Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Onde si houbo unanimidade no acordo para organizar distintas áreas competentes do Concello para preparar e despregar o seu correcto desenvolvemento nas prazas, parques e rúas da Cidade durante a celebración do Ano Santo 2021, todo elo de forma coordinada con colectivo de artistas de rúa.
A sesión comezou cun minuto de silencio, en memoria das dúas mulleres asasinadas polas súas parellas en Aznalcóllar (Sevilla) e Fuenlabrada (Madrid). Con elas, xa son trece os crimes machistas rexistrados no que levamos de ano, e 1.045 desde 2003, cando se comezaron a contabilizar oficialmente.
Antes do debate plenario interviron Aitor Sebio, en representación das camareiras de pisos; Antón Coucheiro Faílde, como persoa interesada na moción presentada por CA para planificar estratexicamente as artes de rúa durante o Ano Santo de 2021; María Dolores Dopazo, en relación ao Servizo de Axuda no Fogar; e unha delegada sindical da concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar.
No pleno aprobouse a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) nas disposicións transitorias 2ª e 12ª, “Plan parcial de Fontiñas e PERIS de Concheiros, Vieiro e Outeiro.
PROPOSICIÓNS
Na primeira proposición, o BNG solicitaba a creación do Consello de Participación e Transparencia.O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, sinalou que ningún grupo dos que gobernaran puxo en marcha mecanismos de control como os propóstos. Cre que se pode seguir avanzando en transparencia (na actualidase somos a segunda Cidade de Galicia nese ranking, por detrás de Vigo), en participación cidadá, pero sinala, non “somos partidarios de crear más consellos”, xa que como tamén recoñeceu o grupo do BNG, hai demasiados. A proposición votouse por puntos. Todos se aprobaron. O c), de transmitir por streaming a rolda de prensa de Xunta de Goberno e todas as sesións plenarias o e), de convocar Eos consellos de participación coa periodicidade requerida, aprobáronse por unanimidade.
Na segunda, o PP instaba ao pleno do concello a cumprir a ratio recomendada para a Policía Local de 1,8 axentes por cada mil habitantes. Nela tamén pedía requerir ao Goberno Central, a a creación dunha taxa específica adicional por ampliación de servizos para cubrir as prazas ata chegar á ratio recomendada.
Emendouna, cunha emenda de subsitución, o BNG, demandando ao Estado que se proceda a eliminar con carácter básico da taxa de reposición e que cada administración pública teña a potestade para dimensionar os seus cadros de persoal segundo as súas propias necesidades; que o grupo popular rexeitou.
Defendeuna o concelleiro de Tráfico. Gonzalo Muíños sinalou que a situación se está regularizando, que se están incorporando axentes. E igual que os outros grupos, culpou ás políticas do PP desta situación, concretamente á Lei Montoro e ás taxas de reposición de efectivos impostas. A proposición saiu adiante cos votos a favor de PSOE e PP e as abstencións de CA e BNG. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, espera ter contactos a semana que ven con ministerio de Facenda para solicitar más efectivos pola situación excepcional de Santiago no Ano Santo.f
A terceira proposición, presentada polo PP, propuña ao Concello que instase ao Goberno de España a determinar unha achega económica a Santiago para a celebración do Ano Santo, a deseñar e establecer unha axenda para o Xacobeo e a incardinar estas actividades na programación xeral do Ano Santo 2021. O BNG presentou unha emenda de substitución, igual que o grupo socialista, que propuxo: determinar unha achega económica ao Concello de Santiago para a celebración do Ano Santo de 2021, negociar o deseño e establecemento dunha xenda xacobea en Santiago, e incardinar estas actividades na programación xeral para o Ano Santo 2021, de xeito coordinado por todas as administracións públicas. Foron rexeitadas polo grupo popular, o que lamentou o concelleiro de Turismo. Sindo Guinarte lembrou que gran parte dos actos do Xacobeo 2021 deseñados pola Xunta son noutors lugares da comunidade autónoma.Guinarte afirmou que na emenda do Grupo Socialista se solicitan achegas para Santiago tanto ao Goberno Central como á Xunta, porque dixo, “para nos o prioritario é a cidadanía” por enriba das siglas políticas, algo que non ocoorre, engadiu, co PP, que se nega a pedir axudas ao goberno galego. A proposición, que se votou por puntos, saiu adiante. PSOE e CA abstivéronse.
A continuación debateuse a proposición de Compostela Aberta para impulsar o proxecto sin complexo deportivo ao aire libre no barrio de Sar. A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, sinalou que xa se está falando coa veciñanza e que o proxecto vai adiante. Foi aprobada por unanimidade. Aínsa así, a concelleiravrecordou, igual que o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, que hai prioridades máis inmediatas, como o arranxo de determinados recintos e espazos deportivos.
A concelleira de Políticas Sociais comparecencia de motu propio para falar do Servizos de Axuda no Fogar. Mila Castro anunciou un aumento dun millón de euros anuais nos vindeiros anos para dar resposta ao incremento de persoas usuarias do SAF.
A concelleira xustificou a prórroga do actual contrato na necesidade de mellorar o servizo, cunha licitación capaz de dar unha resposta efectiva as persoas usuarias. Mila Castro tamén amosou o seu apoio ás traballadoras do SAF, no marco competencial do Concello.
MOCIÓNS
Ademais das mocións sobre o 8 de marzo, tamén saiu adiante o acordo para reurbanización da zona da Avenida de Salamanca, da Avenida de Coimbra, da rúa Oviedo e da rúa Ultreia, co obxectivo de facilitar accesibilidade, pavimentar a rede viaria e recuperar os espazos públicos para a veciñanza.
Tamén saiu adiante a moción do BNG para impulsar, en colaboración con refuxio de animais, o seu Padroado e asociacióms en defensa dos dereitos dos animais, a creación dun cemiterio de mascotas comarcal.
A seguinte moción de CA rexeitando a creación dunha universidade privada en Galicia, e na que se aceptou a emenda do Grupo Socialista, aprobouse cos votos de PSOE, CA, e BNG. O PP posicionouse en contra
Aprobouse tamén a moción do BNG para recuperar o patrimonio cultural e natural de Lavacolla e realizar as xestións necesarias para a dotación de servizos básicos e mellora de infraestruturas que dependan do Concello na parroquia da Sabugueira.
A penúltima moción de apoio á declaración como BIC da ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, presentada polo PP, tamén saiu adiante. Igual que a última moción de CA en apoio das demandas e reivindicacións das camareiras de piso.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela