O alcalde destaca o compromiso do goberno municipal cos cinco eixos de desenvolvemento que recolle o Acordo do Foro Cívico, nos que, sinala, houbo avances significativos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou o “compromiso total e absoluto” do Concello de Santiago cos cinco puntos que recolle o Acordo do Foro Cívico asinado na Cámara de Comercio compostelá en maio de 2019; a industrialización, a intermodal, a EDAR, a mellora das conexións e infraestruturas, e a modernización da administración local. Cinco proxectos imprescindibles, cinco eixos troncais para a cidade, sinalou, nos que “houbo avances significativos”, condicionados, engadiu o rexedor, “polas actuais circunstancias” de crise sanitaria, e pola espera a que se constituira o goberno central.

Foi no na reunión convocada polo Foro Cívico para coñecer a evolucion das decisións e a situación na que se atopan os cinco puntos que recolle o acordo. A xuntanza, vía telemática, estivo moderada por José Carballo, representante do Foro e vicepresidente da Cámara de Comercio; e á mesma asistiron varios membros do goberno compostelá, así como os portavoces dos diferentes grupos municipais.

O alcalde recordou que “levamos 15 meses de Goberno”, que estamos nun escenario “moi particular” no que compre dar resposta efectiva á crise sanitaria a nivel social e de reactivación económica.

Lembrou tamén que a aposta de Santiago en materia de industrialización e pola biotecnoloxía e polo sector da Madeira, os dous polos que cómpre impulsar. No resumo que fixo destes 15 meses de mandato, Sánchez Bugallo destacou o Acordo da Sionlla, asinado entre o Concello, a Xunta, a Asociación Área Empresarial do Tambre e a USC, que senta as bases do “Polo de Innovación en Biotecnoloxía”, que ten como obxectivo situar á cidade é á comunidade como un referente no sector.

Desde o punto de vista fiscal, o alcalde destacou a entrada de Santiago no grupo de cidades emprendedoras, a través do programa Doing Business; e a bonificación de ata o 95% no IBI, IAE e no ICIO (Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras), para as empresas que se instalen na cidade e cren emprego de calidade, cuestion na que o rexedor agradeceu o apoio de Compostela Aberta.

Sánchez Bugallo explicou que cando cando comezou o mandato, en parte do polígono da Sionlla non se podían garantir servizos como saneamento, auga e electricidade. “Houbo que buscar solucións” e o concello puxo en marcha dúas plantas de tratamento e de subministro de auga. Ademais, nestes 15 meses, sinalou concedéronse máis de 20 licenzas e está en tramitación outro “número importante, polo que en dous anos a previsión é de que se instalen 40 novas empresas.

Sobre as obras da intermodal, Sánchez Bugallo explicou que está previsto que a parte que está executando o Concello, de reubanización de Clara Campoamor, finalice o 23 de setembro. As obras da Xunta están en prazo e a parte de ADIF, a conexión entre a Rúa do Hórreo e Clara Campoamor é a que leva máis retraso. Prevese, segundo explicou o alcalde, que a finais de 2020 estea rematada está actuación, e que a principios do vindeiro ano se poña todo en funcionamiento.

No eixo relacionado coa mellora das conexións e as infraestruturas, destacou os avances na construción da A-54. En relación ao Orbital, afirmou que está previsto que as obras comecen a principio de novembro, despois da resolución da concesión a finais de agosto. En canto ao Orbitaliño está en fase de exposición ao público. Explicou que se presentaron varias alegacións, e esta semana hai unha reunión para “buscar puntos en común” que poidan garantir unha mellor conectividade, funcionalidade e operatividade da infraestutura.

Tamén se referiu á EDAR da Silvouta. O alcalde adiantou que está previsto que próximo 30 de setembro se seleccione o proxecto definitivo entre as catro propostas que pasaron a fase de preselección. Despois haberá que redatar o proxecto de execución e tramitar a autorización medioambiental, que espera sexa simplificada para poder iniciar a obra o próximo ano.

No encontro, o alcalde de Santiago sinalou que, o proceso emprendido polo goberno local de busca de financiación para a EDAR da Silvouta, vai por bo camiño. Adiantou que foi seleccionada polo goberno central como un dos proxectos que aspiran a recibir subvencións a través da primeira fase do Fondo Europeo de Financiación, o que suporía ter cuberto ata o 65% do investimento. 

En canto á modernización da administración local, Sánchez Bugallo adiantou que o 21 de outubro está prevista a entrada en funcionamento de todos os procedementos dixitais.

O alcalde rematou agradecendo aos grupos políticos que conforman a corporación municipal o seu apoio para sacar adiante e avanzar nestes cinco temas que recolle o acordo do Foro Cívico. A continuación interviron os portavoces do resto de grupos municipais; e José Carballo, en representación do Foro Cívico, fixo unha síntese dos asuntos expostos polos intervenientes.

O Foro Cívico de Santiago de Compostela, é unha plataforma de traballo que reúne a institucións, asociacións e colexios profesionais da capital galega como son a Universidade, a Cámara de Comercio de Santiago, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago e Comarca, a Fundación Santiago Centro, a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, o Rotary Club, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, a Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, a Asociación de Antigos Alumnos da Universidade, a Asociación de Xornalistas de Santiago, Compostela Solidaria, a Asociación Vicus Francorum, o Colexio Maior A Estila, o Colexio de Avogados, o Colexio de Economistas, o Colexio de Arquitectos, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais e o Colexio de Procuradores.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago