Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, desminte as informacións vertidas nos medios de comunicación por algúns responsables políticos, e explica que non son 6 as certificacións pendentes de aboar á empresa Bauen, senón 3 que “acaban de ser fiscalizadas e pagaranse nos próximos días”.
Desde que comezou a obra de rehabilitación do palacete da finca do Espiño, adxudicada á empresa Bauen por 1,4 millóns de euros, Raxoi abonou un total de 7 certificacións. Os últimos pagos “producíronse o 17 de outubro” explica a concelleira de Facenda, que explica ademais que o pago dos últimos recibos será efectuado “de xeito inminente”.
Marta Abal insiste ademais en que desde o concello “non existe constancia de ningunha manifestación da empresa relativa a un abandono da obra” e recoñece a profesionalidade da construtora no transcurso dunha actuación “complicada, demandada e retrasada por anteriores gobernos”.
O edificio, sen cimentación, obrigou a realizar varios modificados
O Palacete do Espiño, que viviu durante décadas nunha situación precaria de abandono, tiña importantes problemas de cimentación con muros que, en determinadas zonas, estaban practicamente sobre o terreo, algo que obrigou a recalzar boa parte da estrutura. Polo que, si ben é certo que o bo estado dos muros permitirá que se poidan utilizar mantendo a estrutura orixinal do edificio, este condicionante obrigou a realizar varios modificados algo que, puido ralentizar a primeira fase da obra, que agora está recuperando o ritmo.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela