Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou que a evolución da curva epiodemiolóxica está sendo positiva, pero,a advirte, ” é necesario non baixar a garda sabendo que en calquera momento se pode invertir a tendencia e podemos ter un novo crecemento” de contaxios. A cifra de casos positivos en Compostela, non permite, segundo o rexedor, relaxación algunha nas medidas.
Sánchez Bugallo engade que se “conseguimos en tres semanas a reducción do número de casos activos, nun 50%, é evidente que os esforzos pagan a pena”. Por iso, o alcalde volve incidir na responsabilidade individual e colectivo, pedindo que a cidadanía “nos responsabilicemos dos nosos actos e contribuamos a que o resto respecten a norma e actúen con respecto cara o conxunto da cidadanía”. Neste sentido, o rexedor destacou o descendo nas festas en pisos: “a semana pasada foron cinco, polo tanto o descenso é radical”, dixo, lembrando que chegaron a rexistrase 64 nunha soia semana.
O alcalde tamén asegurou que é compatible a seguridade coa recuperación de “certa actividade económica”, aínda que esta non supoña unha “normalidade absoluta”. Sánchez Bugallo lembra que se están producindo danos “terribles” para a economía de millóns de familias, mentras sinala, “non haxa unha recuperación razoable”, que sitúa aproximadamente na vindeira Semana Santa. Por isto, subliña, desde o goberno municipal estase preparando “toda a programación de Nadal contando con que se poida levar a efecto”, o que inclúe mercadillos e iluminación. Unha iluminación que prevé, se poida prender o 4 de decembro, cando se levante o peche perimetral.
PLENO
O alcalde espera que mañá, no pleno, se aprobe por amplia maioría “ou incluso por unanimidade”, a utilización das remanentes que inclúe, explicou, “unha partida moi importante para apoiar aos sectores económicos que máis están sufrindo, basicamente a hostalería, o comercio e o mundo da cultura”. Ao órgano cameral irá a aprobación de 3,5 millóns en axudas, que se verán inmentado cun millón a maiores, que ten previsto aportar a Deputación da Coruña.
Para Sánchez Bugallo, “son cifras importantes desde o punto de vista orzamentario, son máis do 3% do orzamento”, que engade, “se produce nun escenario complexo no que temos que facer fronte a gastos extraordinarios e imprevistos moi potentes, en materia de servizos sociais, en limpeza e desinfección de colexios e de parques infantís, en comedores escolares; e por enriba, nun escenario de minoración de ingresos”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela