Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo confirmou o traslado, á consellería de Industria a moción asinada onte por tres dos catro grupos municipais, na que amosan o rexeitamento ao uso que se está facendo do vertedoiro de Miramontes. Esta moción presentarase ao pleno ordinario do mes de marzo para o seu debate e aprobación. “Estou dacordo con que se restaure a canteira, o que non estou dacordo é que se monte aí un vertedoiro”, sinalou.
O alcalde sinalou que era necesario “ese posicionamento”, porque por parte da consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do servizo de Enerxía e Minas, pediron que o Concello de Santiago informase sobre “unha modificación do plan de restauración de Miramontes. O concello xa remitiu os informes técnicos sobre esa cuestión”, que agora completará coa citada moción, indicou. O rexedor teme que, se se espera a súa aprobación no pleno de marzo para enviala á consellería, poder ser tarde e a resolución xa estea adoptada.
Por iso se redactou a moción de urxencia e levouse onte ao pleno, para a súa aprobación, expresando este posicionamento político. Entregouse ás dez menos cuarto da mañá” explicou, “e falouse entre todos os grupos. O PP sinalou que era precipitado e que non se podía resolver nese momento. As catro e media da tarde o PP local mantivo que non se daban as condicións e que non debía aprobar por urxencia”, relatou o rexedor.
“En todo caso”, engadiu, “o grupo do PP terá ocasión de manifestarse con máis claridade ao longo deste mes. Tiñan razón en que o prazo era moi axustado, pero o resto tamén tiña a preocupación de dicir, se esperamos ao 31 de marzo, pode ser tarde”.
Agora, confirmou, o texto da moción está presentado. “Tramitaráse e someterase a aprobación do pleno, e tamén se enviará, hoxe pola mañá ao conselleiro de Economía”. Un texto, engadiu, no que lle trasladamos “o sentir da maioría da Corporacion, 17 dos 25 concelleiros, a que non se continúe co uso que se está a facer da Canteira de Miramontes”. Tamén é o sentir dos veciños, engadiu, que “ven que coa escusa da rexeneración se montou un vertedoiro para traer lixo orgánico a razón de 12.000 toneladas durante varios anos”. Pensa que “o obxectivo real é un negocio, é converter aquelo nun vertedoiro, e a rexeneración da canteira é unha desculpa para esa actividade”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela