Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Explica que, logo de que en febreiro se abrise unha fenda no muro iniciáronse os trámites para conseguir a cesión da parcela por parte de ADIF e acometer unha actuación que permitiría ampliar a rúa
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2023. Será no pleno de este xoves onde o PSOE reclamará ao bipartito que retome o proxecto de retranqueo do muro da rúa Vedra, logo de que en febreiro se rexistrase unha fenda neste muro. Explica o portavoz dos socialistas que, unha vez se rexistrou a incidencia, ADIF -a propietaria da parcela e do muro- acometeu unhas obras urxentes e, a partir de ese momento, o goberno socialista iniciara as conversas para conseguir a cesión da parcela e encargou un estudo para valorar o custo de acometer o proxecto.
Gonzalo Muíños explica que esta actuación non é só “unha demanda das veciñas e veciños da zona” senón tamén “unha oportunidade para cambiar completamente este espazo” posto que a actuación, que ten un custo estimado de 323.000 euros suporía unha ampliación do carril, a mellora da zona de aparcadoiro e da beirarrúa, incorporando unha en cada sentido -actualmente só hai nunha das beiras da rúa-.
O edil socialista recalca ademais que “xa hai pasos dados” posto que nas conversas con ADIF “xa nos manifestara a súa predisposición a ceder a parcela” polo que confía en que o bipartito “saiba ver a oportunidade e lle dea continuidade tamén a este proxecto”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela