Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
A concelleira de Urbanismo defendeu hoxe o proxecto de mellora da conectividade do barrio de Conxo logo das críticas vertidas nos medios por parte dos grupos da oposición. “O noso compromiso foi convocalos a unha nova reunión para falar do Plan Especial de Conxo, deste proxecto para a rotonda e da ampliación do centro de saúde”.
Mercedes Rosón sobre o proxecto para a mellora da conectividade en Conxo
Nos próximos días o goberno de Bugallo volverá a reunirse cos veciños de Conxo para avanzar máis detalles do proxecto para a mellora da contorna do Campo de Conxo, a rotonda da SC-20 e a rúa Sánchez Freire. Unha actuación que na súa primeira fase creará o “Espazo Antonio Fraguas” xusto ao carón da rotonda, que pretende crear unha nova área verde e amable. Así, a concelleira de Urbanismo insiste en que “en ningún momento nos comprometemos a pechar a rotonda, o que repetimos na presentación do proxecto foi que o Ministerio de Fomento sostén que non é viable, e ante iso, non temos nada que dicir”.
Mercedes Rosón explica que o proxecto que ven de presentar o equipo de goberno propón “mellorar a conectividade do barrio de Conxo, dividido pola SC-20, favorecendo o paso peonil e habilitando un espazo verde para o desfrute da cidadanía”. Un espazo cunha superficie aproximada de 1.000 metros cadrados entre beirarrúas e zona verde.
O proxecto dividirase en dúas fases, a primeira, este espazo verde que renderá homenaxe ao galeguista Antonio Fraguas e que suporá unha inversión de 600.000 euros. A segunda, contempla melloras tamén na rúa Sánchez Freire incorporando un pavimento continuo de asfalto pulido que favorecerá a accesibilidade da rúa, abranguendo tamén a reforma da rúa Uxío Novoneira, rúa Banquete de Conxo, os Roláns, a travesa de Conxo de Abaixo ou o aparcadoiro da rúa de Ferrol.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela