Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O pleno do concello de Santiago, que comezou cun minuto de silencio polas vítimas de violencia machista; aprobou, nada máis comezar, unha moción conxunta de todos os Grupos Municipais , para instar ás entidades bancarias a que manteñan aberta ao público as súas oficinas. Tamén aprobou unha declaración institucional de todos os grupos municipais de apoio á declaración do Camiño Inglés como Patrimonio Munidal da Humanidade pola UNESCO; e o Regulamento Orgánico do Consello Municipais de Persoas Maiores.
Unha parte dos membros da corporación seguiu o pleno por videoconferencia.
O acordo da moción conxunta pide “solicitar ás entidades bancarias que operan no termo municipal que manteñan abertas as oficinas de servizo ao público, dado que aínda seguen prestando un servizo presencial necesario para unha parte da poboación”
No argumento inicial, describe que “nos últimos tempos estamos asistindo ao peche sistemático de oficinas bancarias de distintas entidades. Un problema que afecta sobre todo á Galicia rural, pero que tamén ten consecuencias en Santiago de Compostela, sobre todo na cidade histórica”
Esta perda de servizos financieros, engade a moción conxunta “é un grave problema para unha importante parte da poboación que, por distintas circunstancias, ten dificultades para utilizar a banca “on-line”. Tamén ten consecuencias na economía local, dependente o cen por cen das entidades bancarias”.
Moción conxunta instando a manter abertas as entidades bancarias
O pleno do Concello de Santiago de Compostela tamén acordou apoiar a declaración do Camiño Inglés a Santiago como Patrimonio Mundial da Humanidade. Esta declaración debe incluír, sinala o texto, “os tramos que percorren Galicia dende Ferrol e A Coruña ata Santiago de Compostela, e podería estenderse ao principal tramo do camiño en Inglaterra, dende o Condado de Durham, pasando pola abadía de Reading e a cidade de Winchester ata o porto de Southampton”.
Declaración institucional de apoio ao Camiño Inglés como Patrimonio da Humanidade
Aprobación do regulamento do Consello Municipal de Persoas Maiores
O alcalde, Sánchez Bugallo e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, nun momento do pleno
O pleno aprobou, cos votos a favor do Grupo Socialista, de Compostela Aberta e do BNG, e a abstención do PP, a proposta da concelleira delegada de Políticas Sociais, Mila Castro, de resolución de alegacións e aprobación definitiva do “Regulamento do Consello Municipal de Persoas Maiores”.
Na súa intervención, Mila Castro explicou que este concello “nace da iniciativa popular” e “impulsado e encabezado, principalmente, pola Plataforma de pensionistas de Compostela”. A súa finalidade espuxo “é ter un espazo para o exercicio de participación activa e como unha canle de comunicación entre a cidadanía e a administración local”. E, continuou, “sendo o colectivo de persoas maiores un alicerce importante moi valorado na nosa sociedade cremos que debemos velar polas condicións que posiblitan a participación na vida cidadá, política, social, económica e cultural deste sector da poboación”.
Sinalou a concelleira que a administración local “convértese nunha referencia para a promoción de actividades, así como para prestar cantos servizos públicos contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da cidadanía, na que como non, inclúense os nosos maiores”. Mila Castro recordou que este regulamento xa fora aprobado inicialmente o pasado 25 de marzo, e amosou “o desexo compartido de que se poida constituir o Consello Municipal de Persoas Maiores e podamos, entre todos e todas, traballar cara a mellora do benestar e a calidade de vida das persoas maiores en Compostela.
Texto do Regulamento Orgánico do Consello Municipal de Persoas Maiores
Funcionarización
A concelleira de Persoal, Marta Abal; e o portavoz do Grupo Socialista, Sindo Guinarte,, durante a sesión plenaria.
A concelleira de Persoal, Marta Abal, defendeu o punto número 5 da orde do día a aprobación da modificación do cadro de persoal para o ano 2021, prevendo a funcionarización, que finalmente non saiu adiante.
A tamén responsable de Modernización da Administración local recordou que o pasado 30 de xuño se aprobou a modificación do cadro de persoal para o ano 2021, que xiraba en torno a dous aspectos: a funcionarización e a introducción de cambios organizativos no cadro. Unha proposta que lembrou, “contou co respaldo do pleno da corporación municipal, gracias ao voto de abstención do grupo municipal de Compostela Aberta”.
Marta Abal explicou o obxectivo do goberno municipal con esta medida, “encardinada na planificación que en materia de recursos humanos ten o goberno para esta lexislatura”. Unha medida, sinalou que afecta a 124 prazas do cadro de persoal do concello de Santiago de Compostela, correspondente ao ano 2021, e que pretende:
Marta Abal confirmou que a funcionarización foi amplamente debatida no máximo órgano de representación dos traballadores do concello: A Mesa Xeral de Negociación. Entre as reunións levadas a cabo, recordou a do día 9 de xuño do 2021, cando a modificación do cadro de persoal que incluía a funcionarización resultou aprobada. Explicou que as bases xeráis da funcionarización foron levadas á Mesa Xeral de Negociación os días 8 de xullo do 2020, 5 de novembro do 2020 e 8 de abril do 2021. “Nesta última a proposta de resolución desta concellaría pola que se aproban as bases especificas para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira dos corpos da administración xeral e da administración especial do persoal laboral fixo, foi aprobada en mesa cos votos a favor de todas as organización sindicais presentes excepto unha: isto é 3 organzacións sindicais a favor e unha en contra”. “Se algo caracteriza a este equipo de goberno é precisamente o seu talante negociador”, engadiu xa na segunda intervención, na que lembrou que “no período comprendido entre o mes de xuño de 2019 e o mes de setembro do 2021”, en plena crise sanitaria, “celebráronse quince Mesas Xeráis de Negociación, fronte as 11 celebradas no mesmo período de tempo do goberno anterior.
Polo tanto, continuou, “poden estar ou non de acordo coa funcionarización e coas pretensións deste goberno municipal coa mesma, que básicamente son duas: dar cumprimento á normativa de aplicación e fomentar a promoción profesional e mobilidade do persoal ao servizo do concello”. Pero, engadiu, o que “non é de recibo, é que digan que non se debateu ou non se escoitou á representación dos traballadores, porque as actas, tanto das mesas xerais de negociación como das comisión de traballo, que están á súa disposición, falan por si soas”.
Marta Abal rematou aclarando que “falamos de funcionarización de prazas, non de persoas, as cales voluntariamente decidirán se queren ou non funcionarizarse. O que si estamos facendo coa no aprobación desta modificación é impedirlle a calquera empregado e empregada funcionarizarse, e polo tanto limitarse as súas espectativas de mellora laboral, repito, dentro e fóra do Concello”.
Medio Ambiente
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, respondeu a unha interpelación e a unha pregunta sobre a vertedura de xurros que contaminou a mediados de setembro o río Tambre.
Mila Castro foi contundente ao sinalar que “nunca entrou auga contaminada que non cumprise os parámetros sanitarios na rede de abastecemento de auga potable do municipio”, para a continuación engadir que “en ningún momento se cortou a subministración de auga”. A concelleira de Meido Ambiente instou ás forzas municipais a reclamar á Xunta, “única administración con competencias”, unha maior transparencia; así como a necesidade de “implementar” medidas de protección para as augas do río Tambre e “evita así que se poña en perigo o medio ambiente e mesmo as persoas”.
A concelleira lamentou a “falta de transparencia” por parte do goberno galego. A concelleira recordou que “non existiu comunicación previa da Xunta nin do Seprona de vertedura, nin xoves nin venres”. Explicou que “foi a propia concesionaria, mediante as súas análises habituais, a que localiza a contaminacion ás tres da madrugada do venres ao sábado, paralizando a captación da auga de forma preventiva, e evitando que a vertedura entrase nas instalacións da ETAP do Tambre.
A responsable de Medio Ambiente do Concello continuou sinalando que se intensificaron os controis, e que, “en previsión de que se puidese cortar a auga” dispúxose de camións cisterna para o abastecemento. A última hora do sábado, explicou, iniciouse de novo o proceso de potabilización, “posto que os niveis do río volvían ser os permitidos”.
Outras propostas
Tamén saiu adiante a “Declaración de especial interese e utilidade municipal do anteproxecto de obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS)”, defendida polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e a proposta da concelleira delegada de Medio Ambiente de bonificación do canon de SOGAMA para o ano 2021, que se aprobou por unanimidade. E tamén obtivo o voto favorable de todos os grupos a proposición para a análise e posible modificación da velocidade en determinadas vías municipais.
Mocións
Xa pola tarde, aprobouse unha moción conxunta de todos os grupos municipais para manifestar o apoio ás persoas refuxiadas afgás, en especial mulleres e e nenas que buscan refuxio en Europa. Nesta moción, acórdase:
Moción conxunta de apoio ás persaos refuxiadas afgás
Tamén se aprobou por unanimidade a moción para iniciar as xestións co obxectivo de artellar unha candidatura forte e acadar o recoñecemento de Santiago de Compostela coma Cidade Creativa da Música na seguinte convocatoria bianual da Rede de Cidades Creativas da UNESCO. Outra moción na que todos os grupos votaron a favor foi a relativa á reordenación e mellora das pistas de skate de Conxo.
A moción par a realización dun estudo do hábitat e do patrimonio na canteira de Santa Cristina de Fecha, tamén tivo o voto a favor de todos os grupos municipais. Entre os acordos contemplados figura un estudo do hábitat e do patrimonio da canteira, análises periódicas das súas augas, a convocatoria dun Consello Municipal de Medio Ambiente para tratar as liñas de actuación respeito desta canteira; e instar á Xunta a dar pasos firmes e decididos para a protección ambiental da capital de Galicia, que vaian encamiñados a frear calquera intento empresarial de crear novos vertedoiros de residuos.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela