Sánchez Bugallo e o seu equipo de goberno lamentan profundamente a morte dun bombeiro en prácticas nun tráxico suceso acontecido hoxe en Aríns

O  alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o seu equipo de goberno lamentan profundamente o falecemento dun bombeiro en prácticas acontecido esta mañá nun tráxico suceso, en Aríns. “Unímonos á dor da súa familia, dos seus amigos e tamén dos seus compañeiros de traballo que están vivindo este momento con auténtica desolación”, sinalou o rexedor, quen decretou tres días de loito oficial en sinal de dó. 

As bandeiras do Concello de Santiago, ondean a media hasta

Sánchez Bugallo, que anulou a súa axenda e se desprazou ata o lugar dos feitos, explicou que sobre as oito da mañá recibiuse unha chamada telefónica no parque de bombeiros de Santiago, informando que había un incendio nun autobús que cubría a liña de Aríns”, no lugar da Cacharela, e que “non había risco para as persoas”, porque o autobús estaba baleiro. Ata o lugar “deprazouse unha unidade de intervención, e cando estaban procedendo aos labores de extinción, xa colocaran a primeira liña de auga e empezaban a colocar a segunda, sorpresivamente o autobús que estaba parado púxose en movemento atropelando a este xoven  bombeiro que acababa de incorporarse en prácticas”.

“Como consecuencia dese atropelo”, continuou o alcalde, “e a pesares dos esforzos que fixeron os servizos sanitarios, foi imposible a súa recuperación e certificouse o seu falecemento”. “Un terrible accidente, unha gran desgraza, que lamentamos profundamente”.

Os días 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro,  as bandeiras dos edificios municipais ondearán a media hasta, e suspéndese os actos oficiais no Concello de Santiago, en virtude do decreto asinado esta mañá polo alcalde, Sánchez Bugallo.

Está previsto que mañá, ás 12:00 h, se garden tres minutos de silencio na Praza do Obradoiro en sinal de dó polo bombeiro falecido.

AUDIO ALCALDE

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

3 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

3 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

3 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

3 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

3 anos ago