Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O inicio do novo sistema de recollida de lixo para os locais de hostalaría comezará nos vindeiros días cun modelo “porta a porta”. Para informar aos hostaleiros do cambio realizáronse varias reunións, un total de tres, nas que participaron a concelleira, representantes das dúas asociacións do sector na cidade e técnicos do concello e da empresa que presta o servizo. “En todas elas houbo sintonía e consenso” recalca a concelleira que non entende como logo de chegar a un acordo “ao día seguinte téñome que enterar, a través dos medios, de que unha das asociacións non está de acordo coa proposta”.
Mila Castro insiste en que nas reunións adaptouse os horarios “en función das súas solicitudes e, pensando en todo momento, na conciliación tamén coa vida dos propios veciños da zona”: “Eu estou sorprendida, despois de falar coa outra asociación de hostaleiros da cidade, con Hostalaría.gal, eles maniféstanme que tamén están sorprendidos, porque no último encontro chegáramos ao consenso” explica.
Insiste na aposta polo diálogo, pero matiza, a un diálogo “honesto” porque “senón podemos falar moito, chegar a acordos e desdicirnos aos cinco minutos, e agardo que non sexa así”: “lamentaría moito que, por non chegar a un consenso, tiveramos que garantir o inicio do servizo sen un acordo, desde logo, pola miña banda intentarei que non sexa así e non quero pensar que isto teña outros fins que non sexan garantir o benestar da cidadanía”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela