Subscríbete ao noso boletín
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, expuxeron, ante a “Comisión mixta para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro”, as tres alternativas de modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12 (antigo colexio Manuel Peleteiro). Tres propostas, que xuntao a outra que están últimando os técnicos municipais, son as que se “que se van levar para a Declaración Ambiental Estratéxica, ao pleno do videiro día 29” de xuño. Este é o primeiro documento para poder iniciar o procedemento de modificación do planeamento.
Previamente, Sánchez Bugallo e Mercedes Rosón explicaron estas propostas aos medios. O proxecto Peleteiro, “fundamental”, segundo o alcalde, para a zona do Ensanche e para o conxunto de Santiago, “é unha das grandes actuacións”, xunto á Intermodal, “pendentes ou en marcha”, que cambiarán, dun “xeito cualitativo” a posición do Ensanche en Compostela, consolidándoo como centro da cidade xunto ao casco histórico. “Consolidar esa peza é moi importante”, engadiu, “é compre facelo o mellor posible”, con solucións válidas de cara o futuro, “pensando nunha perspectiva de 50 ou 75 anos”.
As propostas que se van levar ao pleno de xullo son:
Sánchez Bugallo sinalou que para a que a proposta de CA salia adiante, faltan seis votos, e para que saia a proposta defendida polos técnicos e polo goberno municipal, faltan tres. O alcalde apelou á responsabilidade do PP, para que se defina a favor dunha “posición realista e razonable”. Neste momento, o grupo popular, aposta por mercar o edificio, algo que para o rexedor é inviable: “nin está no orzamento municipal, nin tempos posibilidades económicas, nin temos capacidade para facelo”.
O alcalde espera seguir avanzando, dada a importancia do proxecto Peleteiro para a cidade; que a declaración ambiental estratéxica “se aprobe no pleno” e que de xeito paralelo, se busque unha solución de consenso para este espazo. Tería que ser unha opción, indicou, viable, que conte co visto bó da propiedade. En todo caso, sinalou desde o goberno municipal “aceptaremos a decisión plenaria”.
A “Comisión mixta para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro” está formada por representantes dos catro grupos municipais e das asociacións veciñais e de comerciantes Raigame, Proxecto Em-Rede, Agadea, Punto Compostela e Santiago Centro.
Recibe no teu mail cada semana un resumo das novidades no PSdeG Santiago de Compostela