Marta Abal defende a xestión do goberno municipal no pleno de aprobación da conta xeral de 2020

  • A concelleira de Economía sinala que en 2020 pagáronse en axudas directas a comercio, hostalería e cultura, 2.815.852,48 euros.
  • En 2020 adxudicáronse, mediante procedemento aberto, contratos por valor de 16.925.996,37 euros; un importe superior aos dos catro anos anteriores.

O Pleno do concello de Santiago, reunido en sesión extraordinaria, aprobou hoxe a conta xeral do ano 2020, cos votos a favor do Grupo Socialista e as abstencións do Grupo Popular, Compostela Aberta e BNG. Era o primeiro punto da orde do día, que defendeu a concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local. Marta Abal defendou a conta xeral e sinalou que “seguimos traballando en mellorar os datos do concello”. Lembrou, en concreto, que en 2020 pagaronse axudas directas ao comercio, á hostalería e á cultura, por valor de 2.815.852,48 euros.

A concelleira Marta Abal, durante o pleno

Desta cantidade 1.044.968,96 euros destináronse ao sector comercial; 297.602,84 ao sector cultural; e 1.473.280,68 euros a hostalería local. Unhas cifras moi por enriba das resxistradas en 2019, cando o importe pagado en axudas a comercio e cultura foi de 253.053,66 euros; e a 2018 de 190.987,64 euros. “Tivemos que atender necesidades totalmente imprevistas de no ámbito social”, a causa da pandemia, sinalou Marta Abal, quen recordou que o gasto social incrementouse tamén un 18,4% respecto do ano anterior; pasando de 6.301.064,53 euros en 2019 aos 7.460.358,67 euros en 2020.

Este incremento veu motivado, recordou, “a consecuencia dos novos gastos asumidos en relación a atención das persoas sen fogar, o reforzo que se produciu no servizo de axuda no fogar, o gasto no programa de adquisición de alimentos e produtos de hixiene básicos para persoas en situación de vulnerabilidade, o gasto relativo ao servizo de comedor a nenos e nenas beneficiarias de bolsas de comedor, o gasto relativo á subministración de tablets e datos móbiles para que os nenos de familias con menos recursos dende as súas casas puideran seguir recibindo clases online, gasto relativo á subministración de medicamentos en situación de vulnerabilidade social ou o gasto relativo a contratación de persoal para a área de servizos sociais”, subliñou Marta Abal. Tamén se incrementou, lembrou, o gasto en educación e en deportes, “sen dúbida para facer fronte ás novas medidas de prevención da COVID 19 ditadas pola a administración estatal e autonómica”.

Contratos

O pleno foi seguido vía telemática por varios concelleiros

Fronte as críticas da oposición relativas a contratación, a concelleira mostrou os datos do pasado exercicio. En 2020 adxudicáronse, mediante procedemento aberto, contratos por valor de 16.925.996,37 euros. Un importe superior aos dos catro anos anteriores. En 2019 a cifra foi de 6.017.486,6 euros; en 2018 de 12.941.334,84 euros; en 2017 de 8.764.460,13 euros e en 2015 de 9.244.707,01 euros.

PMP

Na súa intervención, Marta Abal tamén destacou os datos do PMP, o periodo medio de pago, que en 2020 foi de 24,55 días:  “o mellor dato global dende que existen rexistros, isto é o ano 2014”, sinalou. En 2019 situouse en 35,04 días, en 2018 en 36,25 días, en 2017 en 37,75 días, en 2016 en 30,07 días, en 2015 en 25,98 días e en 2014 en 68,44 días.

En canto o esforzo inversor por habitante, é o mellor, sinalou desde o ano 2016. En 2020 foi de 102,37 euros, en 2019 de 68,26, en 2018 de 99,22 e en 2016 de 63,02 euros.

Marta Abal rematou sinalando que “o concello actuou en tempo e forma fronte a necesidades imprevistas”, pero “hai que seguir mellorando e con ese obxectivo traballamos día si, día tamén”.

Mercedes Rosón, e o alcalde, Sánchez Bugallo, que presidiu o pleno

Unha vez aprobada a conta xeral en pleno, será remitira ao Consello de Contas. Esta conta está integrada pola conta da entidade matriz e as contas  do Organismo Autónomo Auditorio de Galicia, das sociedades mercantís TUSSA, INCOLSA e MercaGalicia, e as contas das Fundacións Públicas Refuxio de Animais e Eugenio Granell.

Tamén se aprobou, no pleno, un expediente de suplemento de crédito por importe de 7.000 euros para a adquisición de motocicletas para a Policía Local; e deuse luz verde, inicialmente, ao expediente de crédito extraordinario por importe de 36.196,76 euros para a reforma e legalización da instalación eléctrica do centro Xove de Creación Cultural da Almáciga. En ambos casos, o voto do Grupo Socialista foi favorable.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago