Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Son cifras que reflicten, segundo indicou o alcalde, que o número de positivos se duplicou nas dúas últimas semanas, algo,sinala “que está en coherencia co que está pasando no resto de España, pero é un índice superior á media de Galicia. Sánchez Bugallo explicou que a media galega rexistrou un incremento dun 40%, nas últimas semanas, porcentaxe que en Santiago ronda o 100%. “Unha cifra claramente excesiva e que esixe reiterados chamamentos á responsabilidade individual e colectiva. Que todos apliquemos as medidas de prevención”, puntualizou.
HOSTALERÍA
O alcalde tamén indicou que os establecementos de hostalaría que viron pechados os seus interiores para o consumo coas novas restriccións da Xunta, poderán instalar terrazas para servir nun máximo de dúas prazas de aparcadoiro para coches. Sánchez Bugallo aclarou que en calquera caso, haberá que estudiar caso por caso. A medida, acordada por decreto da Alcaldía, manterase vixente ata o próximo 5 de abril; aínda que poderá anularse esta autorización excepcional se se levantan as medidas derivadas da situación epidemiolóxica.
O decreto entrou en vigor este venres e agora os hostaleiros poden solicitar a apertura destas terrazas, que deberán ser autorizadas de forma individualizada. Poderanse instalar elementos de separación como biombos, requisitos que xa estaban recollidos no anterior decreto, que agora se ampliou. A intención, afirmou Sánchez Bugallo, é “posibilitar” que os establecementos hostaleiros teñan unha “axuda real” e poidan acceder a ela. Tamén indicou que o prazo de resolución das peticións “será rápido”.
PISTAS POLIDEPORTIVAS
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou, despois da rolda de prensa e dunha reunión mantida co grupo de goberno, que se deu orde para que a partir desta tarde se pechen as pistas polideportivas. A razón: o decreto da xunta referido a Santiago de Compostela, que establece que non pode haber deportes de contacto, e establece que non pode haber grupos de máis de cinco persoas, e que ademáis teñen que ser convivintes. Iso, segundo explicou o rexedor, “é imposible de controlar e xestionar e non responde ao que está pasando habitualmente nas pistas polideportivas, xa que normalmente se xoga ao fútbol ou o baloncesto, que son deportes de contacto e loxicamene os equipos non están formados por persoas convivintes”. Polo tanto, engadiu, “procédese cautelarmente ao peche das pistas poliderportivas”.
Os parques infantís manteranse abertos, porque, sinala o alcalde, ” a normativa da Xunta non establece ningunha condición específica diferente das que viñan rexendo ata o día de hoxe, polo tanto vanse manter nas mesmas condicións”.
CONCURSO DE LIMPEZA
En resposta a unha pregunta sobre o concurso de limpeza, o alcalde advertiu que non atende a presións “nin dos traballadores nin da empresa” e avisa que os pregos “non se negocian” coas partes.
Sánchez Bugallo respondía así, despois de que o Comité de traballadores de URBASER, emitise un comunicado no que pedía unha reunión urxente cos grupos políticos con representación no Concello, para “informar” das situación na que se atopa o servizo. O alcalde sinalou que lle agradece os consellos “pero non debemos confundirnos: os pregos non son obxecto de negociación nin coa representación sindical nin coas empresas”. Ten que ser, sinalou “un concurso aberto, no que as empresas compitan en igualdade e liberdade”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela