Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou hoxe o alto número de prazas, 1.942, convocadas nos programas de conciliación xestionados polos departamentos de Educación e pola rede de Centros Socioculturais. Destas prazas, 438 corresponden ao espazo educativo e de lecer María Miramontes; 960 aos CEIPs, 60 ás Escolas Infantís Municipais; e o resto, 484 á rede de Centros Socioculturais. .
Na comparecencia de prensa para informar dos acordos adoptados na Xunta de Goberno, o alcalde respondeu ás preguntas sobre o alto número de solicitudes presentadas. Destacou que as prazas de conciliación nos CEIPS son de balde, unha circunstancia que puido incentivar a demanda; e que moitas familias pediron praza nos dous centros á vez, tanto en Monte dos Postes, como en Quiroga Palacios.
Máis información: listaxe admitidos
Programa municipal de conciliación de verán 2022
O programa municipal de conciliación de verán é un programa de balde, que se vai desenvoler nos CEIPS Quiroga Palacios e Monte dos Postes, e que inclúe servizo de madrugadores e de comedor. Está destinado as familias empadroadas no concello de Santiago, ou a aquelas que teñen a algún dos fillos ou fillas matriculadoas en algún dos centros educativos do noso municipio.
Hai seis quendas:
O horario será de 9:00 a 14:00 horas. Ofrécese a posibilidade de que as familias poidan solicitar ademais un servizo de madrugadores con almorzo (de 7:45 a 9:00 horas) e un servizo de comedor (de 14:00 a 16:00 horas).
Actividades de conciliación no espazo de lecer María Miramontes
O programa de conciliación de verán na ludoteca María Miramontes, tamén de balde, está destinado a menores entre os 3 e os 12 anos. En total, o programa oferta 73 prazas: 20 para nenos e nenas de 3 anos; 30 para menores de 4, 5 e 6 anos; e 23 para cativos de 7, 8, 9, 10, 11 e 12 anos. Levarase levarase a cabo en seis quendas, entre o 23 de xuño e o 9 de setembro, en horario de 07:45 a 15:00 horas.
A primeira destas quendas desenvolverase entre o 23 de xuño e o 1 de xullo, a segunda do 4 ao 15 de xullo, a terceira do 18 ao 29 de xullo, a cuarta do 1 ao 12 de agosto, a quinta do 17 ao 31 de agosto, e a sexta do 1 ao 9 de setembro. As persoas usuarias poderán desfrutar dun máximo de dúas quendas, agás que haxa prazas dispoñibles noutras. Este foi un dos primeiros programas de conciliación que se abriu, e as familias puideron inscribirse no mesmo ata o 6 de maio.
Obradoiros de verán nas Escolas Infantís Municipais
A data de inscrición para o alumnado xa matriculado rematou o pasado 9 de maio, e as solicitudes de novo ingreso pechouse o pasado 20 de maio. Estes obradoiros desenvolveranse nos meses de xullo e agosto (agás sábados, domingos e festivos), en horario 10:00 h a 14:00 h con posibilidade de solicitar o servizo de almorzo (de 09:00 h a 10:00 h); e de comedor (de 14:00 h a 15:00 h), así como as franxas “fóra do horario”, entre as 07:30 h e as 10:00 h e entre as 15:00 h e as 16:00 h. co obxectivo de facilitar a conciliación das familias.
As actividades están dirixidas a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago ou que cursen os seus estudos en centros de educación infantil e primaria desta cidade, con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos (2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria). O número total de prazas distribuirase por centro da seguinte maneira: 15 prazas para a Escola Infantil Municipal de Conxo, 15 para a das Fontiñas e 15 para a de Meixonfrío-Salgueiriños.
A estas actividades súmanse o obradoiro “Laboratorio sonoro de verán”, dirixido á cativadada de entre 3 e 12 anos, organizado pola Escola Municipal de Música. Divídese en dúas quendas, de 40 prazas cada unha, que aínda que conta con horarios a partir das 09:00 h. tamén pode ser unha alternativa aos programas de conciliación.
Máis información. Laboratorio sonoro de verán
Actividades de conciliación nos Centros Socioculturais
As actividades programadas “Cativadas de verán” e “Mañás de verán”, levaranse a cabo entre o 1 e o 29 de xullo. Divídese en mes completo, , cun custe de 80 euros; ou por quincenas, cun custe de 40 euros. Os horarios son de 10:00 h a 14:00 h extensibles previa solicitude para favorecer a conciliación, de 8:00 h a 15:00 h no caso dos CSC urbanos, e de 09:30 h a 14:30 h no caso dos CSC do rural. Neste caso non se oferta servizo de comedor nen de madrugadores.
O prazo de preinscripción abriuse o día 5, e pechouse o 20 de marzo. Mañá é o último día de pagamento por parte das familias inscritas. Unha vez se teñan se completen eses pagos, revisaranse os datos e está previsto abrir un novo prazo de inscrición extraordinaria coas vacantes que queden libres. Os CSC ofertaban un total de 484 prazas de conciliación se se conta por quincena, e 242 se se conta por mes.
VIVENDAS TURÍSTICAS
Sánchez Bugallo tamén valorou de xeito positivo as dúas últimas sentenzas sobre vivendas turísticas, que amparan xudicialmente as teses do Concello de Santiago, sobre que se trata dunha actividade ecnómica, e polo tanto, debe contar coa preceptiva licenza municipal. “É evidente”, sinala que “faltando a licenza municipal o expediente non estaba completo”, polo que a Xunta de Galicia non debía inscribilas no rexistro de vivendas de uso turístico.
Para o alcalde, “este é un problema que ten que resolver” o goberno autonómico”. Non se trata engadiu, dun problema puntual, “é un erro da comunidade Comunidade Autónoma no que incumple a súa propia normativa”, que establece “que o expediente ten que estar completo para poder outorgar ese rexistro”.
O rexedor engadiu que se lle vai trasladar á Xunta o contido das dúas novas sentenzas. Engade que “ata agora entendeu que era un tema puntual que afectaba a un caso concreto, agora xa temos polo menos catro sentenza e confío e espero que teremos varias ducias máis ao longo dos próximos meses. Polo tanto, a Comunidade Autonóma non poderá seguir mirando para outro lado e ignorando esta legalidade, terán que afrontala e actuar en consecuencia”.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela