O Goberno Local afronta a recta final do mandato cunha remodelación máis “operativa e eficaz” para impulsar as obras na cidade

O concelleiro  Gonzalo Muíños asume as competencias en Relacións Veciñais, Barrios e Obras, ao tempo que mantén Mobilidade e Seguridade Cidadá, con excepción do Servizo municipal de Extinción de Incendios e de Protección Civil, que pasan a Sindo Guinarte. O actual concelleiro de Turismo asume tamén a delegación de Festas.

Sánchez Bugallo goberno reforzado

Os cambios lévanse a cabo despois de que Javier Fernández renunciara as súas responsabilidades de goberno, escudándose no paso das competencias de Centros Socioculturais a Mercedes Rosón. Un cambio “necesario” tal e como explicou esta mañá o alcalde logo dun período difícil, primeiro coa pandemia e despois cun conflito cos traballadores a raíz das novas licitacións do servizo. Sánchez Bugallo detallou que, “unha vez rematada esa etapa, cos contratos xa firmados, había que facer un esforzo para recuperar o bo clima”.

Ademais, os prazos dos fondos europeos así como a posibilidade de que no 2024 non se prolongue a suspensión das regras fiscais, esixe “un gran esforzo en materia de obras” para mellorar o nivel de execución orzamentaria, e por iso, pretendíase dar un pulo ao departamento que agora se materializará nunha maior eficiencia ao unificar estas competencias coas de mobilidade.

O alcalde explicou que o cambio que se realizou fíxose procurando a menor afectación no normal funcionamento das outras áreas de goberno, realizando os cambios imprescindibles.

“Eu e todo o meu equipo temos un compromiso con toda a veciñanza de Santiago e ata o último segundo o imos a cumprir, o que nos levará a facer un maior esforzo individual e colectivo” afirmou un convencido Sánchez Bugallo que asegura contar cun grupo “máis cohesionado e compacto que nunca”.

A dimisión foi “sorprendente e decepcionante para todos os que éramos os seus compañeiros de grupo”

Sánchez Bugallo asegura que Javier Fernández non é leal coa cidadanía

O voceiro do Grupo Municipal Socialista e segundo tenente de alcalde amosouse tamén sorprendido da dimisión de Fernández. Sindo Guinarte explicou que ante a decisión, tomada desde xullo e anunciada en setembro a todo o goberno, o concelleiro “solicitou que a decisión se retrasara uns meses”  para desvinculala de determinadas circunstancias, algo que se lle concedeu, comprometéndose así a asumir a súa responsabilidade.

O alcalde insistiu en que se trata dunha falta de lealdade “co grupo do que forma parte, coa candidatura na que foi elixido e cos propios veciños”.  Sánchez Bugallo insistiu en que o abandono das súas responsabilidades de goberno, ademais impedindo que poida entrar outra persoa que estea disposta a asumilas, “é imposible explicar e, a escusa de que o fai en favor da cidadanía, é pouco crible porque para a veciñanza el estaría en moitas mellores condicións de atendelos como concelleiro de Relacións Veciñais, de Barrios e de Obras”.

E é que, como concelleiro non adscrito o seu voto individual pasa a quedar sen relevancia á hora de configurar maiorías, posto que non altera a relación de forzas na corporación.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago