O alcalde amosa o seu desexo de que o Estatuto de Galicia, “se pode ser ampliado e mellorado”, continúe vixente moitos anos

Asistentes ao acto, entre os que se atopaba o parlamentario socialista Pablo Arangüena.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu hoxe á inauguración, no Museo do Pobo Galego, da exposición Unha Galicia mellor: 40 anos do Estatuto de Autonomía, 1981-2021. Durante a súa intervención, o rexedor amosou o seu desexo de que o documento normativo, “se pode ser ampliado e mellorado”, continúe vixente moitos anos “e siga rendendo tan bos froitos para o conxunto de Galicia e o conxunto do Estado”.

O alcalde de Santiago, xunto ao resto de autoridades e a membros da comisión dos dezaseis, antes de acceder á exposición.

O alcalde destacou o “que puido ser o primeiro antecedentes directo, o Estatuto que emanou da Asemblea de alcaldes galegas reunidos na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela nos anos 30”. E tamén resaltou o labor do “grupo dos dezaseis”, que redatou o texto que serviu de base para o Estatuo; e “os Pactos do Hostal”, co que se presentou “ante o conxunto de España, unha proposta de Estatuto consensuada por todos os galegos”, na que se recoñecía a Galicia como unha comunidade histórica.  Para o rexedor “e importante reflexionar “sobre onde estabamos” hai catro décadas, e “onde estamos agora”. Uns datos “impresionantes”, que debuxan “dúas Galicias distintas que comparten o mesmo nome e a

mesma historia”, indicou Sánchez Bugallo.

Visita á exposición.

Sánchez Bugallo agradeceu o labor de “todos aqueles que fixeron posibles aqueles acordos, “persoas que estaban no Partido Comunista, en Alianza Popular, no Partido Socialista, no POG, como Camilo Nogueira, na UCD, en diferentes formacións políticas. Cada un coa súa propia  ideoloxía foi capaz de por o interese de Galicia, o interese xeral por enriba por enriba das súas lexítimas aspiracións políticas e personais”, sinalou.

Tamén interviron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, quen reivindicou o legado e traxectoria “de moitos persoeiros, cun especial recordo para Don Antonio Rosón, o primeiro presidente da Xunta preautonómica e o primeiro presidente do Parlamento de Galicia”; Víctor Vázquez Portomeñe, integrante do grupo de traballo do Estatuto; e Ruben Ventureira Novo, comisario da exposición.

Antes das intervencións, nas que estaban presentes varios membros da “Comisión dos dezaseis”, as distintas autoridades visitaron a exposición, na que se poden ver documentos, carteis, e paneis explicativos da evolución da nosa comunidade nestes corenta anos de vixencia do Estatuto. Un Estatuto no que o Compostela tivo un papel especial. O documento sobre o que se procedeu a declarar constituida formalmente a Asemblea de Paralmentarios de Galicia, “coa tarefa primordial de recabar, na defensa dos intereses e arelas do pobo, o Estauto de Autonomía”, levaba o selo do Concello de Santiago.

Recent Posts

O alcalde anuncia que esta semana comeza a negociación orzamentaria

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que co comezo do ano, "empezaremos coa…

4 anos ago

O rexedor pedirá unha rolda de entrevistas cos ministros do novo goberno de Pedro Sánchez para tratar os asuntos pendentes con Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, avanzou que, en canto xuren o cargo, pedirá…

4 anos ago

Sánchez Bugallo amosa o interese en chegar a acordos o máis amplos posibles cos demais grupos para sacar adiante os orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sinala a PP e Compostela Aberta, como as…

4 anos ago

O goberno local presenta a próxima semana a primeira parte das actuacións vinculadas ao Ano Santo

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, adiantou que o goberno municipal convocou o luns…

4 anos ago

O alcalde sinala que non caso das estatuas do Mestre Mateo se produciu unha apropiación indebida por parte da familia Franco

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago presentará un recurso de casación ante o…

4 anos ago