Homenaxe a Fernández del Riego desde o renovado paisaxe no Campiño da Ferradura

  • Fernández del Riego foi “un autor intelectual e un gran factótum da cultura galega” segundo o alcalde.
  • O acto presidiuno unha imaxe do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas xunto á súa muller Evelina desde o mesmo lugar.

Santiago de Compostela, 17 de maio de 2023. “Un factótum da cultura galega” honrado nun “sitio que era querido por el”. Sánchez Bugallo xunto a outros membros do equipo de goberno e da candidatura presidiu un acto de homenaxe a Paco Fernández del Riego, homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.

Cunha imaxe del xunto a súa muller Evelina, precisamente sacada desde o Campiño da Ferradura, o alcalde e a concelleira de Acción Cultural destacaron a herdanza cultural que deixa tras de si o autor: “francisco foi un dos impulsores do 17 de maio como día das letras galegas, un dos activistas incuestionables desta cidade e de toda Galicia” recalcou Mercedes Rosón.

“Na súa primeira etapa de vida en Santiago estivo vencellado á USC, despois ao Seminario de Estudos Galegos e, máis adiante, á editorial Galaxia. “Homenaxealo aquí, fronte á paisaxe que puidemos recuperar precisamente grazas a esta imaxe, e ao carón da escultura de Isaac Díaz Pardo, con quen tivo unha gran amizade, é poñer en valor o seu legado e a súa aportación a nosa cidade” asegurou o alcalde.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago