Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualificou ao 2022 como un ano de récords: “bateuse o récord de ocupación hoteleira, de estadías turísticas, e tamén no social, aínda que en parte como efecto da reactivación económica, xerouse emprego conseguindo os datos de paro máis baixos desde o 2004”, indicou.
Unha afirmación respaldada polos datos positivos do aeroporto Rosalía de Castro: 3.236.619 de viaxeiros e 25.458 voos, un 13.6% máis que no 2019. Destas cifras o alcalde estacou os 757.931 pasaxeiros internacionais, un 14,7% máis que no 2019, e un síntoma “evidente da recuperación dos destinos emisores lonxanos”. Tamén a terminal de carga manexou durante o pasado ano máis de 4.853 toneladas de mercadorías, que supón o 85.5% da cota de mercado de Galicia.
Tamén se bateron récords na estación de tren. “Cifras históricas, segundo o rexedor, avaladas polos 2.778.996 pasaxeiros contabilizados ata novembro, e a falta de incluir o mes de decembro que duplican as cifras do 2020 e 2021. Algo que, segundo o alcalde, “permite reforzar a posición central que ocupa a nosa estación en Galicia”
20220113 Audio_Alcalde_record viaxeiros
Sánchez Bugallo ademais, ratificou que estes datos “respaldan a nosa proposta para a ampliación do aparcadoiro da estación”. Un aparcadoiro que, está convencido, “se vai facer”, á vista dos datos de viaxeiros que move a Intermodal. Sánchez Bugallo recorda que había un proxecto único para levantar esta infraestrutura, pero “houbo quen decidiu boicotealo”, en referencia ao PP, que gobernaba no 2011 na Xunta e no Concello, e despois do “tempo perdido”, houbo que retomar as obras “paso a paso”, coas vías do tren, o paso inferior, a estación de autobuses e a pasarela.
20230113 Audio_Alcalde aparcamento
Para Sánchez Bugallo, estamos falando dunha infraestrutura que é “unha necesidade”, porque, “non só é a estación de Santiago”, É tamén a estación da súa área de influencia. Igual que acontece, dixo, coa área sanitaria. Confirmou que “o Concello non vai formular oposición algunha” á ampliación do CHUS co centro de protonterapia, a quinta ampliación desde que se construiu. “Entendemos que é un servizo básico esencial”, sinalou, que permitirá mellorar “a calidade de vida de moitas persoas”, que veñen de distintos concellos da comarca, como Arzúa, Melide, Rianxo, Lalín… Un servizo, destacou, que ten un valor “estratéxico” para a cidade.
20230112 Audio_Alcalde estratéxico
Segundo o alcalde, cómpre avanzar na conectividade co CHUS desde a intermodal, pero tamén “é necesario buscar fórmulas de transporte público” desde todos estes municipios ata o CHUS. E, engadiu, “non se debe aprazar a decisión sobre o aparcamento”,unha cuestión, engadiu, “na que seguiremos insistindo”.
Desde o Goberno Municipal, continuou, “hai vontade política” e vánselle dar “todas as facilidades” á Xunta de Galicia, para a ampliación do CHUS, pero o parcameto tamén é unha necesidade “inmediata e urxente”. Para Sánchez Bugallo, sería un fracaso pensar na hipótese de que lleguemos ao 2026 co centro de protonterapia operativo e o tema do aparcamento sen resolver: “faremos todo o que estea na nosa man para que non se produza, engadiu”. A continuación, lembrou que se fose pola oposición, non se avanzaría nas obras. E que foi durante os mandatos socialistas, cando se construiron os dous aparcamentos que existen: o que subterráneo que está ao lado do CHUS, e o de Santa Marta. Xuntos, suman 700 prazas de estacionamento.
20230113 Audio_Alcalde opinions
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela