Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Grupo Socialista, igual que os demáis grupos da oposición, aprobaron a moción presentada polo BNG, que ten como obxectivo frear o peche de tendas e a destrución de postos de traballo por mor da crise económica causada pola pandemia da covid19. Isto, unido ás medidas de liberalización comercial, está conducindo a un grave desequilibrio no sector comercial. A potencialidade e a calidade dos produtos galegos, debe ser un motor para a dinamización do pequeno comercio local que aposta pola caliddade, a innovación e a especialización. De feito, e segundo a moción, esta campaña deber servir para reactivar as compras en estabelecementos composteláns, co apoio ao asociacionismo do pequeno comercio, e coa finalidade última de dinamizar a economía local.
Tamén saiu adiante, co consenso de todos os grupos, a moción do Grupo Popular para proceder, conforme ás posiblidades orzamentarias, ben sexa mediante recursos propios ou a través dunha acción conxunta coa Deputación da Coruña, titular da vía, a continuar coa iluminación pública da travesía da estrada provincial DP-7803 entre Pazos e Figueiras, entre os quilómetros 3,52 e 4.
O pleno comezou cun minuto de silencio en memoria do compañeiro e traballador do Concello, no departamento de prensa, Fran García Novais, falecido recentemente.
No punto 1, de aprobación de actas de plenos anteriores houbo unanimidade. Tamén no punto 2, no que se aprobou o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES).
PROPOSICIÓNS
O PSOE votou a favor da proposta e elaborar campañas de concienciación e prevención de condutas suicidas e de autolexión, dirixidas a diferentes sectores, tendo en conta, a respecto das mensaxes, factores como a idade ou xénero. E tamén de instar á Xunta que cree un Programa de Intervención intensiva de conduta suicida na área de Santiago, apra a atgención e prevención do suicidio que conte cun equipo específico de persoal sanitario e recursos humanos e económicos necesarios para atender as necesidades da área no relativo ás condutas suicidas.
A concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, argumentou o voto a favor na saturación dos centros de atención primaria e dos servizos de saúde mental. “A acecesibilidade a esas consultas é unha das medidas principais de prevención, que nestes tempos, coa pandemia da covid19 esa asistencia é máis comprometida”. Recordou que os datos poñen de manifesto “unha alta feminización do suicidio. Estamos falando de calquera tipo de muller: mulleres xóvenes, do ámbito rural…”. Engade Mila Castro que “nos parécenos axeitado priorizar a prevención do suicidio tanto dentro das políticas sociais como das políticas de saúde.
Tamén sairon adiante as proposicións para axilizar as axudas ao sector cultural, e impulsar unha partida no orzamento de 2021, para a contratación directa e inmediata de autónomos, cooperativas e empresas que desenvolvan actividades culturais en Santiago de Compostela. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, xustificou a abstención do grupo socialista, recordando que o departamento que dirixe ten previsto destinar os 600.000 euros procedentes dos remanentes de 2019 a dúas convocatorias diferenciadas.
A primeira delas estará destinada a sufragar custes e gastos ordinarios das empresas do sector cultural no exercicio de 2020. A segunda convocatoria irá destinada a realizar actividades no 2021 que sirvan de reactivación da actividade cultural ao tempo que son un apoio financieiro para as empresas. “Valorarase de xeito especial”, indicou, “a xeración de contidos en liña para que, con independencia da situación sanitaria en cada momento, sexa posible levar a cabo as actividades e procurar unha difusión accesible á maior cantidade de cidadanía posible”. Esta convocatoria sairá nos primeiros meses de 2021 para, indicou, “maximizar o período de execución e poder conseguir así a maior das efectividades posibles tanto na execución das actividades como no adecuado destino das partidas de gasto e a súa correcta xustificación.
Aprobouse tamén a proposición de incluir na modificacion do PXOM, actualmente en trámite, unha mellora garantía de uso residencial, na que o Grupo Socialista se abstivo.
Sobre a proposición de urxir ao goberno do estado o inicio da construción da nova estación ferroviaria dentro da intermodal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou de novo o apoio a que a estación de tren leve o nome de Daniel Rodríguez Castelao. O rexedor recordou que “desde o minuto un estamos traballando neste tema, axudando a que se sacara a información pública o proxecto, se resolveran as alegacións, e se redactara o proxecto de execución”. Lembrou que neste momento está pendente “simplemente da sinatura” da presidenta de Adif. Outra xestión que se fixo por parte do concello, segundo destacou o alcalde, foi a de pedir a inclusión da financiación da nova estación dentro dos Fondos de Reconstrucción Europea, aceptado por Adif e polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.
O PsdeG tamén se abstivo na proposición de deseño e construción de espazos cubertos sociocomunitarios. O alcalde, Xosé Sanchez Bugallo, sinalou que no mandato de CA e PP non se constriu ningún espazo cuberto. Recordou que si había un proxecto, co Plan E, de instalar unha cuberta en Galeras, pero foi rexeitada pola veciñanza. Propúxose en Conxo, pero tamén contou coa oposicións de veciños e veciñas. Engadiu que se esa cuberta, xa programada no anterior mandato para Santa Marta, fose un parque infantil, “xeraría máis complicidade”, polo que se amosou partidario de “estudar fórmulas de cobertura en parques infantís”. Recordou que Santiago ten a maior rede de centros socioculturais de Galicia, e varios pavillóns polideportivos, “todos, menos un” construidos con gobernos encabezados polo PSdeG.
O Grupo Socialista posicionouse en contra da proposición de crear unha comisión integrada por representantes dos grupos municipais, persola técnico e asociacións de referencia no ámbito da mobilidade na cidade, para a modificación e actualización da circulación e uso da vía pública. O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muiños, condicionou este punto á aprobación do PMUS, o Plan de Mobilidade Urbana Sostible. Un plan para o que dixo, se vai contar con todos os actores implicados, e que se vai cementar sinalou, en enquisas, estudos e análise dos datos recabados.
MOCIÓNS
O Grupo Municipal Socialista abstívose na proposición de duplicar a oferta de prazas do programa de conciliación de Nadal. Defendeu o sentido do voto o concelleiro de Educación sinalando que non vía o sentido de duplicar prazas porque non existe demanda.
O Grupo Socialista tamén se abstivo na moción de facilitar a implantación da administración electrónica e reducir a fenda dixital no concello. A responsable de Modernización da Administración Local, Marta Abal, recordou o plan de formación do concello, con sesións gravadas, para que non puido asistir, e unha última sesión cos conceptos máis importantes e demostración práctica; que se complentan, coa programación diaria, de sesións específicas para cada departamento. Destacou que será necesario traballar na mellora da formación á cidadanía, “nunha mellora continua que ten que ir máis alá da elaboración de guías de procedementos, e neste sentido temos previsto realizar campañas de formación segmentadas por grupos de poboación en función das súas necesidadades e a realización de talleres nos que a cidadanía poida participar na mellora da administración electrónica co obxectivo de reducir esa fenda dixital”.
En relación á moción para habilitar máis prazas de aparcadoiro destinadas a residentes en Concheiros, o concelleiro de Moblidade, Gonzalo Muiños, sinalou que se vai estudar a necesidade deses aparcadoiros na rúa Rodríguez de Viguri, e incrementar, se fose necesario, as prazas no aparcamento da Altiboia, xa que existe esa posibilidade.
En canto á moción para a creación dunha comisión de estudo encargada de determinar a forma máis sostible e eficiente de xestionar os servizos de abastecemento de auga e saneamento e depuración de augas residuais, con representación proporcional de todos os grupos municipais, e que contase coa opinión técnica dos sevizos municipais necesarios. O PSdeG posicionouse en contra. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou que Compostela Aberta gobernou durante catro anos cun programa no que se comprometía a municipalizar a auga, “é o que había era un servizo de auga sen contrato”. Para o rexedor, o tempo de pornos a facer grandes estudos pasou. Sobre CA, subliñou que “sigue nesa posición ideolóxica de municipalización que non materializou”, ao BNG recordoulle que en Allariz a xestión da auga lévaa Espina e Delfín, en Carballo Gestagua, e en Pontevedra, Viaqua. Engadiu que o goberno municipal se posiciona en contra porque se “non se modifica o sistema de xestión a competencia é de Xunta de Goberno, e se se quere modificar”, sería do Pleno. “O goberno non vai renunciar ás súas compencias, porque son as súas responsabilidades”. Contininou sinalando que si había un compromiso de “contratar un estudo dos diferentes sistemas de xestion, para ver o que mellor se adapta ás posiblidades do municipio”, que xa se encargou. Agora, sen contrato “en fora de xogo”, temos que tomar as decisións que temos que tomar”, para sacar o contrato adiante, co “mesmo prazo que Pontevedra”.
Engadiu que o goberno coñece a posición dos veciños do rural “e temos elaborado un documento coa orde de prioridades”. Pero, engadiu, “o contrato que temos é un contrato de xestión, non de investimentos. Con cargo a esta concesión, igual que se fixo en Pontevedra, podese plantexar unha financiación” para dotar dunha rede de abastecemento e saneamento que chegue a todo o rural.
Na moción na que a oposición instaba ao goberno municipal a aprobar a convocatoria antes de que remate este ano, dunhas novas axudas de rehabilitación nas ARIs, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, respondeu que é “cando menos sorprendente que un grupo municipal plantexe ao Pleno políticas de vivenda a realizar pola Xunta en lugares de apoiar politicas de vivenda municipais. E recordoulle a Compostela Aberta, autora da moción, que “nestes intres estamos traballando na procura de ferramentas que permitan voltar liderar unha nova politica de vivenda baseada na creación e rehabilitación”.
Mercedes Rosón sinalou que no ano 2019 non se asinou Acordo da Comisión Bilateral (ACB) en ningunha ARI de Galicia, “polo que este ano non hai Acordo da Comisión Bilateral con dotación que poideramos convocar”. En canto ao segundo punto, de solicitar da Xunta maior dotación da xestión deste tipo de axudas, indicou que “neste tempo temos comprobado que unha das problemáticas que determinan que non se produzan un maior número de solicitudes radica nos requerimentos que os solicitantes deben cumprimentar”;polo que, contininuou, débese traballar no ámbito da “simplificación e estandarización das tramitacións posto que as dificultades inherentes ao proceso pode restar eficacia as axudas”. Polo tanto, engadiu, estase traballando nese sentido. Nesta moción, o Grupo Socialista abstívose.
Outra moción que contou coa abstención do PSdeG, foi a que instaba ao goberno loca a impulsar un Programa de Canguraxe. Defendeu a posición socialista a concelleira Mercedes Rosón. Destacou que “as mulleres, as familias, os coidados e a igualdade están no centro das políticas do Partido Socialista: no pasado, no presente e no futuro. Demostrámolo e seguimolo demostrando, todos os días. Coñecemos esa fenda que existe na corresponsabilidade dos coidados. E por iso, con programas transversais, en coordinación con Servizos Sociais e Educación; e co CIM, o Centro de Atención á Muller, estamos atendendo a todas as mulleres de Compostela que o precisen”.
Engadiu que neste momento, as necesidades de conciliación estanse resolvendo a través do programa de madrugadores e axuda a domicilio. Existe unha coordinación permanente entre Servizos Sociais, Igualdade e Educación para resolver, precisamente, esas necesidades. Polo tanto, e de momento, non imos convocar un concurso para reter uns cartos que despois non se van gastar” e que continuou, “serían moi necesarios dada a situación socioeconómica na que nos atopamos a causa da COVID19”. No caso de que existise esa demanda, “activariamos todos os mecanismos para atendela”, finalizou.
O concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, expresou a súa “máxima solidaridade co pobo saharauí” e defendeu a posición da abstención na moción relativa a este asunto porque establece, dixo, unha posición política que corresponde ao Goberno do Estado, que é quen debe “canalizar iniciativas como esta”.
Na moción sobre a creación dunha Comisión especial de estudo dos orzamentos municipais, o Grupo Socialista votou en contra. A concelleira de Economía, Marta Abal, sinalou que “no regulamento municipal xa se prevé unha Comisión de Facenda e de Contas, polo que non consideramos necesario introducir máis trámites burocráticos nuns orzamentos que precisan dunha tramitación o máis áxil posible”. A concelleira engadiu que os orzamentos de 2021 son importantes, uns orzamentos en clave de cidade, pensando na cidadanía, por iso se aprobaron, engadiu, 9 millóns en remanentes dos que 8 millóns se destinarán a axudas e investimentos. Marta Abal aclarou que “os ingresos diminuen e os gastos aumentan, porque hai que licitar as grandes contratas. Non está sendo sinxelo cadrar o orzamento municipal”. A concelleira, que se puxo a disposición dos distintos grupos para responder ás súas preguntas e peticións, “desculpouse polo retraso, “pero queremos levar un orzamento cadrado para intentar chegar a un acordo”. A moción foi rexeitada co voto de calidade do alcalde.
O concelleiro Gonzalo Muiños defendeu o voto en contra na moción na que se instaba ao goberno municipal a que permitise ou paso ou parada para os vehículos que transportan os escolares de infantil do colexio das Orfas a través da Praza de Mazarelos, despois da peonalización da zona,que quedou rexeitada.Muíños recordou que o obxectivo é “pór en marcha ese plan de peonalización que xa ven de 2010, onde fala do peche ao tráfico da cidade histórica, que queda pendente de completar coa Praza de Mazarelos”; que xa se vai por en marcha, por fases desde o 1 de decembro.
O Grupo Socialista posicionouse en contra da moción do grupo PP sobre o galego e castelán como lingua vehícular. O concelleiro de Educación sinalou que se trata “dunha moción con dous intereses, atacar a Lei Celaá e xustificar as políticas lingüísticas da Xunta” Sinala Rubén Prol que a lei non supon cambios na educación para a educación en Galicia, e cualifica esta moción como “un ataque á cultura galega fabricado desde fóra, desde a ultradereita”, para atacar a lingua galega. A moción quedou rexeitada.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela