Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O pleno do concello de Santiago de Compostela comezou hoxe cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista e das vítimas do naufraxio do pesqueiro Vila de Pitanxo, en augas da NAFO, fonte as costas de Terranova, en Canadá. A continuación admitiuse unha moción conxunta de urxencia e consensuada entre todos os grupos municipais condenando a agresión a Ucraína e solicitando a retirada das tropas rusas e o respecto ao dereito internacional.
A moción, que se debatirá e aprobará ao final do pleno, condena a agresión de Rusia a Ucraína e amosa a “total solidaridade co pobo ucraíno. Tamén pide un inmediato alto o fogo, a retirada das tropas rusas ao seu territorio; e o respecto ao dereito internacional, aos dereitos humanos e aos Acordos de Minsk, así como traballar pola resolución ao conflicto no marco da ONU e da OSCE. Solicita ademais, o retorno á vía diplomática como única fórmula para resolver as diferenzas a acadar acordos de paz duradeiros.
02.24.2022 Mocion conxunta agresión Ucraína
Proposicións
Tamén saiu adiante, por unanimidade, a proposición do BNG para realizar as xestións necesarias, en colaboración con outras administracións, para contribuír mediante recursos económicos e de asesoramento aos labores de recuperación de elementos de arquitectura tradicional e etnográficos iniciados por diversas asociacións. Todos os grupos municipais votaron a favor.
Esta proposición debateuse conxuntamente co rogo para a conservación do patrimonio etnográfico e tradicional de Santiago de Compostela. Defendeuna a concelleira de Urbanismo, Cidade Histórica e Acción Cultural. Mercedes Rosón explicou que o patrimonio etnográfico do concello conta cuns 210 elementos individuais catalogados no PXOM. Entre eles 91 muíños, 43 cruceiros, 30 pontes, 3 petos de ánimas, 3 pombais, 15 lavadoiros e 17 fontes. Pero, sinalou, “este inventario, ademais de estar incompleto, constitúe só unha parte dos Bens culturais catalogados do concello. Por exemplo, no ámbito urbano temos cuantificados 18 lavadoiros. O control, mantemento, restauración ou valorización dun patrimonio tan extenso, resulta unha tarefa, cando menos, moi difícil; tendo en conta os medios humanos e orzamentarios, tan precarios, dos que dispón o Concello”
A concelleira lembrou que no ano 2004 creouse a Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación (Ocihr), que neste momento está desenvolvendo dous proxectos diferentes: a restauración da contorna dos ríos Sarela, Sar e Vilar, financiada con fondos EDUSI, que inclúe as ruínas do Muíño do Arcebispo e a limpeza e recuperación das súas canles. A súa execución está prevista para finais de 2022, principios do 2023. Por outra banda, o orzamento municipal para o ano 2022 incorpora unha partida específica para realizar labores de limpeza e posta en valor da rede histórica de abastecemento de augas da cidade, no tramo comprendido entre os mananciais de Chan de Curros e a Fonte Blanca, e Ponte Mantible.
A maiores, continuou a concelleira, “o departamento de obras conta cunha partida nos orzamentos de 2022 ( no capítulo VI de investimentos), de máis de 50.000 euros para a reparación de lavadoiros municipais. O lavadoiro de Picaños, ao que vostede se refire, xa fora adecentado a principios de xullo de 2020; e agora volverase limpar e acondicionar”.
A maiores, Mercedes Rosón engadiu que “trataremos de catalogar todos eses elementos que nos faltan, e que están espallados por todo o territorio municipal. Nestes intres, estase buscando información para completar un inventario dos elementos patrimoniais do noso rural.Cando estea finalizado, temos previsto incorporar, todos os que non están catalogados, ao PXOM” finalizou.
A proposición para realizar un plan destinado á creación de novos servizos e a rescatar algúns dos que están en réxime de concesión ao abeiro do disposto na Lei de Orzamentos do Estado foi rexeitada. O Grupo Socialista votou en contra. Unha posición que defendeu a concelleira de Economía, Facenda, Contratación, Persoal e Modernización da Administración Local. Marta Abal explicou que non é un debate sinxelo, xa que “queremos o mesmo, uns servizos municipais mais eficaces e eficientes. E niso estamos traballando. Pero acadar un servizos municipais eficaces e eficientes require actuar primeiro sobre a estrutura municipal existente. E nesta labor está traballando intensamente este equipo de goberno”.
Marta Abal subliñou que “en materia de reformas estruturais, temos unha folla de ruta moi clara. E as principais liñas de actuación nesta materia para o período 2020-22 foron expostas a todas as organizacións sindicais con representación na Mesa Xeral de Negociación do Concello de Santiago de Compostela o día 5 de xullo de 2020”.
Entre as liñas de actuación, destacou, pola súa importancia, a implantación da carreira horizontal, e a estabilización do persoal interino e temporal. “Neste momento, estamos rematando unhas novas bases nas que se contempla a estabilización de 58 prazas e que se prevé negociar coas organizacións sindicais durante o mes de abril de 2022”, engadiu.
A concelleira explicou que no ano 2021 se convocaron 37 prazas de promoción interna. “E no cadro de persoal para o ano 2022 figura a promoción interna de todo o persoal de extinción de incendios e salvamento do subgrupo C2 ao C1, a promoción do grupo C1 ao grupo B do persoal programador informático e do persoal delineante, e a promoción de 10 novas prazas do subgrupo C2 ao C1”. E engadiu que no mes de marzo, “esperamos aprobar na Mesa Xeral de Negociación as bases para proceder á convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura por quenda libre das prazas vacantes, pendentes de convocar, de diferentes subgrupos e categorías profesionais recollidas nas ofertas de emprego dos anos 2018, 2019, 2020 e 2021. Suman un total de 5 prazas de persoal laboral e 45 de persoal funcionario”. Tamén se referiu Marta Abal, á modificación da relación de postos de traballo (RPT), en pleno proceso de negociación, “que sen dúbida constitúe un instrumento eficaz para a racionalización da xestión dos recursos humanos, tendo en conta a taxa de reposición e demais obrigas normativas. Xunto coa RPT publicarase o manual de funcións, no que se detallarán as funcións específicas de cada posto”.
En definitiva, continuou, “unha administración eficaz e eficiente require unha verdadeira reforma estrutural, que si ou si, ten que pasar por estes puntos. E non, non se fixera absolutamente nada.
A responsable de Economía e Facenda asegurou na súa intervención matizando que “en relación coa Asesoría Xurídica, o que fixo o goberno de Compostela Aberta foi crear 1 praza de director/a da Asesoría Xurídica e 1 posto de letrado sen dotación orzamentaria. En menos de dous anos de goberno, este equipo dotou a praza de letrado que estaba sen dotación e cubriu as dúas prazas de letrado, pero ademais dotou, creou e cubriu a praza de subdirector da Asesoría Xurídica e a praza de técnico de xestión, subgrupo A2”.
E, continuou, “acaso non son necesarias as prazas en contratación; en mobilidade e de tráfico; en urbanismo e rehabilitación; en contabilidade ou na secretaría de administración municipal? Non lles foron suficiente 4 anos de goberno a Compostela Aberta, para darse conta que sen uns servizos xerais debidamente dotados a administración local non funciona?”.
Marta Abal concluiu a primeira quenda de intervencións sinalando que “non forma parte da axenda inmediata deste goberno abordar a internalización ou municipalización dos servizos públicos, porque son moitas as liñas de traballo relativas ás reformas estruturais nas que este goberno está traballando e que é necesario culminar antes de abrir outras frontes”.
Na proposición número catro, para a posta en marcha dun servizo de asesoramento para evitar as ocupacións ilegais de vivenda, o Grupo Socialista abstívose. O portavoz do PSdeG local, Sindo Guinarte, recordoulle ao PP, a formación que presentou a enmenda, que as competencias en materia de vivenda son do goberno autonómico, e que durante o seu mandato no concello de Santiago, “liquidaron” a EMUVISSA, unha empresa “que non daba perdas e era un instrumento fundamental para a promoción da vivenda pública en Compostela”. E recordoulle que entre 2011 e 2019 non se construi ningunha vivenda social en Santiago.
Sindo Guinarte amosouse en contra da ocupación, e animou a denunciar este tipo de actos. Sobre as 40 vivendas ocupadas que existen en Santiago, “apenas a cuarta parte deses casos están xudicializados, segundo os datos dos corpos e forzas de seguridade do estado”. “Precísase”, engadiu, “que o titular da vivenda poña en marcha un proceso de desocupación, para que se poida facer con todas as garantías. Sobre a desocupación, sinalou que “estamos a favor do cumplimento da lei, que nun estado de dereito se garante a través dos tribunais de xustiza”. “A ocupación ilegal de vivendas é un problema. Hai casos reais e cómpres solidarizarse con esas persoas”, engadiu, “pero non fagan alarmismo social, nin dentro do salón de plenos nin fora. Porque están alimentando un monstruo que despois se vai beneficiar dese alimento que vostedes lle están dando. Non vai ser o PP o que saque réditos deses excesivos alarmismos”, indicou.
O grupo socialista tamén se abstivo na proposición para a aprobación dun plan específico de dignificación integral do barrio de Sar. O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, xustificou a abstención por unha banda, nos traballos que se están levando a cabo, e por outra, por ser “unha proposición que non ten encaixe só para o barrio de Sar”, xa que se debería contemplar todos os barrios, pero, subliñou, “fáltannos recursos materiais e humanos”.
“En 2020, levamos a cabo 23 actuacións e en 2021 máis de 30 obras; e Compostela Aberta, no último ano de mandato, 8. Se máis de 53 obras, ás que se lle suma o plan de rexeneración asfáltica e o plan de mellora de beirarrúas denotan pasividade; non quero pensar como se auto-cualificarían con 8 obras executadas en 2018”, recordoulle a Compostela Aberta.
“Desde que iniciamos o mandato levamos a cabo distintas obras na zona de Sar”, engadiu Javier Fernández. “Rematamos a humanización de Castrón Douro, que estaba parada, actuamos sobre a ponte de Sar coa colocación das pedras, procedemos ao arranxo das lousas en moitos puntos do barrio. E asfaltamos Travesa de Picaños, rúa do Carreiro de Picaños, Rúa Agra da Garrida, Rúa das Barreiras, Rúa da Ponte de Sar e Rúa do Cruceiro de Sar; cun investimento de máis de 170.000 euros. Evidentemente non é suficiente. Existen, e sabémolo, moitas máis necesidades. E para iso, precisamente, estamos a traballar este ano dentro da planificación do departamento. Intentaremos asfaltar a vía principal, a rúa de Diego Bernal, a Travesía da Ponte de Sar, e a rúa das Canteiras de Sar”, continuou.
Indicou que “son moitas as demandas e son moitos os barrios que conforman o ámbito urbano. E como xa veño dicindo, estamos priorizando aquelas zonas máis degradadas. Aquelas zonas nas que, en moitos casos, non se actuou en anos. Seguramente estaríamos noutra situación, si nos últimos mandatos se tivera realizado un mantemento mínimo da cidade. Polo tanto, trataremos de atender todas as necesidades do barrio segundo a dispoñibilidade orzamentaria, tanto desde o departamento de obras, como doutros departamentos do Goberno Municipal.
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Gonzalo Muíños, defendeu a abstención na última proposición, para a substitución dos vehículos de control de estacionamento por outros vehículos de baixas emisións; aclarou que son competencias de Tussa. E engadiu que xa se está a traballar nesa zona de baixas emisións, que se plantexará, nesa primeira fase, para a améndoa da Cidade Histórica. “Nesa implantación tamén imos valorar o que se está facendo noutras cidades. Terán que serán unhas medidas concisas, graduables e incrementables, porque así o di o plan do goberno”.
Antes de debater as proposicións interviron Luciano Pérez Villar, en representación da Comunidade de Propietarios de Roxos-Quintáns; e Dulcinea López, en representación das persoas usuarios do centro socio-comunitario de Porta do Camiño. A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, confirmou que “trasladaremos a nosa petición á Xunta de Galicia para que consideren a reapertura deste centro, tan demanddado pola veciñanza e tan necesario”, “coas debidas medidas de prevención, como as que desenvolvemos desde calquera servizo público de atención á veciñanza”.
Mocións
Os Grupos Muncipais de PSdG, Compostela Aberta e BNG, asinaron unha moción sobre o plan de restauración da canteira de Miramontes. Esta moción non se puido debater en pleno porque o PP non aceptou a súa inclusión pola vía de urxencia. Aínda así, será remitida igualmente, por carta, á Xunta de Galicia. Os acordos adoptados nesta moción son os seguintes:
Moción urxencia Miramontes definitivo
Moción asinada polos tres grupos
A primeira moción debatida, presentada polo BNG, para amparar ás vítimas dos abusos cometidos en institucións vinculadas á igrexa católica, foi aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais, coa transacción ás emendas presentada por Compostela Aberta, quedando o texto do acordo como segue:
Tamén se aprobou por unanimidade, a moción presentada polo BNG co obxecto de adoptar as medidas necesarias para a mellora dos servizos e dotacións públicas relativas a iluminación pública, recollida de residuos, limpeza, zonas verdes e seguranza viaria no SUNP-25 de Roxos.
O Grupo Socialista votou a favor da moción presentadas por Compostela Aberta con motivo do Día Internacional da Muller; e a presentada polo BNG para apoiar as mobilizacions feministas de 8 de marzo e demandar os compromisos pendentes. Defendeuna a concelleira de Políticas de Igualdade.
Mercedes Rosón sinalou que “desexamos que este 8M de 2022, sexa un día de unión do feminismo, de concienciación, e de reivindicación deses espazos e dereitos que fomos conquistando e que se seguen cuestionando desde a ultradereita. Unhas ameazas que inciden directamente nos cementos dunha sociedade que pretende ser máis igualitaria, máis xusta e máis equitativa.”. Reiterou que desde o grupo de Goberno se están facendo os deberes, con “numerosas accións, ben diferenciadas, encamiñadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres”.
A concelleira destacou todo o traballo que se está facendo o departamento de igualdade, o CIM, e o equipo Vioxén. E amosou o seu apio ás convocatorias do feminismo galego. “E tamén demandaremos diante dos organismos, entidades e administracións competentes, todas aquelas inciativas que nos permitan avanzar en igualdade”. En canto ao IV Plan de Igualdade, subliñou que xa existe un documento final de Avaliación que será remitido a todos os grupos políticos nos próximos días. Sobre o CIM, informou que se reforzou coa contratación dos 3 servizos dos programas EDUSI “que nos permiten organizar, programar e coordinar multitude de programas e actividades en colaboración con colectivos feministas de Compostela, a través dun traballo colectivo moi centrado na educación, coa complicidade dos centros de ensino da cidade”. Sobre a programación de actos e actividades municipais de apoio institucional ao 8 de marzo, indicou que xa teñen pechado un intenso programa de actividades “que non se ciñe so o 8 de marzo, se non a todo o mes, que presentaremos nos próximos días”.
Mercedes Rosón sinalou que, “en materia de igualdade, aínda que existan diferenzas e matices, deber haber unha unidade inquebrantable. Porque estamos falando da vida e da dignidade de todas nós”.
O Grupo Muncipal Socialista abstívose na moción pola paz e os dereitos humanos en Colombia e para reclamar todas as garantías democráticas nas próximas eleccións presidenciais. O conselleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, argumentou que a pesares de estar a favor, non sería oportuno pronunciarse, sobre todo cando non se fixo con outros países, como Nicaragua, Venezuela, etc. “Hai cuestións coas que podemos coincidir, pero entendo que a nosa moción aquí non é instar a un goberno dun estado a negociar ou non cun grupo guerrilleiro, cando xa ten habido esas negociacións, e hai unhas eleccións convocadas, cun candidato de esquerdas ben posicionalas para gañalas. Non nos parece que debamos seguir esa dinámica. No caso de Ucraína trátase da violación dos tratados internacionais, polo que non son situacións comparables”.
Na moción sobre o antigo hospital de Galeras, o Grupo Socialista apoiou os puntos 1 e dous: reclamar á propiedade que proceda a reparar urxentemente todos os danos causados durante este período; e instar ás partes para que actúen coa celeridade precisa para poñer fin ao proceso de deterioración do edificio do vello hospital das Galeras. No punto 3, realizar os estudos técnicos e xurídicos pertinentes para ter unha folla de ruta e pór enriba da mesa diferentes opcións, incluída a da negociación con outras administracións para instalar no edificio un Centro de Día, caso de que finalmente o proceso de compra-venda non remate satisfactoriamente, o PSdeG abstívose.
Outra moción aprobada por unanimidade foi a presentada polo BNG para a habilitación e reforzo dos puntos de acceso de información para favorecer a transición cara á administración electrónica e permitirá a presentación de trámites e solicitudes vía presencial e escrita para aquelas persoas que o desexaren de acordo coa normativa en vigor.
A concelleira de Modernización da Administración Local, subliñou que a “pretensión do goberno, é habilitar a través da extensa rede de centros socioculturais puntos de acceso para asistir aos usuarios que o precisen, na presentación telemática das súas solicitudes a través da sede electrónica do concello. Prevemos facelo efectivo ao longo do segundo semestre do ano 2022. Non obstante, canto antes o logremos mellor, e niso traballamos”.
Porén, Marta Abal realizou as seguintes apreciacións: “non se eliminou a posibilidade de presentar solicitudes e realizar trámites pola vía escrita e presencial. As persoas xurídicas teñen a obriga de relacionarse coa administración local a través de medios electrónicas. Pero as persoas físicas, poden facelo por medios electrónicos ou presencialmente acudindo ao rexistro xeral do concello (con ou sen cita previa de 9:00 a 10.30) ou aos rexistros auxiliares específicos de atención ao contribuínte ou de urbanismo. Co cal non hai veto en absoluto do concello e moito menos coas persoas maiores”. Engadiu que a “implantación da administración electrónica, cuxo arranque efectivo é recente, non está sendo sinxela e queda camiño por percorrer”, pero que “a correcta dixitalización da administración pública e a redución da fenda dixital é obxectivo prioritario deste goberno. E para mostra as reformas estruturais previstas no cadro de persoal que acompaña ao orzamento, xa citadas en varias ocasións, e que sen dúbida permitirán dispoñer de recursos humanos para avanzar na nova etapa de modernización da administración electrónica, e que terá como obxectivos prioritarios a integración dos sistemas e por su posto a redución da fenda dixital, trala conclusión en decembro do 2021 da implantación da solución única de administración electrónica adxudicada durante a lexislatura anterior”, engadiu. .
Abal aclarou que o traballo relativo á dixitalización dos servizos públicos é constante. “Sen ir mais lonxe, a semana pasada puxemos en marcha na sede electrónica do concello os procedementos para a autoliquidación dos prezos públicos das actividades de dinamización ofrecidas polos centros socioculturais. Aproveitando dita posta en marcha e coa política que está adoitando o goberno de que a cidadanía poida nun solo acto facer a inscrición na actividade ou a solicitude que precisen; de obter a auto-liquidación correspondente sen ter que desprazarse á oficina de atención ao contribuínte e de pagar a taxa ou prezo resultante sen ter que desprazarse aos bancos, habilitamos a 5 traballadores na rede de centros socioculturais para que centralicen a asistencia na autoliquidación e pagamento dos prezos públicos das actividades nas que se inscriban”.
A concelleira informou que a día de hoxe constan realizadas 150 autoliquidacións correspondentes a actividades realizadas na rede de Centros Socioculturais. E para finalizar, reiterou “o absoluto compromiso do goberno coa redución da fenda dixital e sendo conscientes de que temos que acercar a administración electrónica aos cidadáns realizaremos accións de apoio a través da rede de CSC e de difusión da sede”.
A abstención do Grupo Socialista na moción sobre a realización de mellores de conservación e mantemento en Vite defendeuna a concelleira de Medio Ambiente. Mila Castro sinalou que coñece as peticións da veciñanza, e informou que co novo contrato de Parques e Xardíns estanse levando a cabo diversas actuacións de mellora nas áreas verdes e parques infantís, tanto no barrio de Vite como no resto dos barrios e áreas do termo municipal.
Engadiu que na área de xogos infantís e na totalidade da área verde desta zona xa se están a realizar os traballos de acondicionamento que se esixían.
Con respecto ás luminarias, adiantou que “a súa renovación formará parte do contrato que se licitará previsiblemente no vindeiro mes de abril, que implica unha actuacion global e integrada de renovacióin das instalacións de alumeado exterior para a mellora da súa eficiencia enerxética, non só no barrio de Vitge, senón en toda a cidade”.
En canto ás illas soterradas para a recollida de residuos, explicou que se inclúe a súa posta en funcionamento coa entrada en vigor do novo contrato de residuos recentemente adxudicado a URBASER e “asinado esta semana”. A poste en funcionamento, engadiu, afectará a todas as áreas da cidade.
Respecto da fonte que estivo ubicada na Praza Roxa ata 1990, a concelleira Mila Castro comprometeuse á súa posta en marcha, “como fixemos coas fontes da Alameda e os estanques das Cancelas”. Anunciou que xa solicitou un orzamento “que inclúa a totalidade das actuacions para a súa posta en marcha, dado que debe realizarse unha impermeabilización e instalación de circuito con bomba de recirculación”.
Mila Castro rematou sinalando que “non é que non tomemos een consideración as demadas de execución que hoxe nos solicitan, senón que algunhas xas se estban a realizar antes de ser presentada esta moción, e outras estaban en previsión de facerse”.
O Grupo Socialista votou en contra, porque xa se está levando a cabo, da elaboración dun plan de sendas peonís e ciclables no territorio municipal. O concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández informou que se contratou un estudo do deseño dunha rede de itinerarios sostibles para a redución da pegada de carbono para a cidade. “Ese estudo servirános de técnico para implementación de medidas correctoras do actual modelo de mobilidade na cidade, co obxecto de ser o máis efectivos posibles e non cometer erros. Este documento permítenos presentalo na liña dos fondos Edusi para realizar a actuación que temos previsto levar a cabo ao longo deste ano”. Ao remate da segunda quenda de intervención, Fernández lembroulle ao PP que nas obras dos Camiños de Santiago, executadas pola Xunta, non hai ningún carril para bicicletas.
Na seguinte moción de, reiterar ante o Goberno de España a necesidade de elaborar un estudo, en colaboración co Banco de España e a CNMC, sobre a situación do mercado financeiro en España desde o punto de vista da concentración bancaria, da competencia e do acceso aos servicios financeiros básicos, que sirva de base para a elaboración e posta en marcha dun plan estatal contra a exclusión financeira, con medidas que faciliten o acceso da poboación aos servizos financeiros; o Grupo Socialista tamén se abstivo. Igial que na última, na que instaba ao goberno competente a realizar as actuacións precisas para solventar as deficiencias nas instalacións da escola infantil rural Bispo Teodomiro de Marrozos. O concelleiro de Educación, Rubén Prol, recordou que son competencias da Xunta de Galicia.
Emisión do pleno do 24 de febreiro de 2024
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela