Mercedes Roson subliña que o Goberno Municipal está regulando as vivendas turísticas, consideradas unha actividade económica, para “preservar a identidade da nosa cidade e dos nosos barrios”

A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, aclarou hoxe que o Concello de Santiago de Compostela está regulando e ordenando as vivendas de uso turístico co obxecto de “preservar a identidade da nosa cidade e dos nosos barrios”. Lembrou que se trata dunha actividade económica, tal e como establecen sentenzas xudiciais recentes, e que, polo tanto, ten que cumprir as mesmas regras que o resto de actividades do sector turístico; porque a lei “é igual para todos”.

Engadiu que “hai xente que cumpriu co decreto da Xunta e coa normativa da cidade, que hoxe ten a súa vivenda de uso turístico legal e en funcionamento; e outras que incumpren este decreto e polo tanto, non deberían estar no rexistro de turismo da Xunta. Precisamente, o artigo 42.1 do Decreto 12/2017, de 26 de enero polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, viviendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que é obrigatoria a entrega da declaración responsable para exercer a actividade e ademais, esta, non exime de obter as autorizacións, permisos licencias ou informes necesarios que estipule a normativa sectorial ou municipal que lle sexa de aplicación.

A Xunta, a través desta norma, rexistrou, segundo cálculos do Concello de Santiago, unhas 900 vivendas turísticas que non contan co título habilitante municipal, polo que agora, en base á nulidade desa declaración, solicitóuselle, segundo lembrou Rosón, que proceda a comunicarlles a imposibilidade de continuar coa actividade económica e os dea de baixa no “Rexistro de empresas e actividades turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia”.

A tamén concelleira de Urbanismo lembrou que “o cumprimento normativo é para todos: para bares, para hoteis, para albergues, para pensións, e para vivendas de uso turístico, porque son actividades económicas, e polo tanto teñen que cumprir as mesmas regras urbanísticas”, porque a lei “é igual para todas e para todos”.

Mercedes Rosón engadiu que ao “Concello de Santiago lle chama moito a atención a negativa de Turismo de Galicia a cumprir a súa propia normativa. Para a concelleira de Urbanismo, “isto non é unha opinión, é a visión que comparten todos os tribunais de xustiza. Temos dúas sentenzas moi recentes, unha de abril e outra de xuño, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que avalan as decisións que se están tomando desde este e desde outros concellos, porque tamén hai unha sentenza anterior de Pontevedra, na que se di que isto é unha actividade económica e que precisa dunha habilitación municipal, é dicir, unha licenza. É o dí o propio decreto. A Xunta e Turismo de Galicia teñen que cumprir coa normativa que eles aprobaron no seu momento”.

Rosón cualificou de “tremendamente reveladoras” as declaracións de Cesareo Pardal, o xerente do cluster de Turismo de Galicia, de hai escasos días, onde di claramente que se trata dunha actividade económica”, na mesma liña das recentes sentenzas, entre elas a do TSXG. “E polo tanto”, continua a concelleira, “as reglas do xogo teñen que ser iguais que para calquera albergue, pensión, hotel ou calquera outra actividade vinculada o turismo”.

20220823 Mercedes Rosón_VUT actividade económica

A titular de Urbanismo concretou que “preservar a identidade da nosa cidade e dos nosos barrios a través  da regulación desta actividade económica é o que está facendo o Concello de Santiago. É a decisión que tomamos a principios deste mandato, aínda que o anterior goberno tamén fixera un labor importante de regulación no ámbito do Plan Especial que para min non era necesaria, porque xa o propio Plan da Cidade Histórica aprobado en 1997 xa regulaba os usos turísticos e dicía onde tiñan que estar… É certo que esta modificación que se fixo no anterior mandato, prohibe calquera outra actividade vinculada a usos hoteleiros. Ese é fundamentalmente o noso obxectivo. Protexer o interese público desta regulación”

A concelleira continuou sinalando que “estamos sendo moi esixentes no cumprimento da normativa igual que o somos con calquera outra actividade vinculada o turismo” ou a outra actividade económica. “Nós, non prohibimos as vivendas de uso turístico… É un fenómeno global que ten que existir nas cidades. Pero temos a obriga, como responsables políticos dunha cidade tan importante e tan delicada como Santiago de Compostela, cunha escala tan pequena, con moita presión” turística, polo que considera “imprescindible esa regulación e ordenación”. Rosón sinalou que se queremos que o turismo sexa unha oportunidade, “estas vivendas teñen que estar reguladas e ordenadas, como xa estamos facendo”. Non estamos prohibindo, estamos ordenándoas e regularizándoas para acadar a mellor das convivencias, entre esas vivendas de uso turístico e a veciñanza”.

20220823 Audio Mercedes Rosón_ Vivendas turísticas

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago