Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
Foto conxunta co secretario do Concello de Santiago, no seu último pleno ordinario
O Pleno ordinario do Concello de Santiago, presidido polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista. A continuación admitiu unha moción conxunta de urxencia, sen debate, a proposta do Grupo Socialista, para apoiar a candidatura da “Asociación cultural e pedagóxica Ponte… nas ondas!” ao rexistro de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) da UNESCO. A moción foi apobada por unanimidade sobre as oito menos vinte da tarde. Tamén admitiu outra moción por urxencia, en apoio das traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Foi tamén o último pleno ordinario do secretario do Concello de Santiago, José Ramón Alonso, que se xubila en breve; e que foi despedido cun longo aplauso por parte dos membros da Corporación.
20221027 Moción conxunta. Ponte… nas ondas
A experiencia de comunicación interescolar Ponte…nas ondas!, promovida pola Asociación Cultural e Pedagóxica do mesmo nome, foi presentada conxuntamente por Portugal e España, co apoio da Xunta de Galicia, ao rexistro das boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial (PCI) da UNESCO. Esta inscrición debe producirse na reunión do 17º Comité intergobernamental de salvagarda do patrimonio inmaterial da UNESCO que se celebrará en Rabat (Marrocos) do 28 de novembro ao 2 de decembro. A moción, presentada a iniciativa do Goberno Municipal, apoia “o labor desenvolvido pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! e apoia a inscrición do modelo Ponte…nas ondas! no Rexistro das boas prácticas co PCI da UNESCO.” Sinala ademais, que “do presente acordo darase traslado á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura”.
Proposicións
De esquerda a dereita, Mercedes Rosón, Xosé Sánchez Bugallo e Mila Castro
A primeira proposición debatida, sobre o inicio das obras da ponte sobre o ferrocarril en Marrozos e mellora do seu enlace coa AC-960 na Susana, aprobouse por unanimidade. Defendeuna o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, quen indicou que no caso concreto da ponte sobre a liña ferroviaria que comunica os lugares de Outeiro e Argadán, a pesares de estar aprobada en Xunta de Goberno, licitada e adxudicada, a empresa construtora, por distintas circunstancias, entre elas a imposibilidade de obter o subministro da semi-bóveda no prazo establecido, un elemento construtivo importante, non executou a obra. A direccion facultativa constatou, segundo explicou José Manuel Pichel, que neste momento o contratista non está en condicións de executar os traballos. polo que se “está avaliando a resolución do contrato e a reclamación de danos e perxuzos ao adxudicatario”.
Polo que respecta á segunda fase do proxecto para enlazar esta infraestrutura coa estrada AC-960 (A Susana Vila de Cruces), o concelleiro de Medio Rural informou que xa se atopa redactado, cun orzamento de execución de 260.000 euros, financiado a través do POS 2021, o Plan de Obras da Deputación da Coruña. Tamén subliñou que a resolución de ADIF respecto do proxecto, pendente de recibir formalmente, é favorable.
O Grupo socialista abstívose na segunda proposición sobre a adopción de medidas para evitar a ocupación ilegal de vivendas. O concelleiro de Presidencia e Relacións Institucionais, sinalou que “é evidente que hai necesadidade de dar unha respota legal a algunhas destas situacións”, porque “non se pode meter todo no mesmo saco”. E por iso, continuou Sindo Guinarte, o PSOE presentou unha modificación lexislativa para que os xuices poidan desafiuzar aos okupas nun prazo máximo de 48 horas. “Os xuices”, puntualizou Guinarte, “non a policía”como recolle a proposición presentada polo PP. “É necesario actuar ante a ocupación”, subliñou, antes de pedirlle ao Partido Popular que vote a favor de proposta presentada polo Goberno Central cando se debata no Congreso.
O concelleiro José Manuel Pichel, de pé, xunto a a Marta Abal e Gonzalo Muíños
O concelleiro de Medio Rural defendeu a abstención do Grupo Socialista na seguinte proposición debatida, sobre os servizos básicos municipais na Peregrina. José Manuel Pichel enumerou, un por un, os puntos contidos no texto. Sobre o arranxo das pistas explicou que se fixo unha valoración, “non só para a parroquia da peregrina, se non para todo o rural de Santiago e estase elaborando o proxecto”. Sobre a creación de roteiros, estudarase, igual que a dotación dunha zona de xogos tradicionais. Sobre o desbroce, “estase facendo dúas veces ao ano en vías asfaltadas”. Sinalou que nunha reunión coa veciñanza de Pardces de Abaixo, se comprometeu a resolver o problema de augas, un traballo que “espero que non se demore moito”. En canto a construción dun parque biosaudable, “hai unha partida orzamentaria para toda a zona norte e tamén se acometerá”, sinalou. Tamén lembrou as obras realizadas no Centro Sociocultural. “Miráronse as humidades, e non proceden da parte alta, que se arranxou. Xurden da base do local. Volveremos avaliar a situacióe para tratar de erradicar e mellorar” o que cualificou como “saúde” do centro. En canto a unha maior iluminación, explicou que “estamos coa licitacion e daráselle solución ao que plantexan”. Tamén anunciou que a finais de novembro estarán colocados os contedores de carga lateral na zona de Aradas.
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, defendeu a abstención do Grupo Socialista na proposición para avanzar na renovación do transporte público municipal. Informou que o prego para a licitación do contrato de transporte atópase en fase de resolución na Oficina de Avaliación Nacional (ONE).
Grupo Socialista
Gonzalo Muíños destacou que os pregos recollen o estrito cumprimento da lei en material e no “recollido na Lei de Contratos Públicos” e que o Goberno de Sánchez Bugallo traballa para dar solucións a mobilidade ao conxunto da cidadanía. Algo recordou, polo que non apostaron os anteriores gobernos de PP e Compostela Aberta. “O que atopamos cando epezamos a trabllar nesta licitación”, sinalou, “foi un conxunto de traballos que non eran máis que froito de retaís inconexos froito da descoordinación instaurada por parte do seu departamento”, en referencia a Compostela Aberta.
Gonzalo Muíños lembrou que cando Compostela Aberta accede ao goberno da cidade, en xuño de 2015, “a súa primeira medida foi paralizar a adquisición de novos autobuses previstos na renovación da flota”. Argumentaron, recordou, “que o lóxico era esperar ao novo contato para adquirir unha flota máis acorde co seu modelo de cidade. A primeira consecuencia é, por tanto, a flota coa que contamos neste momento”.
Esa renovación da flota, segundo recordou o alcalde, xa a parara o PP durante o seu mandato, entre 2011 e 2015. Unha vez vencido o concurso, sinalou Gonzalo Muíños, o 15 de febreiro de 2016, CA optou “por facer estudos sobre a remunipalización do servizo e outras formas de xestión”, polo que o contrato se prorrogou de xeito automático. A través da empresa TUSSA elaborouse un novo mapa de rutas que, explicou, “se presentou á cidadanía a través do Pacto Local pola Mobilidade, e cuxas conclusións son as reflectidads no novo prego. Deixo claro, novamente, que é o único traballo válido que se puido incorporar ao proceso”, engadiu.
Gonzalo Muiños recordou que desde que comezou o mandato socialista realizouse un estudo económico actualizado e proporcionado, por tres veces. A primeira revisouse polas consecuencias derivadas da COVID, que, polas restriccións, levou aparellado un descenso significativo no número de usuarios e usuarias de transporte público. A segunda, polo Real Decreto lei que obrigou á revisión da flota. “Outra parte de obrigatorio cumprimento da que vostede se esqueceu foi a solicitude formal a cinco empresas do sector, e a súa posterior validación nos órganos competentes, tanto a nivel estatal como autonómico”.
Marta Abal, Gonzalo Muíños e Sindo Guinarte durante o pleno
A concelleira Marta Abal, interveu na última proposición, para impulsar a execución das accións recollidas na estratexia ReVive Santiago – Edusi, na que o Grupo Socialista falicitou a aprobación coa súa abstención. Abal lembrou os proxectos executados, e os que están en proceso de execución: “Estánse executando case a práctica totalidade dos proxectos”; e nos pendentes “están xa autorizados todos os créditos por parte do ministerio. Temos ata o 31 de decembro de 2023 para concluir e esperamos concluir con éxito todas as actuacións”. Na segunda quenda, tomou a palabra o alcalde e recordoulle a voceira de Compostela Aberta que cando fale de perda de fondos europeos “recorde os 36 millóns de euros destinados á Edar da Silvouta, que foron para a ría do Burgo”, durante o mandato de CA.
O pleno tamén aprobou, cos votos a favor do Grupo Socialista e abstención da oposición, un expediente recoñecemento extraxudicial de créditos para aprobar unha parte dos gastos rexistrados na conta 413, referidos, segundo explicou o rexedor, a subscrición a medios de comunicación dos Centros Socioculturais.
Interpelación
Á interpelación formulada por CA sobre o acordo asinado para viabilizar os orzamentos de 2022, respondeu Sindo Guinarte. O tamén portavoz do Grupo Municipal Socialista deu conta “da previsión temporal de cumprimento das propostas recollidas no acordo”. Na área de Políticas Sociais, contemplaba, recordou, unha partida de 3.680.000 euros para o SAF, o Servizo de Atención no Fogar. Neste momento, sinalou, cos incrementos achegados polo Goberno de Sánchez Bugallo, de un millón e seiscentos mil euros, “estamos nesa cifra, polo que entendemos cumprido o acordo”.
En instalacións educativas, no caso do acondicionamento do almacen e mellora do patio traseiro de Roxos, explicou que “entendiamos que é competencia da Xunta”, e no caso do do peche das pistas que se usan no recreo, no Lopez Ferreiro, está a obra executada. Aínda así, Guinarte recoñeceu que quedan algunhas cuestións pendentes neste capítulo.
En canto á mellora dos barrios, recordou que se presentou o proxecto de mellora da rúa de Mallou á veciñanza, que contaría cun orzamento de 1,3 millóns de euros. Que a segunda fase da obra do muro do Pombal, está pendente do dictame da Comisión de Patrimonio. Que da segunda fase de acondicionamiento da rúa Castrón Douro estase redactando o proxecto coa previsión de levalo á Xunta de Goberno Local en novembro. Que o proxecto de Pontepedriña estase realizando a través da brigada de Vías e Obras municipal. . Que se vai levar a cabo un proxecto de rehabilitación de elementos relacionados coa auga, sexan fontes ou lavadoiros, que forman parte do patrimonio etnográfico do Concello.
En relación aos investimentos no rural, explicou que hai 19 actuacións, “algunhas están en execución, outras en mesa de contratación, outras en preparación do expdiente de licitación”, etc. Sobre equipamentos deportivos, “hai un proxecto feito das pistas de atletismo do Estadio Vero Boquete, que se está reaxustando ante a suba dos materiais. No caso do Pío XII o proxecto está rexistrado e pendente de informe para a súa elevación á Xunta de Goberno Local. En canto á cidade da raqueta, fíxose un estudo conxunto e vaise licitar a súa contratación. E de Santa Marta hai un estudo de viabilidade para a construción da pisicina”.
Sobre o plan de reindustrialización, Sindo Guinarte sinalou que “o concello é a única administración que puxo cartos no biopolo, e resolveu os problemas para viabilizalo”. Sobre a integración da Praza do Matadoiro, explicou que Augas de Galicia non deu autorización para o proxecto aprobado.
Polo que respecta á humanización do campus, informou que “está licitada a redacción do proxecto que se entregará antes de final de ano”. En canto á Vía verde, “os 300.000 euros incorporaranse á Deputación a través dun convenio, porque será quen licite a obra. O proxecto do primeiro tramo, o máis complexo, entragarase a semana que ven”, sinalou. Sobre o Plan de canguraxe, avanzou que se está redactando, igual que o Plan Municipal de xuventude.
Sindo rematou sinalando que todos os proxectos están iniciados, algúns executados e outros en execución, e recordoulle a Compostela Aberta que “antes de licitar as obras hai que facer, hai que redactar o proxecto. Nós continuaremos coa nosa vontade de diálogo. Se chegamos a acordos ou non dependerá do diálogo das outras partes”.
Mocións
O Pleno aprobou, cos votos a favor do Grupo Socialista, Compostela Aberta e BNG, a moción presentada polo Grupo Socialista, en defensa do servizo básico e esencial da educación pública. Interveu o concelleiro de Educación, Rubén Prol. Destacou o fracaso das políticas da Xunta de Galicia, recordou a “retirada dos libros de texto” implantada polo goberno bipartito, tan negativa para as familias; e instou ao goberno autonómico a “cumprir coas súas obrigas e responsabilidades no ámbito educativo, dispoñendo dos medios materias e persoais e dos recur sos económicos que sexan precisos para garantir a prestación e o acceso ao servizo público esencial da educación e a pronta adaptación ás novas leis educativas; “a recuperar o sistema de tratuidade universal dos libros de texto; e a que faga público o destino dos fondos extraordinarios para a educación procedentes tanto da Unión Europea como tamén do Estado”.
As mocións 3 e catro, relativas aos actos do 25 de novembro, Día internacional da violencia de xénero, e ao reforzo do CIM, o Centro de Información á Muller, debatéronse conxuntamente e foron aprobadas por unanimidade. Na número 3, contra as violencias machistas e con motivo da conmmoración do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, instase a actualizar os datos contidos no Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero, a realizar e publicar un informe da situación das mulleres vítimas de violencias machistas no municipio de Santiago, a deseñar e implementar unha campaña transversal de sensibilización contra as violencias machistas, a programa actos e actividades municipais de apoio institucional ao 25 de novembro, e apoiar e colaborar co movemento feminista de Compostela na organización e loxística dos actos do 25N. En canto á numero catro, o acordo é, ao abeiro do 25N, de incrementar, nos Orzamentos de 2023 os recursos destinados ao CIM, como recolle o V Plan de Igualdade 2022-2025, co obxectivo de manter o labor que realiza e dotalo de persoal exclusivo e non compartido con outras áreas municipais; algo xa contemplado polo Goberno Municipal, segundo explicou a concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón; igual que está contemplada a colaboración co movemento feminista compostelán na organización de actividades do vindeiro “Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres”.
Mercedes Rosón, sinalou que comparte “a análise da situación terrible que estamos a viver as mulleres. Todos coincidimos en que son cifras preocupantes. E todos coincidimos en que se trata dun problema estrutural derivado dunha cultura machista fondamente arraigada na sociedade; unha lacra transversal que afecta por igual ás distintas clases sociais e as distintas afinidades políticas. Polo tanto, e desde este goberno vímolo facendo desde o minuto un, o consenso é fundamental. Desde este concello traballamos arreo para mudar a visión da sociedade fronte a violencia de xénero e para dar apoio ás vítimas, engadiu.
Polo que respecta á campaña do 25N, explicou que “trataremos de acadar, como sempre, o máximo consenso. Como en anos anteriores, teremos moi en conta o que nos aporten as organizacions feministas, e convidaremos á cidadanía, ao tecido comercial, ao sector hostaleiro e ao sector empresarial a que sexan os protagonistas tamén da campaña.
Traballaranse tamén contidos que incidan na visibilización e na denuncia de todas as formas de violencia contra as mulleres a través de carteleiras, imaxes e atrezzo. O obxectivo será que máis de 1.000 establecementos composteláns se adhiran a esta campaña, que tamén será visible en buses e mupis. Unha campaña que presentaremos, con detalle, próximamente”.
Polo que respecta ao reforzo do CIM, Mercedes Rosón, indicou que “era un dos retos deste goberno, polo que estivemos traballando. Por iso, na futura Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello, xa se ten proposto por primeira vez na historia dar visibilidade ao equipamento do CIM, separando o persoal do CIM do persoal de Servizos Sociais. E por primeira vez na historia tamén se recoñece o posto de dirección do CIM, e dun técnico superior licenciado en dereito. Tanto o posto de Psicóloga como de Técnico Superior, licenciado en Dereito, actualmente en postos de vacante, participaran nos procesos de estabilización do persoal que están en marcha. Este mandato e este goberno vanlle dar ao persoal do CIM o status xusto, que tanto tempo leva esperando. Ese foi o noso compromiso e imos cumpliclo antes de que remate o mandato”, concluiu.
En canto a segunda moción, de mellora dos espazos públicos de Vite e Vista Alegre, tamén foi aprobada por unanimidade, e sen debate. Todos os grupos se comprometeron a apoiar o acordo para “estudar a inclusión nos orzamentos de 2023 das partidas necesarias para mellorar a accesibilidade, os espazos de aparacadoiro e o transporte público para atender as demandas d barrio de Vite-Vista Alegre.
O Grupo Socialista abstívose na moción relativa as becas de comedor. Antes, o alcalde, Sánchez Bugallo, lembrou que a demanda de becas d e comedor se incremento un 23% e que “por primeira vez, ninguén quedou fóra”. Na súa intervención, o concelleiro de Eduación, Rubén Prol, recordou que se trata dunha competencia da Xunta, recoñecida por todos os grupos que, nembargantes manteñen unha incoherencia coa postura de reclamar responsabilidades ao Concello neste eido.
Rubén Prol tamén defendeu a moción número seis, sobre as melloras no espazo da contorna de acceso ao colexio público Mestre Xixirei na Lavacolla. O Grupo Socialista votou a favor de todos os puntos. So o PP votou en contra do punto dous da moción, de instar á Xunta a colaborar na habilitación e construción dun estacionamento público para vehículos que mellore a seguridade viaria da comunidade educativa do CEIP Mestre Rodríguez Xixirei da Lavacolla. Rubén Prol recordou que as melloras xa as levara a deputada autonómica Noa Díaz ao Parlamento de Galicia e que o PP tamén votou en contra na Comisión parlamentaria. “Efectivamente, é unha ex concelleira a persoa que mellor o pode levar, e non que ande falando por aí o concelleiro de convivencia da Xunta”. “Gustaríame”, engadiu, que “cando o Partido Popular vaía polo barrio de Vite lle explique porque o colexio de Vite non ten prioridade, e que o faga con visita no colexio, sinalou.
Na seguinte moción, para a redacción dun plan e ordenación e uso público da finca do viveiro de Lamas de Abade e a rehabilitación dos seus edificios interveu a concelleira de Políticas Sociais, Saúde e Medio Ambiente. Mila Castro sinalou que comparte a “mellora e posta en valor da finca onde está ubicado o viveiro”, pero “esixe compatibilizar a rehabilitación deses espazos co uso que actualmente ten e que non é outro que acoller ese viveiro municipal”.
Recordou que “esta circunstancia xa se plantexou hai 5 anos, en xullo de 2017, e nese momento encargouse” a un arquitecto “a redacción dun estudo económico de intervención sobre as instalacións do viveiro municipal”. Lembrou tamén que hai 2 anos se falou deste proxecto, e que o custe económico tasado no 2017 ascendía a máis udn millón de euros. “Foi por iso polo que este grupo de goberno barallou acometer o proxecto por fases, se ben é certo que a priorización doutras necesidades motivou que tivésemos que replantexar o destino dos nosos orzmentos”. “Aínda así”, continuou Mila Castro, “non esquecemos unha das actuacións incluidas na primeira fase do mencionado estudo, que non é outras que a reconfiguración da área de vestiarios, aseos e da área de descanso dos traballadores de Parques e Xardíns”. O proxecto de intervención, explicou, atópase pendente de informe or parte de Patrimonio da Xunta de Galicia, indicou. Do que queda por facer, continuou, “a decisión corresponderá tomala no momento no que os novos orzamentos se propoñan, se debatan e se estuden, sen perxuizo de que se poidan facer as consultas necesarias para o seu cofinanciamento con outras adminsitracións”. O Grupo Socialista abstívose.
O Grupo Socialista tamén se abstivo na moción número oito, para demandar ao goberno de España a obra de permeabilidade e humanización da rotonda de Conxo, un proxecto que contemplaba cubrir ou paso inferior. Defendeuna a concelleira de Urbanismo. Mercedes Rosón aclarou que o Ministerio de Transportes, non contempla, por razóns de seguridade, unha rotonda pechada pola parte superior. Recorda que o “oco funciona como cheminea en caso de producirse un accidente con incendio que permitiría a evacuación do fume de xeito directo, que de chegar a acumularse no paso inferior, podería ter consecuencias fatais para os ocupantes dos vehículos siniestrados”; e que tamén fai a función de lucernario, iluminando o paso inferior. “Os usuarios que cruzan transversalmente a SC 20 nesta zona fano por semáforos regulados e non poden acceder á glorieta independentemente da súa configuración interior co que o peche non xeraría un espazo de desfrute, por evidentes motivos de seguridade”, indicou. .
Recordou que sí había un borrador de convenio para pechar ese óco, que o Goberno Central nunca asinou.”O Ministerio considera agora máis acaída a colocación de paneis vitrificados nos hastiais do paso inferior para mellorar a súa estética e reforzar a iluminación. Considérao unha actuación máis beneficiosa, segura, eficiente e adecuada. En canto a este Goberno Municipal está traballando nese proxecto que se lle presentou á veciñanza, que permitirá mellorar susbtancialmente o barrio”, indicou. Tamén interveu o alcalde. Sánchez Bugallo indiciu en que “lle reclamaremos ao Ministerio que faga o mellor proxecto posible para Conxo.
Na seguinte moción, para planificar acción cultural como estratexia de rexeneración das zonas afectadas pola aceleración do impacto do turismo “sen control”, defendérona a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón e o responsable de Turismo, Sindo Guinarte. Puxeron de manifesto que a descrición realizada por Compostela Aberta de “destrución acelerada do espazo público”, “espazos da frustración, depauperados e ruidosos”, “borrar os trazos identitarios da vida en Compostela”, “cidade colapsada”, é esaxerado e non se corresponde coa realidade.
Nesta defensa da moción, lembraron que dentro do Plan de Sostibilidade Turística que está a desenvolver a Concellaría de Turismo, hai unha planificación conxunta do traballo, na posta en marcha dun Plan de apoio a actividades económicas productivas urbanas e de economía creativa na cidade histórica. Tamén se conta cun Plan de Xestión da Cidade Histórica, que considera que o mantemento e potenciación de funcións produtivas urbanas favorece a habitabilidade e enriquece o seu valor. Para isto, existe un orzamento de 50.000 euros dentro do Plan de Sostibilidade Turística. En base a todo o que xa se está facendo, o Grupo Socialista abstívose.
Tamén se abstivo na moción número 10. A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal xustificou a postura socialista na licitación do servizo de limpeza nos edificios e instalacións municipais, “en precario desde o 2015”, e do contrato de “Prestación integral dos servizos de conserxería e limpeza en varias instalacións deportivas municipais”, que contempla indicou, un incremento do IPC do 1%. Queda pendente o contrato do servizo de limpeza, conserxería e control dos CEIPs dependentes do concello de Santiago, “o máis difícil, ao recoller tamén a limpeza nos pavillóns deportivos, que a maiores, se abren pola tarde”.
A última moción debatida, que entrou por urxencia, foi unha moción impulsada polo Grupo Socialista, de apoio ás traballadoras do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, que contou co respaldo de Compostela Aberta e BNG. O PP votou en contra. Na moción acordouse instar á Xunta de Galicia a que cumpra a lei e negocie coas e cos traballadores, intentando chegar acordos que solucionen o conflito laboral; instar tamén ao goberno autonómico a que nos criterios de baremación de méritos no proceso de estabilización e de estabilización extraordinaria referidos, se puntúe prioritariamente a experiencia das profesionais nos postos de traballo específicos desenvoltos no Consorcio Galego; e a trasladar estes acordos ao Presidente da Xunta de Galicia instando a que actúe en consecuencia e resolva esta grave problema con carácter inmediato.
Defendeuna a concelleira de Políticas Sociais. Mila Castro explicou que se trata dun “compromiso adquirido coas representantes das traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; que están a vivir “unah situación complexa e importante. Continuas sentenzas xudiciais recoñecen o abuso coas traballadoras o Consorcio, téndoas durante tantos anos nas maiores cotas de temporalidade (91% do seu persoal). No Consorcio existe unha fonda preocupación, e poñen de manifesto que nos borradores que se coñecen ata o momento non se valora de xeito prioritario a experiencia destas profesionais para poder ocupar a súa praza”.
Mila Castro lembrou que en Santiago existen catro escolas infantís e unha oficina de Igualdade e Benestar, e que o Concello participa economicamente para o mantemento e a existencia de recursos. Relatou que a maioría das 1.200 prazas convocadas na OPE son de postos ocupados por traballadoras que teñen entre 45 e 63 anos. “Teñen parellas formadas, hipotecas, fillas e fillos adolescentes que acuden a escolas, institutos e todo un entramado de relacións que, de continuar este despropósito ao que quere sometelas a Xunta, desfarase drasticamente”.
A concelleira sinala que “son profesionais valiosas todas elas, que chegaron ata aquí inventando o que non había, trazando camiños, amosando unha sólida estrutura de escolas infantís e centros para a atencióna a persoas maiores por todo o territorio galego; adicadas en corpo e ánima a este proxecto chamado Consorcio. Toda a súa adicación pensaban que podería servir de aval… Pero non é asi, e 16 anos despois de estar en fraude por temporalidade, vense abocadas ao reemplazo, perdendo a súa condición de traballadoras con experiencia recoñecida, que é o máis prezado cando se ten en conta o capital humano”.
Mila Castro aclarou que este é un problema que, en maior ou menor medida, afecta a todas as administracións, e somos as administracións as que debemos darlle resposta con responsabilidade, con sentido de servizo público e causando os menores danos posibles ás persoas usuarias”, que no caso dos maiores e dos nenos e nenas, recorda, “son colectivos vulnerables”; así como a estas profesionais “que non elixiron estar nesta situación”.
Emisión do pleno ordinario do Concello de Santiago do 27 de outubro de 2022
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela