Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O Plan de reactivación do comercio local plantexa, segundo explicou o alcalde, tres fases de actuación. Unha primeira fase que incorpora medidas de concienciación e información; unha sgunda fase de convocatoria de axudas para pagar os xuros e “os gastos que moitos comercios están contraendo para facer fronte a esta situación”; e unha terceira fase que contempla un pograma de axudas á innovación do sector comercial e un servizo de atención e asesoramento en liña. O concello, segundo adiantou Sánchez Bugallo, traballa coa perspectiva de por en marcha estas medidas ao longo deste mes de abril.
Na área de Promoción económica estanse ultimando distintas medidas de desenvolvemento empresarial. Tamén se contemplan estudos e traballos de orientación para o tecido empresarial, medidas de apoio a través da sociedade UNINOVA, e un programa de axudas para autonómos, que inicialmente contaría cun presuposto de 100.000 euros con cargo ao orzamento actual, aínda que o alcalde manifestou a intención do goberno local de amplialo a 300.000 euros. Está previsto ademáis, un programa de subvencións aos gastos de créditos, que beneficiaría sobre todo ao pequeno comercio e que en principio, sinalou o rexedor “podería abrirse cunha partida de 100.000 euros, dispoñible no orzamento de 2020, aínda que o noso obxectivo é ampliala tanto autónomos como a PEMES”. Aparte, existen partidas vinculadas ao asesoramento, entre as que figura a ampliación do convenio coa Cámara de Comercio para canalizar a información a toda as empresas de Santiago, que inicialmente conta cunha partida de 50.000 euros, e que agora se amplia con outros 50.000 euros.
En canto á creación de emprego, Sánchez Bugallo indicou que “imos facer unha aposta pola cualificación profesional a través de cursos on-line, que poderíamos incluso, polos en marcha antes de que remate esta etapa” de confinamento; manteríase o Talentia Summit; e implementaríanse programas para favorecer a contratación temporal directa, “parte deles, conveniados coa Xunta de Galicia, por importe de 1,4 millóns de euros”, segundo explicou o rexedor. A maiores, está previsto sacar un programa de subvencións á contratación directa, cunha dotación “modesta, pero que en principio aspiramos a que sea de cando menos 300.000 euros”, continou o rexedor.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela