Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Imaxe cedida polo PSdeG
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo,destacou hoxe os procesos de transformación experimentados nas últimas décadas por “Pontevedra e o resto das cidades galegas”, na presentación da candidatura de Iván Puentes á alcaldía da cidade do Lérez, a quen lle desexou moita sorte. O rexedor sinalou que cómpre presevar “a herdanza que recibimos”. Pero, engadiu, o futuro é o reto fundamental, non o pasado”.
Un acto que se desonvolveu baixo o lema “A Pontevedra que vén”, e ao que tamén asistiron o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso; Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra; Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía de Arousa e presidente da FEGAMP; as rexedoras de Lugo, Lara Méndez, da Coruña, Inés Rey, e de Ferrol, Ángel Mato; e Maica Larriba, secretaria xeral da Agrupación Socialista de Pontevedra.
“Agora”, sinalou Sánchez Bugallo, na súa intervención “estamos traballando en elaborar a Axenda 2030, que é o modelo e o proxecto de cidade que queremos ter para a próximada década: cidades medioambientalmente sostibles, cómodas, accesibles, amables en todos os sentidos, e protectoras dos seus veciños e veciños, especialmente daquelas persoas que teñen maiores dificultades, e tamén persoas maiores, sobre todo aquelas que viven soias. É necesario prestar unha especial atención aos servizos sociais, apoiar aos máis desfavorecidos”.
“ E tamén á xente nova”, asegurou. “Unha cidade non ten futuro se non ten xente nova”. O rexedor engadiu que temos a “xeración mellor formada da historia”, ao que cómpre procurarlle “un futuro na nosa terra e na medida do posible nas nosas cidades”, escollendo “aqueles elementos que sexan complementarios co resto das cidades galegas, nos que podamos destacar e podamos acadar ese obxectivo de futuro. Creo que é un reto extraordinario”. En Santiago, subliñou. estase apostando pola biotecnoloxía. Tamén cómpre presevar, finalizou “a herdanza que recibimos”. Pero o futuro é o reto fundamental, non o pasado”.
Máis información sobre a presentación da candidatura de Iván Puentes
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela