Sindo Guinarte designado representante do PSdeG no Consello de Turismo de Galicia da FEGAMP

O portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Sindo Guinarte acaba de ser designado representante do Partido Socialista no “Consello de Turismo de Galicia” da Federación Galega de Municipios e Provincias, a proposta da propia FEGAMP. Na actualidade, Guinarte é concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais, Turismo, e delegado do Ano Santo 2021. Tamén é secretario da Xunta de Goberno Local e segundo Tenente de Alcalde no consistorio compostelá.

Sindo Guinarte, nacido en Forcarei (Pontevedra), trasladouse de neno a Compostela, cidade na que estudou, ata doutorarse en Dereito. Profesor e decano da Facultade de Dereito da USC (2015-2020), compatibilizou a súa traxectoria universitaria con diversos cargos políticos e institucionais, dentro e fóra da Universidade, entre os que figuran: director do Instituto de Criminoloxía, secretario xeral da USC, vicevaledor do Pobo e secretario xeral da Presidencia da Xunta no Goberno de Emilio Pérez Touriño.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago