Sánchez Bugallo aposta pola aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para poder contar cos 30 millóns de euros destinados á estación do AVE de Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, pide que se aprobe, no Congreso dos Deputados, o proxecto de orzamentos xerais do Estado para 2021 e que non “se desaproveite” a oportunidade de contar con eses 30 millóns de euros de dotación plurianual (ata 2023), que contemplan os presupostos do goberno central para a estación do AVE en Santiago. Unha vez aprobados, o rexedor aposta por asinar unha addenda para deixar sen efecto, “esa cláusula” dos tres millóns de viaxeiros incluída no convenio de 2016.

O alcalde lembrou o convenio asinado en 2016 entre o concello de Santiago, a Xunta de Galicia, ADIF e o daquela Ministerio de Fomento, no que se se incluía a cláusula de que non se faría a nova estación do AVE ata que non se acadaron os tres millóns de viaxeiros. Pero continuou, seguiuse traballando e “no 2019 e 2020 conseguimos que se sacase a licitación a redacción do proxecto técnico da estación”, que xa está elaborado “e conta coa conformidade de ADIF.

Agora dase un paso decisivo, segundo o alcalde, ao incluir, no proxecto de orzamentos do Estado 2021, a finaciación da construción da estación do AVE. Indica o rexedor, que por primeira vez aparece o financiamento” para a construción da terminal ferroviaria, unha vez que a pasarela está nunha fase moi avanzada, igual que a estación de autobuses, e xa se abriu á circulación a rúa de Clara Campoamor despois da reurbanización realizada polo concello. Sánchez Bugallo lembrou que entre o Concello, a Xunta e Adif, van investidos “algo máis de 40 millóns de euros” e o que “queda pendente” é “a propia estación do tren”. Na súa opinión, foi un disparate paralizar a construción da estación porque a de hoxe non reúne condicións e hai un desequilibrio inmenso co resto de infraestruturas”.

Sánchez Bugallo valorou “o salto cualitativo” que supón que por “primeira vez” nos Orzamentos Xerais do Estado apareza “dotación para construír a estación da AVE”. “Queremos que esta oportunidade non se desaproveite”,engadiu. Para o rexedor, estase ante un paso “imprescindible e decisivo, e expresivo da vontade do ministerio e de Adif de concluír esa actuación, completándoa coa construción da nova estación”. Unha estación, engadiu, “digna” para unha cidade como Santiago.

En resposta a preguntas dos xornalistas, o alcalde tamén ser referiu ás obras da Rúa de Concheiros que asumiu o Concello de Santiago, que cualificou como moi necesarias. Sobre o prazo de execución, espera que estean finalizadas “antes do 21 de setembro”.

EVOLUCION COVID-19

Respecto aos datos de contaxios, sinalou que os rexistrados a fin de semana pasada “son alentadores”, ao rexitrar unha estabilización o sábado e lixeira diminución o domingo no número de casos activos, que se situan en 450 contaxios por cen mil habitantes. Un índice, sinala Sánchez Bugallo, que segue a ser “alto”.

O alcalde “confía” en que o conxunto de medidas “ e  “sacrificios impostos pola administración pública, que están a requirir esforzos” empecen “a valer a pena”. Segundo explicou, desde o 6 de outubro son os primeiros números “alentadores”, xa que en semanas anteriores ese índice de contaxios estaba a subir, cada semana, sobre un 30 ou 40 por cento.

Aínda así, o rexedor lamenta que siga habendo festas en pisos. A pesar de que descendeu o número, a semana pasada rexistráronse nove, das que “se tramitarán as sancións correspondentes”. Sin embargo, indica que o “99 por cento da poboación” compostelá está a cumprir as normas, xa que, explica, de momento só se rexistrou unha denuncia por incumplir o toque de queda.

Sánchez Bugallo evitou pronunciarse sobre as futuras medidas que adoptará o Comité Clínico que se reúne maña. Si insistiu en que cómpre “acatar e facer cumprir”o que se decida na xuntanza. Engade que se dan por  “ben empregados os sacrificios a condición de que isto reverta nunha mellora das condicións, da nosa saúde, e que permita recuperar certo nivel de normalidade ao longo deste mes”. Pero recoñece, unha vez máis, que eses sacrificos teñen unha repercusión negativa en sectores como a hostalería, o comercio e a cultura.

En resposta a preguntas dos xornalistas, Sánchez Bugallo aplaude as medidas adoptadas en Alemaña, que responden, di “a un acordo entre o goberno federal e os Länder”; e observa, con evenxa, como esa capacidade de acordo non se dá no noso país. “Sigo avergonzándome” da tendencia que existe en España de que cada un faga “da súa capa un sayo”, o que, indica, “non mellora a saúde dos españois.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

3 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

3 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

3 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

3 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

3 anos ago