Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Na área de Educación, Noa Díaz considera prioritario a actualización dos contratos e servizos pedentes, entre os que figura o da Escola Municipal de Música. Explica que “está orzamentado o novo contrato que agardamos sexa unha realidade este ano” e espera que “en breve poidamos ter un primeiro borrador” do documento. “A nosa vontade”,engade, “é que esta situación se solucione para empezar a traballar con regularidade a partir do próximo curso”.
Sobre a área de Mocidade sinalou que o reto máis inminente é por en marcha os locais de ensaio do centro sociocultural da Almáciga, “que se poidan facer canto antesas obras de arranxo”. En canto ao departamento de lingua, “continuaremos cos proxectos actuais”, entre os que destacou o programa Apego”. Noa Díaz engadiu que “todos os proxectos dos catro departamentos que levo son importantes e encantaríame que todos fosen a bo porto”.
Noa Díaz realizou estas declaracións ao remate da presentación da programación da Escola Municipal de Música, para o período comprendido entre os meses de febreiro e xuño. Acompañouno na rolda de prensa o director da Escola, Fernando Rey. Ambos deron conta dun calendario de actuacións que inclúe novos concertos didácticos e a participación en diversos actos.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela