Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polo seu equipo de goberno, fixo balance dos tres anos de mandato, no terceiro faladoiro do ciclo “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade”. O rexedor destacou que no primeiro ano de goberno “atopámonos cunha situación moi dificil de pandemia” que cambiou as prioridades dun executivo que soubo actuar en consecuencia, en base a tres eixos: apoio ás persoas en situación máis vulnerables; apoio decidido aos sectores económicos máis gravemente afectados; e mantemento dos servizos públicos en circunstancias moi diferentes ás que viñan sendo habituais e para as que estaban concibidos”.
Un apoio aos sectores económicos máis gravemente afectados pola covid, que se traduciu en sete millóns de euros en axudas en 2021 “e unha cifra semellante en 2020” , e o reforzo de servizos públicos, como o SAF, “no que a día de hoxe non hai listas de espera”, segundo destacou Sánchez Bugallo.
A maiores, engadiu, estanse levando a cabo, de xeito periódico, campañas de dinamización comercial e hosteleira, visible sobre todo, no programa de Bonos Corazón.
De xeito paralelo, continuou Sánchez Bugallo, o goberno municipal continuou avanzando nos cinco acordos do Foro Cívico”: a industrialización de Santiago, a estación Intermodal, as infraestruturas A54 (Orbital e Orbitaliño); a EDAR; e a reforma e modernización da Administración Local.
No apartado de industrialización, o alcalde destacou a posta en marcha do biopolo; a adquisición da maioría das acción de UNINOVA e a conversión da mesma en medio propio do Concello de Santiago. Respecto da estación Intermodal, lembrou que en 2021 púxose en funcionamento a estación de autobuses e a pasarela de acceso e conexión coa estación do tren, coa rúa do Hórreo e con Pontepedriña. E desde o pasado mes de marzo, está en construción a nova terminal de viaxeiros, cun custe de 30 millóns de euros e cunha previsión de remate das obras no ano 2024. No apartado de infraestruturas, continúan avanzando as obras do Orbital; está en exposición pública o “Orbitaliño”, e tamén continúan a construción dos tramos pendentes da autovía Arzúa-Melide e Melide-Palas de Rei. En relación coa EDAR, “asinouse o convenio entre Acuaes, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago para a construción e posta en funcionamento da nova EDAR”. As obras están adxudicadas por 56,2 millóns de euros, sen IVE, coa tecnoloxía de membranas, tamén a dirección facultativa da obra por 1.543.520 euros sen IVE. En canto á reforma e modernización da administración local; entre as accións levadas a cabo, destaca a implantación da solución de administración electrónica adxudicada no mandato anterior. Ademais, incorporáronse as autoliquidacións. Durante todo o exercicio 2021 foise afinando e completando a configuración, e poñendo en marcha servizos de ambas aplicacións.
Entre os retos de futuro o alcalde destacou a Axenda 2030, “na que se está a traballar dun xeito aberto e participativo a través do Consello Económico e Social”; o proxecto Peleteiro, xa encamiñado; os grandes contratos que faltan por adxudicar; dar solucións á fenda dixital; e a rexeneración urbana. En definitiva, resumiu Sánchez Bugallo, construír o Santiago de futuro, con emprego, con industria; un modelo de cidade para as persoas, para a veciñanza de Compostela.
Conversas coa cidadanía
“Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” é un ciclo de faladoiros organizados pola Agrupación Socialista de Santiago de Compostela, abertos ao público, e nos que se abordan distintas temáticas que están na axenda informativa e que afectan directamente á veciñanza de Santiago. Todas elas son abertas para quen desexe asistir, e celébranse na Casa do Pobo, localizada na rúa de Ramón Cabanillas, 6 entrechán D., aquí en Santiago de Compostela.
A temática da proxima cita de “Conversas coa cidadanía. Achégate á actualidade” prevista para setembro, é a actual situación económica. Nela está previstoque particpe Xaquín Fernández Leiceaga, ex-portavoz socialista no Parlamento de Galicia e Doutor en Economía por la Universidad de Santiago de Compostela. Tamén está previsto falar sobre a Axenda 2030 e os retos que plantexa, xa no último trimestre do ano; e sobre outros asuntos de actualidade, que se irán concretando en proximas reunións da Executiva.
O pasado dous de xuño tivo lugar a segunda das conversas do ciclo, impartida polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, baixo o título “Plan de recuperación do Goberno: oportunidades para cidadanía e concellos”. Despois da introdución de Sánchez Bugallo, Miñones explicou as contías e mecanismos de axudas procedentes dos fondos Next Generation, centrándose nas áreas de vivenda, rexeneración urbana, fibra óptica, e dixitalización de empresas; e pediu aos concellos que informen á poboación das mesmas, co obxectivo de que se executen todos estes fondos que está recibindo Galicia.
O primeiro dos faladoiros xirou arredor das consecuencias da guerra en Ucraína, provocada pola invasión rusa, que según puxeron de manifesto a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Pilar Cancela; e o concelleiro de Relacións Institucionais do concello de Santiago, Sindo Guinarte, está está cambiando o escenario xeopolítico mundial con graves consecuencias humanitarias e económicas.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela