Sánchez Bugallo na lectura do manifesto do 25N: “A violencia contra as mulleres supón o maior obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade xusta e igualitaria”

Minuto de silencio

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, leu hoxe unha parte do manifesto do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, consensuado entre todos os grupos da Corporación Municipal. “A violencia contra as mulleres supón a manifestación máis extrema da desigualdade que existe entre homes e mulleres, o maior obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade xusta e igualitaria”, sinalou. Antes, todos os concelleiros e concelleiras presentes, gardaron un minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia machista.

O alcalde durante a lectura do manifesto

“Todos os grupos aquí presentes compartimos a dor e o sufrimento de tantas e tantas mulleres que sofren violencia, así como dos seus fillos e fillas e da súa familia. A tristura e indignación que sentimos esténdese a toda a sociedade, porque a violencia machista é hoxe a gran ferida da sociedade do século XXI, que só se pode curar con máis igualdade”, leu.

A continuación, o rexedor lembrou que “no que levamos de ano, 38 mulleres foron asasinadas no Estado Español a mans das súas parellas ou ex-parellas”, e outras 19 se se contan os denominados feminicidios sociais, é dicir, aquelas mulleres vítimas de crimes machistas fora do ámbito das súas parellas ou ex parellas. En total 57 mulleres víctimas de violencia de xénero, só este ano, e 1.171 desde o 1 de xaneiro de 2003, cando comezou a contabilización oficial.

Mercedes Rosón, durante a lectura do manifesto

O texto do manifesto sinala que  “é tempo de que a sociedade tome conciencia e interiorice que, como dixo a Organización das Nacións Unidas, a violencia contra as mulleres é unha vulneración dos dereitos humanos que alcanza proporcións pandémicas. Por iso, todos os grupos políticos aquí presentes unimos hoxe as nosas voces, como xa fixemos noutras ocasións, para  manifestar a nosa repulsa cara todas as formas de violencia recollidas no Convenio de Istambul e sumámonos a todas as voces que claman por un futuro en igualdade e libre de violencias”.

Foto de grupo, co persoal do CIM (Centro de Información á Muller) unha vez rematado o acto

Foi a concelleira de Políticas de Igualdade, a que rematou de ler o texto, despois de que o fixeran os representantes dos demais grupos da Corporación Municipal. Mercedes Rosón finalizou sinalando que “aínda que pareza obvio é o noso deber lembrar que as mulleres non desexamos ser vítimas, non desexamos ser valentes… Queremos ser, simplemente, libres”.

Esta tarde, tanto o alcalde Sánchez Bugallo, como os distintos membros do seu equipo de Goberno estarán presentes na marcha do 25 de novembro contra as violencias machistas, que partirá ás 20:00 h da Praza 8 de marzo de Santiago, para recorrer o centro da cidade e finalizar na Praza da Quintana.

Manifesto institucional con motivo do 25 de novembro

Audio “Manifesto institucional con motivo do 25 de novembro

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago