Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O rexedor considera que estas medidas supoñen un “mazazo para a hostalería”. É un sector, sinala, “que xa fora duramente golpeado con todas as restriccións que se viñeran adoptando ao longo do tempo, coa reducción de aforos, e agora, engade, “a decisión de que poden servir só na terraza plantexa un problema moi severo”. Recorda Sánchez Bugallo que desde o Concello emitiuse un decreto que facilitaba o aumento do espazo no exterior dos locais, ou a introdución de elementos como mamparas ou calefactores. “Iso ímolo ampliar agora e avaliar a posibilidade de ocupar prazas actualmente utilizadas para o estacionamento de vehículos”.
O obxectivo, continuou, “é habilitar fórmulas para que en determinadas ocasións” e estudando caso a caso, “se poidan habilitar terrazas provisionalmente durante este tempo en zonas reservadas para o estacionamento”. O alcalde espera sacar o decreto mañá venres, “ampliando o anterior”, co obxectivo, na medida do posible, de “paliar os efectos máis negativos” que poida ter a orde da Xunta co relación ao sector; e ao mesmo tempo, “dando cumprimento a todas as medidas de seguridade que se establecen”. O periodo de vixencia, explica, é posible que supere os 14 días, porque pensa, as medidas van durar máis de dúas semanas.
Sobre a liña de axudas publicada para hostalería, sinalou que está pendente de asinala, unha vez coñecida a resolución da comisión de avaliación reunida onte. Unha vez que entre en vigor o decreto, os locais de hostalería beneficiados poderían empezar a presentar a documentación, para facelas efectivas, porque, afirma o alcalde, “queremos empezar a pagalas antes dun mes”.
Sánchez Bugallo realizou estas declaracións desde o concello, despois de reunirse co comisario da Policía autonómica, Jorge M. Rubal Pena; nun encontro no que tamén estivo o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, e nun día no que se acadaron en Santiago os 388 casos positivos por cen mil habitantes.
Onte mesmo, o alcalde defendía que o concello está axudando “en todo o que pode aos sectores máis castigados polas restriccións. Pero, engadiu, “sería razoable que as administracións que dictasen as resolucións, se responsabilicen das consecuencias económicas. Efectivamente deben de ser a Xunta e o Estado que, se toman decisións así, dalgunha maneira son os que teñen que tomar medidas para compensalas”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela