Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O obxectivo, segundo asegurou Xosé Sánchez Bugallo, é “manter o reparto no transporte público ao longo de toda a semana”. Tamén se lle está facilitando material de protección á Praza de Abastos. “Despois de recibir a solicitude vánselle entregar 500 máscaras para os usuarios de casillas”, dixo.
Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno tamén instou á “reflexión” sobre as cifras de persoas falecidas en residencias de maiores, que obrigará á sociedade e ás institucións “a reformularse moitas cuestións” en relación a estes centros no futuro. O alcalde recoñece que a situación das residencias de DomusVi en Compostela xustificaría unha intervención da Xunta, pero insiste en respectar “o criterio dos profesionais” e as medidas que se están tomando desde a Xunta de Galica, tanto no relativo ao traslado dos internos positivos como as accións para garantir a atención dos residentes.
Sánchez Bugallo recordou que nos dous centros de DomusVi en Santiago hai uns 156 internos, dos que 82 deron positivo e 18 faleceron. ,A maior parte dos dos contaxiados trasladouse á residencia medicalizada de Porta do Camiño, onde, sinalou están a recibir unha “supervisión constante, continua e diaria” por parte dos servizos do Sergas.
Nembargantes, recoñeceu que existe preocupación, posto que as residencias da terceira idade son onde se concentran a maior parte de defuncións e infeccións. “No caso de Santiago, cúmprese a media e estase por encima desa media”, recoñeceu, aínda que isto “afortunadamente” non ocorreu no resto de centros de maiores do municipio, onde “hai unha diferenza enorme”. “Espero”, engadiu, que dea lugar a reflexións no seu caso e ás medidas que corresponda adoptar respecto desa xestión”.
Unha reflexión “inevitable” que estendeu tanto ao conxunto da comunidade autónoma como a todo o Estado, onde “a metade” das cifras de falecidos correspóndese con persoas ingresadas en residencias da terceira idade.
O alcalde tamén deu conta informou sobre o funcionamento do programa de tíckets especiais de compra especial de compra, que permite ás familias máis necesitadas adquirir, de balde, alimentos e produtos de hixiene básicos en supermercados e tendas de barrio da cidade. Neste momento son 750 as familias as que fan uso deste bono de compra.
Segundo explicou Sánchez Bugallo, os Servizos Sociais do Concello xa autorizaran este tícket especial de compra para 729 familias do municipio, pero “estes días recibíron unhas 30 solicitudes máis, que resolverán durante a mañá, polo que estaremos roldando as 750 ou 760 familias beneficiarias”. Indicou que “o obxectivo é manter este programa mentres dure esta situación especial, se ben, engadiu “tamén estamos á espera da decisión do Goberno sobre o ingreso mínimo vital”.
Aparte, lembrou que hai 265 escolares beneficiarios das becas de comedor, áos que se lle distribúen alimentos directamente.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela