Sánchez Bugallo pide colaboración á cidadanía e que priorice a seguridade para evitar un aumento de positivos por COVID-19

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pide á poboación, colaboración, serenidade e prudencia ante os brotes de COVID-19 que están xurdindo. “Isto non rematou,”,e engade. Cada día os datos son diferentes, pero esa información das autoridades santitarias reflicte que Compostela presenta “unha certa estabilidade no número total de casos” unha proporción que cuantitavivamente “non é especialmente alarmante” pero que non debe convidar á relaxación dada a “sensibilidade” da cidade as “características especiais” da mobilidade que presenta.

O rexedor demanda á poboación que priorice a seguridade “sobre calquera outro concepto”, que faga un “esforzo de contención”, porque se se descontrolan as cifras “teremos que pasar a un escenario máis restrictivo e iso sería moito máis negativo”. Recorda que a semana vindeira comeza o curso en secundaria e en Formación Profesional, modalidade na que a mobilidade é alta, xa que “unha porcentaxe de alumnos moi alta vén de fóra”.

O alcalde, durante a reunión mantida cos directores e directoras dos centros escolares de Santiago

COMEDORES

Sánchez Bugallo confía en que “na primeira de semana de outubro quede normalizada a situación” nos nove comedores escolares xestionados polo concello, que “están a funcionar desde o minuto uno”, do mesmo xeito, subliiña, que o servizo de madrugadores. Nesas datas,engade, xa se poderán saber “as normas de aplicación e ter configurada a demanda concreta e exacta” de usuarios. “Trataremos de atender todas as solicitudes”, priorizando, sinalou, ás familias con “carencias de recursos” e a aquelas que teñan “dificultades derivadas da conciliación laboral”.

O rexedor, confirmou que se está “facendo un enorme esfozo de integración da demanda” que existe de usuarios. Destacou que neste momento se están servido arredor de 500 comidas diarias, a pesares da “incerteza” de moitos pais son reacios a tomar a decisión de levar aos seus fillos ao comedor. Sánchez Bugallo cre que o número de comensais aumentará, e recoñece que é unha situación dificil, xa que hai que cumplir as restriccións de aforamento impostas pola Xunta.
O alcalde avanzou que “previsiblemente” este fin de semana o goberno publicará un novo protocolo para os comedores. “Son normas que van cambiando e temos que adaptarnos permanentemente” o que xenera inseguridade e dificulta a atención de “casuísticas particulares”. Con todo, engade, “estamos atendendo a demanda global” e os casos particulares estanse estudiando individualmente.

O rexedor recoñeceu o labor e o “esforzo inxente” que están facendo tanto a dirección dos centros escolares, como o profesorado, “nunhas condicións tan extrañas, tan diferentes e tan cambiantes”, para conseguir manter a normalidade nos centros escolares. Sanchez Bugallo sinalou que na reunión mantida a primeira hora cos directores e directoras dos CEIPs estiveron repasando a actual situación, e sinalou “vemos que nos servizos que dependen do concello, en xeral hai unha satisfaccion ampla tanto pola atención como polo funcionamento dalgúns servizos, como o de limpeza”.

En resposta ao BNG, sinalou que “son especialistas en predicar e non dar trigo”, e recordou que en Santiago os comedores escolares funcionan desde o minuto un, e en Pontevedra, aínda “están pechados”.

PRAZA DE ABASTOS
Sobre as vendedoras da Praza de Abastos, explicou que a limitación de aforo establécea a normativa da Xunta,”que é cambiante”, e fai que o escenario mude continuamente. Unha lexislacion que obriga a reducir os aforos ao 50%. Desde o concello sinala, intentamos que “estas limitacións ocasionen os menores danos posibles, pero o primeiro que temos que facer é cumprir a normativa”, e o segundo, buscar ás fórmulas para dentro desa norma, “poidamos ofrecerlle solucións”.

No caso da Praza de Abastos, recorda que o concello é a administraición “tutelar”, pero “a xestión está encomendada a través dun concurso público a unha entidade constituida polos propios praceiros”.

FESTAS EN PISOS

O alcalde confirmou que a policía local ten formulado, desde o mes de xullo, un total de 115 denuncias por festas realizadas en pisos de Santiago de Compostela. Unha cifra que multiplica por dez as rexistradas hai un ano, e evidencia, sinala, un “maior control” sobre estes episodios por parte dos axentes. Este incremento atribúeo a que existe “un desprazamento” do lecer nocturno “da vía pública cara os pisos”.

Despois de destacar a “concienciación” da Policía Local co control destas festas, Sánchez Bugallo apelou á responsabilidade persoal, especialmente nun momento do ano no que se prevé un incremento das mesmas polo comezo do curso universitario e polo peche de bares, e pubs á unha da madrugada.

Tamén confirmou o rexedor que reforzou o servizo de vixilancia policial nas zonas de Belvís e San Pedro, pero non está en mans do concello actuar sobre as ocupacións de vivendas. “O desaloxo de vivendas ocupadas só o pode emprender o propietario e só o pode ordenar o xuíz”, explicou Sánchez Bugallo, quen aclarou que “non hai ningún tipo de tolerancia cara ás ocupacións” por parte do concello.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago