O Grupo de Goberno nunca denegou información a Compostela Aberta

O goberno do Concello de Santiago de Compostela nunca denegou solicitude algunha de información ao Grupo Municipal de Compostela Aberta. Recordan que o prazo de resposta non depende da centralización das solicitudes que se presentan en Alcaldía; se non da  laboriosidade, complexidade e do nivel de traballo da información solicitada.

Aclaran que as solicitudes chegan desde o Rexistro Xeral á Alcaldía, desde onde se remiten aos departamentos correspondentes. Ás veces sinalan, a resposta non resulta tan áxil como ao executivo municipal lle gustaría; porque non se pode obstaculizar o normal funcionamento dos distintos departamentos; xa que moitas destas solicitudes requiren varias respostas, moitas delas complexas.

Un exemplo é a solicitude de acceso aos estudos en materia turística contratados polo goberno local, no que CA solicita informes e copias de estudos sobre vivendas de uso turístico, patróns de comportamento dos usuarios deses pisos, definición do modelo de gobernanza e xestión do turismo en Santiago, cuestións relacionadas co impulso da Axenda 2030 e outras relacionadas co Plan Director do Ano Santo ou o posicionamento de Santiago nos mercados turísticos. Todo, nunha única solicitude.

Desde o grupo de goberno recórdanlle a Compostela Aberta que non se pode ”facer unha interpetación interesada do regulamento” porque non é correcto que o executivo municipal estea obrigado a contestar a unha petición de información en cinco días. Este sería o tempo do que se dispón para denegala de forma expresa; e se non por silencio administrativo teñen outorgado o dereito a esa información. E o prazo de resposta dependerá, en gran medida, da complexidade e extensión da solicitude presentada.

Así consta no artigo 18 do “Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello de Santiago de Compostela”. No seu punto 2, sinala expresamente que “as solicitude de acceso entenderanse admitida por silencio administrativo en caso de que non se dite e notifique resolución expresa denegatoria no prazo de 5 días naturais contados desde o seguinte ao da data da súa presentación no Rexistro do Pleno”.

Tamén recordan, desde o goberno local, que nin o regulamento, nin o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, do Regulamento de Organización e Funcionamento de Réxime Xurídico das Entidades Locais, no artigo 14, indica un prazo determinado ou concreto para a entrega ou acceso da información solicitada.

Este artigo 14 sinala:

  1. Todos os membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Presidente ou da Comisión de Goberno cantos antecedentes, datos ou informacións obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función.
  2. A petición de acceso ás informacións entenderase concedida por silencio administrativo no caso de que o Presidente ou a Comisión de Goberno non diten resolución ou acordo denegatorio no termo de cinco días, a contar desde a data de solicitude.
  3. En todo caso, a denegación do acceso á documentación informativa haberá de facerse a través de resolución ou acordo motivado.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

3 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

3 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

3 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

3 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

3 anos ago