Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, é o novo representante da Federación Española de Municipios e Provinicias (FEMP) no pleno da Rede de Iniciativas Urbanas, en calidade de titular. O rexedor agradeceu o nomeamento, así como a confianza depositada pola FEMP e subliñou a relevancia da RIU, un instrumento, sinalou “necesario para compartir boas prácticas e difundir os resultados dos proxectos urbanos que reciben financiamento europeo”. A decisión adoptouse na sesión celebrada o pasado 27 de outubro.
A RIU coordina, impulsa e apoia a xestión e avaliación de actuacións en materia urbana, cofinanciadas por Fondos Estruturais, entre as que destacan as Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (EDUSI), as Accións Urbanas Innovadoras (UIA), o programa URBACT e as accións singulares de Economía Baixa en Carbono.
A RIU representa o principal mecanismo de coordinación en materia de desenvolvemento urbano e fondos comunitarios, e constitúe un foro aberto de iIntercambio de experiencias e boas prácticas urbanas que recibisen financiamento comunitario; e de análise e resposta aos posibles problemas e/ou dúbidas suscitadas pola aplicación da normativa en materia de Fondos Europeos destinados ao desenvolvemento urbano.
A Rede de Iniciativas Urbanas iniciou a súa andaina en 2009, xunto con outras tres redes sectoriais, como mecanismo de coordinación do período 2007-2013 establecido no Marco Estratéxico Nacional de Referencia, que sinalaba que a RIU “estará integrada con carácter permanente polos órganos responsables das políticas urbanas na Administración Xeral do Estado e as Comunidades Autónomas, a Federación de Municipios e Provincias, representantes de concellos con participación especialmente significada na xestión de Fondos Comunitarios, e a Comisión Europea
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela