Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu á clausura do Foro La Toja, na que interviron, entre outors, o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez; e o primeiro ministro portugués, Antonio Costa. O rexedor convidouno a visitar Compostela.
Na súa intervención, Pedro Sánchez avogou por aproveitar os fondos europeos que están a chegar a España, coa colaboración do sector privado. “Non estamos a falar só de grandes empresas”, sinalou para engadir que o obxectivo é que os fondos europeos cheguen tamén aos autónomos, a economía social e as pemes.
Ante o primeiro ministro de Portugal, António Costa, o presidente do Goberno apostou pola creación de sinerxías entre ambos os países dentro do PERTE sobre o vehículo eléctrico e conectado, xunto á dixitalización ou o sector aeroespacial.
O xefe do Executivo reivindicou a unidade en España, no marco europeo e multilateral. “Se temos problemas comúns, debemos atopar solucións compartidas”, defendeu. En concreto, ante a escalada dos prezos internacionais da enerxía, Sánchez resaltou a proposta do Goberno de España á Comisión Europea de emprender a compra centralizada de gas natural.
Respecto da cohesión territorial, Sánchez resaltou que o Executivo está disposto a abrir o debate sobre a localización de institucións do Estado “en todo o país e non só na capital”. E lembrou que “moi pronto”, Galicia quedará conectada por alta velocidade ao resto do país.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela