Categories: ActualidadPortadapsoe

Sánchez Bugallo no debate de Agalin sobre vivenda: “Santiago é a cidade máis activa en materia de construción e, coa recuperación de Emuvissa, crearemos novos polígonos de vivenda”

  • A Pulleira, Amio e San Lázaro son lugares con “maiores posibilidades de crecemento” segundo explicou o alcalde
  • Sánchez Bugallo participou esta mañá nun debate sobre vivenda e urbanismo organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias.

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2023. Baixo a idea de “crecer cara o norte”, Sánchez Bugallo explicou no debate organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias a súa folla de ruta en materia de vivenda que pasa por “crear novos polígonos, coa recuperación da empresa pública de vivenda e solo”. As zonas que segundo o alcalde teñen “maiores posibilidades de crecemento” agora mesmo son A Pulleira, Amio e San Lázaro.

“Santiago é a cidade máis activa en materia de construción, tamén en vivenda protexida, xustamente do que queda nos polígonos promovidos no seu día por Emuvissa” explicou o alcalde que insistiu na necesidade de recuperar esta ferramenta para programar, planificar e expropiar ou concertar solo, e urbanizar os terreos porque “o gran problema que temos en Santiago é que nos polígonos hai centos de propietarios cos que é moi difícil acadar un acordo”.

Neste sentido o impulso dun novo planeamento será unha das primeiras accións a impulsar coa recuperación de Emuvissa xa que, desde a súa disolución como “primeira decisión política” do Partido Popular en 2011, non se empezou a construír “nin un só polígono novo”.

A modificación do PXOM para recuperar vivenda de alugueiro convencional

Durante o debate sobre vivenda e urbanismo, o alcalde amosouse especialmente crítico porque na modificación do Plan Xeral que permitiu regular a proliferación de pisos turísticos “non puidésemos atopar ao BNG nin ao Partido Popular”: “foi unha mágoa” asegurou Bugallo.

“Sacar adiante a modificación permitiu un incremento de vivendas no mercado e unha regulación dos prezos” que é visible xa nos datos que manexa a propia Asociación Galega de Inmobiliarias. Ademais, Sánchez Bugallo destacou que, coa condición que establece a modificación do plan que permite, durante dous meses, que a vivenda se poida destinar ao alugueiro turístico, potenciarase unha mellora dos inmobles: “para poder ser competitivos durante eses dous meses os propietarios, por exemplo, de pisos para estudantes, terán que mellorar as súas condicións físicas”.

Fronte a isto, o alcalde amosouse crítico coa política de vivenda da Xunta de Galicia, que ten competencias exclusivas na materia que “non só non regulou as VUT, inscribindo irregularmente no seu rexistro inmobles” senón que “tampouco regulou o que é unha vivenda baleira para que desde os concellos puidésemos intervir”.

Impulso á rehabilitación no casco histórico

Sánchez Bugallo xa confirmou que o 50% do recadado a través da taxa turística se vai a destinar a axudas á rehabilitación e conservación de vivenda no casco histórico. “Queremos unha améndoa residencial e familiar” explicou o alcalde que insistiu en que os seus plans pasan por axudas de ata 80.000 euros á rehabilitación de vivendas e ata 50.000 para novos comercios que den servizo á cidade vella.

“Impulsaremos unha intervención pública moi potente en políticas de rehabilitación para reforzar o papel residencial do casco histórico, porque senón o mercado nos leva nunha dirección completamente distinta” recalcou Sánchez Bugallo, que aposta ademais por crear tres zonas de vivenda de alugueiro para estudantes “na parcela de Xoán XXIII, noutra da USC na Avenida de Castelao e promovendo tamén dúas parcelas municipais en Volta do Castro”

O alcalde insistiu que esta política de rehabilitación do centro terá que vir acompañada de actuacións para “coser e articular” a cidade, “compactando o centro urbano” e “reordenando a mobilidade”.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago