A concelleira Mercedes Rosón amosa o seu apoio á industria cultural que, cre, está sendo “inxustamente tratada”

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, cre que a industria da cultura está sendo “inxustamente tratada”. Así o sinalou, en resposta as preguntas dos xornalistas, durante a presentación do festival de poesía “Algúen que respira”, e coincidindo coas mobilizacións programadas hoxe polos traballadores do sector do espectáculo e os eventos en 28 cidades españolas, entre elas Santiago de Compostela.

Mercedes Rosón argumenta que “en Compostela e en Galicia estamos traballando constantemente para xerar espazos seguros”, e que ese obxectivo estase acadando,  porque de momento, non hai constancia de contaxios en eventos ou actos culturais.

Para a concelleira, os aforos tan reducidos, de 60 persoas en espazos pechados, deberían repensarse en lugares como a Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia, con capacidade para case mil persoas. “É incomprensible”, argumenta, “porque se chegamos con este aforo” ao comezo da tempada de concertos da Real Filharmonia de Galicia”, “haberá máis músicos arriba”, sobre o palco”, que espectadores.

Rosón amosou o seu respaldo  á concentración prevista para esta tarde na Praza do Obradoiro, dun sector que está “afectadísimo” en todos os ámbitos de creación e de produción cultural. “Aí temos que estar, apoiando, de forma clara e rotunda” a todo o colectivo.

A concelleira sinalou que “falando coas autoridades culturais da Xunta de Galicia, entendían que a nosa reivindicación”, en contra desa redución de aforos e horarios recollidos na instrucción do pasado 2 de setembro, “era xusta”.  Rosón explicou que desde o concello solicitóuselle ao goberno galego, que lles permitan utilizar o 40 ou 50 por cento do aforo dos equipamentos, “por suposto, cumprindo todos os protocolos que esixen as autoridades sanitarias”. “Isto non pode funcionar sempre así”, engadiu. “Entendo que os criterios que están tendo as autoridades sanitarias son territoriais e non sectoriais, porque sectores como o cultural” presenta garantías suficientes para que, dixo, en todo este tempo non se vincule con casos de COVID. Realmente, continúa,”estamos esforzándonos moitísimo, e investindo moitos cartos para garantir esa seguridade”.

Aínda con estas restricións sanitarias, a responsable de Acción Cultural recordou que se están programando moitos eventos na cidade, nos que colabora o cocello, e “que están funcionando moi ben a nivel de convocatoria” xa que se están enchendo todas as actividades.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

3 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

3 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

3 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

3 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

3 anos ago