Sánchez Bugallo recórdalle á oposición que desde o ano 2010 “non se desenvolven tantas obras” na cidade

  • O alcalde defende a xestión do equipo de goberno e recoñece que os cambios da “Lei Montoro”, dificultan os procesos de contratación
  • Na rolda de prensa dos venres, tamén destacou a recuperación económica de Santiago, a cidade galega na que máis baixou o desemprego no último ano

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, defendeu a xestión do seu equipo de goberno e sinala que non son “de todo” certas as declaracións da oposición que apuntan a unha baixa execución dos orzamentos de 2020. O rexedor lembrou que desde o ano 2010, na seu anterior mandato como alcalde, “non se desenvolven tantas obras ao mesmo tempo” na cidade.

Si recoñeceu unha certa “dilatación” na execución das contas, motivada, sinalou, polos “atrasos na aprobación dos orzamentos” do pasado exercicio; e polo  “procedemento establecido no seu día polo ministro Cristóbal Montoro”. Sánchez Bugallo explicou que “os cambios lexislativos introducidos dificultan enormemente os procesos de contratación”, pero aínda así, “en Santiago todo o mundo é consciente de que nunca houbo tantas obras á vez”.

Hoxe mesmo, a Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a adxudicación de dous novos contratos de obras; por importe de 695.106,99 euros.

Trátase do contrato “Execución das obras de rehabilitación do firme na vía de Edison”, que se adxudicou a  Asfalgal Técnicas Viarias S.L., por un importe total de  88.547,99 euros, IVE incluído, ao ser a súa oferta a máis vantaxosa das presentadas.

O outro proxecto “Execución das obras do proxecto de rexeneración asfáltica en varios puntos da cidade de Santiago de Compostela”,  dividiuse en dous lotes. O primeiro, foi adxudicado á empresa Francisco Gómez y Cía, S.L, por un importe de 299.109 euros, IVE incluído. E o lote dous, a Galsur Proxectos y Obras SLU, por importe de 307.450 euros, IVE incluído.

Emprego

Na rolda de prensa, o alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo,  tamén destacou  a recuperación económica de Santiago de Compostela nesta etapa de pospandemia, con indicadores, como o de emprego, mellores que antes da crise sanitaria. En setembro había rexistradas, no municipio, 4.873 persoas desempregadas, unhas 600 persoas menos que en setembro de 2019. E en relación a hai un ano, hai aproximadamente 2.000 persoas desempregadas menos. Son, sinala, “os mellores datos desde 2009, os mellores dos últimos 12 anos”.

No último ano, Santiago foi, das sete grandes urbes galegas, a cidade, “con gran diferenza”, na que máis baixou o paro, un 23%. Na comarca compostelá esa baixada foi dun 20,6%. A media interanual galega, entre setembro de 2020 e setembro de 2021; é dun 13,3% de descenso. E a cidade que se sitúa a continuación de Santiago, nesta baixada, é A Coruña, cun 16,9% de descenso.

Se a comparación se fai entre este mes de setembro, e febreiro de 2020, o mes anterior á pandemia, Santiago sigue estando en primeiro lugar en canto a descenso do desemprego, un 12%, seguido de Pontevedra, cun 11,9%. Na comarca compostelá, este descenso foi do 11,3%. O alcalde destacou que neste momento, o número de parados en Santiago é similar ao do ano 2009. Aínda así, subliña, “queda moito camiño por percorrer para volver os niveis anteriores á crise de 2008”.

Pero, o alcalde recoñece, que non todos os sectores económicos ni en todos “os ámbitos da cidade”, a recuperación é igual. A Cidade Histórica, Ensanche e Fontiñas, con Área Central, son os que presentan mellores índices de recuperación. Entre os sectores con indicadores máis positivos “por enriba de 2019”, segundo subliñou o rexedor, está alimentación; e outros como ocio ou transporte, aínda “seguen por debaixo dos datos de hai dous anos”. Pero, resumiu, “o cómputo global é que agora mesmo Santiago está por enriba dos datos que tiña en 2019”.

Nesta recuperación, destacou, é moi importante a recuperación do turismo, que cualificou como o principal “motor económico” de Santiago. Os datos dos últimos datos son positivos. En concreto, o que levamos de outubro, setembro e agosto, cualificounos de “excelentes”. “Os datos que temos”, engadiu, están por enriba dos rexistrados en 2019, “son claramente superiores, tanto en número de peregrinos, como en ocupación, como en vendas”. Esta recuperación non leva aparellada unha masificación, como recordou, reflicte o informe Bodah de xestion de fluxos turísticos.

Sánchez Bugallo recoñece que para a recuperación do comercio e a hostalería, e para a creación de emprego é fundamental a recuperación do sector turístico. “Isto non quita”, engade, que teñamos que seguir traballando na ampliación do tecido económico da cidade”, así como noutros ámbitos.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago