Sánchez Bugallo valora de xeito satisfactorio o proxecto de orzamentos do Estado que inclúe, lembra, as cinco grandes infraestruturas “imprescindibles” para Santiago

O alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, considera satisfactorio o proxecto de orzamentos xerais do estado, xa que “responden os compromisos do Estado con Santiago”. Inclúen, lembrou, “as cinco grandes infraestruturas que todos os grupos da oposición consideraban imprescindibles” para a cidade.

A preguntas dos xornalistas, o rexedor lembrou que agora, as contas deben pasar o trámite parlamentario, coa incorporación das emendas, polo que “hai que esperar” que remate o proceso.  En todo caso, destacou que “todo o que pedimos no acordo plenario de xullo de 2019, está”. Está, sinalou,  o orbital, a autovía Santiago-Lugo, con 58 millones de euros; a EDAR da Silvouta, condotación “suficiente para comezar a obra”; a terminal do tren de alta velocidade e o orbitaliño. Todas elas, con dotacións “amplas e suficientes, a excepción do orbitaliño, cunha cantidade “máis modesta” ao estar a obra “nunha fase máis embrionaria”.

A maiores, explicou, aparecen a rehabilitación dos edificios da Casa da Parra e o edificio contíguo, na Praza da Quintana; o acondicionamento do Centro de Ciencias do Patrimonio da Cidade da Cultura; así como o aeroporto, cun investimento de 6 millóns de euros; e o Consorcio “coa dotación que ven sendo habitual”; aínda que lle gustaría vela incrementada, “tanto por parte do goberno central como da Xunta de Galicia.

Tamén aparece, no proxecto de orzamentos, a cantidade de 8,725 millóns de euros para o cuartel da Garda Civil de Santiago de Compostela. O proxecto, bianual, está na partida de “infraestruturas e equipamentos penitenciarios e de seguridade do Estado” e contempla, para este ano, 200.000 euros; 3 millóns para 2022 e 5,525 millóns de euros para 2023.

Sánchez Bugallo reiterou que “as cantidades comprometidas están todas”. Con relación á proposta estratéxica Camiño de Compostela 2021-2032”, presentada o día que se reuniu o Real Padroado, o 25 de xullo, aclarou que parte “dese camiño percorrerase con cargo ao Fondo Europeo de Reconstrución. Os proxectos que estamos presentando desde o concello de Santiago van nesa dirección”, indicou. “Hai proxectos que xa están presentados, como o de reparto de mercadorías da Cidade Histórico, ou o do aparcamento periférico do Cruceiro da Coruña. E estamos preparando, para presentar a outra convocatoria, o acondicionamento das Brañas do Sar. Hai temas que quedan garantidos e noutros nos  que temos que seguir traballando”, finalizou.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago