóns de euros respectivamente.
20222410 Audio_Alcalde_Valoración orzamentos Xunta
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela